resistencia

Al-Israel 9/11

F71EH_QXwAAr--x
INTERNACIONAL

A resistencia palestina libera 11 localidades ocupadas por Israel

Os combates entre a residencia palestina e a Estado de Israel endurécense. Os bombardeos da aviación sionista sobre Gaza provocaron hoxe máis de 200  mortes entre a poboación de Palestina.

guerrilleiros ferradillo bierzo
MEMORIA E HISTORIA

A memoria da guerrilla antifascista galega cítase co presente en Carucedo

Á volta de abril de 1942 constituíuse no Ferrradelo (Priaranza do Bierzo) a Federación de guerrillas da Galiza e León. 80 anos despois daqueles feitos, un congreso restaura a memoria da primeira organización guerrilleira antifascista do Estado.

Temblas Paz
MEMORIA E HISTORIA

A batalla de Monfero

Hai 73 anos, falamos de 31 de outubro de 1949, morrían nun enfrontamento armado coas forzas da Garda Civil sete guerrilleiros tras ser cercados nunha vivenda no lugar de Pazos en Monfero. A acción represiva foi decisiva para o desmantelamento da oposición armada ao fascismo, nas comarcas de Trasancos e A Coruña, significando un antes e despois na loita antifranquista.

Temblas
MEMORIA E HISTORIA

O sacrificio útil do Lúa

Hai 74 anos, falamos de 10 de outubro de 1948, rexistrábase en Ourol a morte de Benedito Escourido Cobo. Transcorridos máis de sete décadas do seu falecemento recuperamos a súa loita á altura do seu martirio.

 

Arturo López Delgado, cando os seus compañeiros Ovidio González Vázquez “O Pollón”, Ildefonso Fernández Seoane “Coñeira” e Manuel Monteserín “Gerardo após ser asasinados. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

A guerrilla de Arturín

Hai 80 anos, falamos de 6 de agosto de 1942, eran asasinados pola Garda Civil no Barco de Valdeorras catro resistentes antifascistas integrados na Federación de Guerrillas da Galiza e León. A súa morte representou un duro golpe para a primeira resistencia armada no país.

Carlos Nuevo
Carlos Nuevo Cal, historiador e cronista oficial de Viveiro

“Aínda se mantén vivo o mito do Gardarríos como fiel defensor das clases populares”

O vindeiro sábado 25 de xuño Memoria da Mariña organiza un acto en Mondoñedo e Lourenzá para homenaxear ao guerrilleiro Luís Trigo. O cronista oficial de Viveiro e historiador, Carlos Nuevo Cal, un dos relatores no acto achega a Nós Diario a traxectoria militante do “Gardarríos”.

Ferradelo 2
MEMORIA E HISTORIA

80 aniversario da fundación da Federación de Guerrillas de Galiza e León

Fai 80 anos, falamos de 24 de abril de 1942 constituíase no Ferradelo, núcleo de Priaranza do Bierzo, a Federación de Guerrillas de Galiza e León, como resultado da agrupación de diversos grupos guerrilleiros que operaban  na área galego portuguesa.

Foto de familia coas gañadoras nas distintas categorías. (Foto: Luz Iglesias).
DEPORTES

O Extol manda na resistencia da man de Ortega e Busto

Primeiro Campionato da Galiza da modalidade.
Foto carceraria de Albertina Tiago, unha das mulleres detidas após a batalla de Cambedo. (Foto: Edicións Positivas)
Un batalla que marcou a historia da guerrilla galega na Raia Seca

A memoria rebelde do Cambedo ao descuberto

A batalla do Cambedo é un dos fitos de referencia da loita guerrilleira nas terras arraianas. Un suceso que marcou o devir da resistencia contra o franquismo fai agora 75 anos e que segue a buscar o lugar que se merece na historia da loita democrática e da irmandade entre a Galiza e Portugal.
Xosé Ramón Hermida, historiador
As guerrillas galegas ao descuberto

Ramón Ermida: “O Gardarríos” é o home mito da guerrilla mariñá”

Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Nesta cuarta feira, achégase en Nós Diario á figura de Luís Trigo Chao “O Gardarríos”.

Jesús Quintas. Foto: Nós Diario
Javier Quintas, historiador

"A creación da Federación estivo liderado polos socialistas"

Javier Quintas (Tui,1979) é profesor de ensino secundario. Delegado da Fundación Luis Tilve da UGT en Ourense, é autor dunha ampla bibliografía sobre a historia do socialismo no período anterior ao golpe de Estado de 1936. A sexta feira escribe en Nós Diario sobre o papel dos socialistas na guerrilla antifranquista
Sanxés, na parroquia de Bogo, concello da Pontenova. (Foto: Arquivo Ramón García Piñeiro)
star
A resistencia armada no Baixo Eo

As primeiras partidas

As  fragas do curso baixo do Eo proporcionaron acubillo aos republicanos que optaron por agocharse unha vez que os sublevados en xullo de 1936 se impuxeron en Lugo e estenderon o seu dominio ao occidente de Asturias. Non procederon desta maneira alentados polo Goberno republicano, ao ditado de consignas emanadas das súas organizacións, co propósito de seguir combatendo por outros medios ou para reter forzas do adversario, senón  movidos por un instinto de supervivencia.
Ramón García Piñeiro. Foto: Nós Diario
Ramón García Piñeiro, historiador

"A actividade guerrilleira foi a máis 'civil' das violencias"

Ramón García Piñeiro (Sotrondio, 1961), licenciado en Ciencias Políticas e doutor en Historia, é profesor do IES Galileo Galilei de Navia (Asturias). Autor dunha abondosa bibliografía sobre a guerrilla, significase como un dos máximos expertos sobre o tema no Estado. A quinta feira escribe en Nós Diario sobre a resistencia armada no Baixo Eo

Francisco Macías. Foto: Nós Diario
Francisco Macías, editor e investigador

"Abelardo foi sempre 'O Lebre' para os seus veciños de Carucedo"

Francisco Macías (Lago de Carucedo, O Bierzo, 1958) é editor, fundador e director de Edicións Positivas. Nesta ocasión falamos con el arredor da investigación sobre o seu veciño, o guerrilleiro Abelardo Macías 'O Lebre', de quen escribe nesta cuarta feira en Nós Diario.
As escolas do Val Miñor con tranvía na segunda metade da década dos anos 20 (Imaxe: Nós Diario)
star
Caderno 'Coñecer'

A carnizaría de Chavaga: Un dos golpes decisivos contra a resistencia armada na comarca de Lemos

Foi Jesús Costoya López. Este xornaleiro de 34 anos e veciño do Alto de Chavaga-Monforte de Lemos ten a dubidosa honra de ser quen deu o chivatazo que provocou unha das caídas máis soadas para gloria das forzas represivas, e máis dolorosa para a sorte da loita armada. Grazas á súa colaboración, a forza pública conseguiu dar morte a catro guerrilleiros da extinta Federación de Guerrillas de León-Galicia, así como a dous enlaces destes. Os feitos ocorreron como seguen.
 
Félix García Yáñez. Foto:Nós Diario
'As guerrillas galegas ao descuberto'

García Yáñez, historiador: “O franquismo acudiu á Lexión para acabar coa guerrilla en Valdeorras”

Félix García Yáñez (O Barco, 1954) é licenciado en historia pola Universidade de Barcelona. Autor dunha abondosa bibliografía sobre o pasado das terras de Valdeorras, a quinta feira  publica en Nós Diario unha investigación sobre a guerrilla nesa comarca.
Odette 2
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Odette Martínez-Maler: “Máis da metade dos enlaces da guerrilla eran mulleres”

Odette Martinez-Maler, doutorada na Universidade de Nanterre en París cunha tese sobre a memoria das guerrillas na Galiza e León, promotora do filme A Illa de Chelo e autora de diversas investigacións sobre a muller na guerrilla, achégase a este tema o 17 e 18 de novembro en Nós Diario
Ficha elaborada pola Garda Civil sobre os guerrilleiros do Destacamento Manolito Bello. (Foto Arquivo Antón Grande)
star
Unha achega á organización da guerrilla pontevedresa

A resistencia armada en Pontevedra

 

A resistencia armada na provincia pontevedresa, agás nas comarcas do interior, tivo menos actividade que noutras provincias; aínda así, as actuacións na zona de Arousa nos primeiros meses, o destacamento Paco Barreiro e os grupos que o precederon na área viguesa acadaron unha relevancia que, en gran parte, é descoñecida. Neste artigo deixaremos á parte o proceso de formación da guerrilla así como o sucedido nas terras do Deza, pois serán obxecto de tratamento noutros apartados deste monográfico.

José Gómez Gayoso
Foto:Nós Diario
Foron executados a garrote vil na Coruña

73 anos do asasinato dos antifascistas galegos Gayoso e Seoane

José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez son dous dos grandes símbolos da resistencia ao fascismo na Galiza pero tamén da brutalidade do réxime franquista.