Renden homenaxe ás mártires de Sobredo no 101 aniversario do masacre
Os sucesos de Sobredo convertéronse nun símbolo da dignidade labrega na Galiza
Os sucesos de Sobredo convertéronse nun símbolo da dignidade labrega na Galiza
28 de novembro de 1922 eran asasinados en Sobredo (Tui) dous labregos e unha labrega no marco das protestas campesiñas contra o sistema foral e o réxime da I Restauración. 100 anos despois, o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo rende homenaxe ás vítimas daquel masacre executado pola Garda Civil e lembra un capítulo decisivo da rebeldía galega nas décadas iniciais do século XX.
Hai 112 anos, falamos de 26 de novembro de 1910, finaba en Noia, a consecuencia das feridas provocadas polas balas da Garda Civil, Consuelo Queiro Gómez, unha moza de 16 anos que dous días antes participara nunhas protestas contra o imposto de consumos.
18 de xullo de 1870 as forzas da orde deron por derrotada a revolta da Estrada. Após 13 días de loita, efectivos da Garda Civil e do Exército reducían ao último núcleo rebelde resistente na parroquia de Berres. A loita do republicanismo federal con ligazóns internacionalistas continuaba.
A comarca de Valdeorras viviu nunha insubmisión permanente contra o Estado nos anos finais do século XIX e nos iniciais do XX. O deterioro das condicións materiais de existencia, a lesiva política fiscal do Estado e o recurso á Garda Civil e ao exército para responder ás demandas da poboación criaron as condicións para unha situación social explosiva.
O 23 de agosto de 1892 a veciñanza de Cervo revólvese contra a concesión da xestión do cobro do imposto de consumos que implicaba unha suba significativa na contía do mesmo. O conflito, que rematará coa morte dalgún veciño e varios feridos, enmárcase na vaga de protestas no conxunto das comarcas galegas ao longo dese ano, nun contexto de fonda crise económica, debilidade do réxime e de grande axitación dos cadros socialistas e republicanos.
O 22 de xullo de 1892 leiteiras e regateiras do mercado de Pontevedra revólvense contra unha nova alza do imposto de consumos, negándose ao pago dos mesmos e impedindo o aceso a cidade. O conflito, que rematará coa morte dun home setenta anos e con varios feridos, enmárcase na vaga de protestos que percorre as comarcas galegas ao longo dese ano. A acción dos activistas republicanos e socialistas, nunha situación social e economicamente explosiva, será fundamental.
Fai parte do malfadado da historia rebelde da Galiza e por iso non existe. Perdeuse canda as súas irmáns de Quiroga, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Ribas de Sil ou A Estrada e con ela a memoria da Galiza viva e insubmisa do sexenio. Traemos ao presente os doce mártires de Baíñas.
A chispa que prendeu o lume en Sarria foi o cobro do imposto persoal, porén as razóns do descontento e da revolta son máis de fondo. O catorce de novembro de 1870 soldados dunha compañía do rexemento de Murcia e números da Garda Civil desprazados a Sarria, respondendo a unha petición do alcalde da localidade, abren fogo contra a veciñanza de Betote, deixando unha persoa morte, dúas feridas graves que morrerían aos poucos días e arredor de sesenta con feridas leves.
As grandes loitas agrarias do ano 1977 (Encrobas, Baldaio, Xove…) eclipsaron unha revolta heroica dos veciños afectados polo encoro de Vilagudín (parroquia de Lesta, concello de Ordes). Esta presa anegou un val fronteirizo emprazado entre os concellos de Ordes, Tordoia e Cerceda, no centro da provincia da Coruña. Escribe sobre estes feitos o historiador Manuel Pazos Gómez.
A Comisión Revolta Popular de Marzo de 1918 congrega numeroso público que se achegou a Sedes, Narón, para recuperar a memoria dos feitos que aconteceron hai agora cen anos. Lidia Romero, presidenta da comisión, destaca o carácter participativo dos actos que están a ter lugar.
Cando menos 15 menores resultaron feridos de acordo cos dados fornecidos polo goberno grego. A falta de información e as deportacións, no cerne do conflito.