restauración

De esquerda a dereita, actos onte na Coruña, Arzúa, Compostela, Lugo, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vigo. (Fotos: Nós Diario)
VÍDEO

Cantar a nación: a cultura de base celebra os 116 anos da estrea solemne do Himno galego

A Coruña, Arzúa, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acolleron esta cuarta feira actos de conmemoración do 116 aniversario da estrea solemne do Himno galego na Habana, promovidos por Vía Galega e a Federación Galiza Cultura, nos que se 'Cantou á nación' co texto fidedigno creado por Eduardo Pondal.
terra fisterra michelib
Agora

Terra, de Fisterra, achega unha nova estrela Michelin á Galiza, que suma 19 en 17 restaurantes

A Guía Michelin 2024 recoñeceu 31 restaurantes do Esado español con 1 Estrella Michelin. .Na Galiza estréase Brais Pichel (de Terra, en Fisterra). Terra súmase con esta nova distinción a unha listaxe no que xa son 17 os restaurantes na Galiza os que acumulan 19 estrelas, dúas deles Culler de Pau do Grove e Pepe Vieira Camiño dá Serpe de Poio con dúas estrelas cada un. Ademais de Terra, unha estrela Michelin teñen os restaurantes Maruja Limón, de Vigo; Silabario, de Vigo; Eirado da Leña, de Pontevedra; Yayo Daporta, de Cambados; Casa Solla, de Poio; Árbore da Veira, da Coruña; As Garzas, de Malpica; Retiro da Costiña, de Santa Comba; A Tafona, de Santiago de Compostela; Casa Marcelo, de Santiago de Compostela; O Pazo, de Padrón; Restaurante Miguel Ángel González, de Pereiro de Aguiar; e Nova e Ceibe, de Ourense.