Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Segundo a fiscalía, o ex president tería desviado ilegalmente fundos públicos por valor de 1,6 millóns de euros para realizar o referendo. Esa acusación foi comprada polo xuíz Llarena para edificar o seu caso de malversación contra Puigdemont. Mais as probas que exixe Alemaña para proceder á entrega do político de Girona non aparecen por ningures.
A “vulneración de dereitos” por parte do Tribunal Supremo é o argumento co que o presidente do Parlament adiou o pleno de investidura previsto para hoxe.
O maxistrado do Tribunal Supremo impide así que o candidato participe física ou telematicamente no Parlament e bloquea de novo a lexislatura.
É a primeira vez que se acusa de terrorismo unha persoa vinculada co procés. A detida foi xa trasladada a Madrid para ser posta a disposición da Audiencia Nacional.
No goberno de coligazón coa CDU, o SPD leva a carteira de Xustiza. A súa responsábel, Katarina Barley, cualificou de "absolutamente correcta" a decisión do tribunal de Schleswig-Holstein de exonerar Puigdmont do delito de rebelión. Sobre o de malversación Barley avanza que non será tan doado que se autorice a entrega do president a España.
Se hai algún especimen xornalístico que simboliza a caverna española ese é Jiménez Losantos. Editor de LIbertad Digital e xornalista franquicia da cadea EsRadio, lanzou un desaforado ataque contra Alemaña após o tribunal de Schleswig-Holstein exonerar Puigdemont do delito de rebelión.
A xustiza española dá por boa a actuación da alemá en relación ao caso Puigdemont. Non apresentará recursos contra a decisión do tribunal de Schleswig-Holstein por medio da cal exonérase o president do delito de rebelión. O Supremo inclínase por manter a petición de extradición do líder de JxCat, limitada agora á malversación, segundo fontes do tribunal consultadas por El País. Se así for, Puigdemont non podería ser xulgado por rebelión en España.
O dispositivo permitiu a localización e posterior detención do president na súa viaxe de volta a Bruxelas desde Helsinki. O arresto produciuse no estado alemán de Schleswig-Holstein, que acaba de liberar Puigdemont ao non apreciar o delito de rebelión que lle imputa o xuíz do Supremo Pablo Llarena.
Baixo fianza de 75.000 euros. A decisión da audiencia de Schleswig-Holstein chega mentres continúa a estudar a extradición do president, mais só por apropiación indebida de fondos. Ademais, a xustiza belga deixou en liberdade os exconsellers Toni Comín, Meritxell Serret e Lluís Puig após declarar esta tarde perante un xuíz en Bruxelas.
A xuíza Lamela tamén procesa o exdirector dos Mossos, o exsecretario xeral de Interior e una intendente do corpo policial autonómico.
O ministerio público demanda a entrega a España do president polos delitos de rebelión e malversación de fondos (o Tribunal Supremo español investígao tamén por sedición). O fiscal entende que os cargos que lle imputa Llarena a Puigdemont tamén son puníbeis no ordenamento xurídico alemán.
Um debate duma altura sem precedentes teve lugar esta quinta feira no Parlamento português. A questão catalã foi o alvo de iniciativas desde as bancadas da esquerda, do PCP e do Bloco. Uma delas, a da formação comunista, foi parcialmente aprovada. A Assembleia, aliás, não respaldou a condenação da repressão exercida contra políticas e políticos soberanistas.
A fronte unida pola que pula o president do Parlament, Roger Torrent, ficou a medias. Si houbo acordo entre independentistas e comúns para reclamar a liberdade dos presos políticos, mais non para erguer a bandeira do dereito de Puigdemont, Sànchez e Turull a seren investidos.