Relatan...Nós

Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Marica Campo, Suso de Toro, Fina Casalderrey, Lois Diéguez, Víctor F. Freixanes, Rosalía Fernández Rial, Xosé Iglesias Lamela, Olga Novo, Xavier Queipo, Manuel Rivas, María Reimóndez, Séchu Sende, Eli Ríos, Xurxo Souto e Emma Pedreira. (Foto: Nós Diario)
O volume recompila os relatos que 17 autoras e autores publicaron no xornal

Sermos Galiza presenta 'Relatan... Nós', unha compilación da potencia literaria galega

Nós Diario achegará este sábado o último dos libros que conmemoran o décimo aniversario da empresa editora deste xornal, Sermos Galiza S. A. O novo volume, titulado Relatan... Nós. Ler devagar, ofrece ás lectoras e lectores a través de 17 historias unha proba concluínte da potencia literaria e creativa do país. 
Detalles das capas dos cinco libros, obra do grafista Pepe Barro.
CULTURA

Sermos Galiza agasalla as persoas lectoras con cinco libros

O 8 de xuño de 2012 saía á rúa o primeiro número de 'Sermos Galiza'. Moitas cousas mudaron desde aquela: o semanario deu paso a un diario, superouse a enésima crise do capitalismo, vivimos unha pandemia, comezou unha guerra en Europa... As formas de relacionarse socialmente e o modo en que o xornalismo enfrontou eses cambios foron acompañados neste tempo desde unha óptica galega. Para celebrar o aniversario, Sermos Galiza S.A. edita cinco libros que debuxan a última década.
O músico e escritor Xurxo Souto, coa súa característica buguina, nunha actuación (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Xurxo Souto: "A mensaxe central do meu relato é que A Coruña e Vigo son a mesma cidade: a cidade do mar"

Xurxo Souto e a obra Vigocoruñenta fechan hoxe a colección Relatan... Nós. O escritor e músico achega, en conversa con Nós Diario, unha visión contemporánea das cidades de Vigo e A Coruña xunto á súa relación co mar. 
O escritor coruñés trata as problemáticas da intelixencia artificial e do avance da tecnoloxía.(Foto: Foto Mariño).
Relatan...Nós

Manuel Rivas: "A imaxinación e a creación literaria tamén son modos de informar e relatar a realidade"

Manuel Rivas, natural da Coruña, é narrador, poeta, xornalista e autor dunha das obras en galego máis exitosas de finais do século XX, O lapis do carpinteiro, que foi traducida a un total de 37 idiomas. Nós Diario conversa con el acerca da súa participación na colección Relatan...Nós que conmemora os dez anos de Sermos Galiza e sobre o propio relato que escribiu, O Killer Robot, que hoxe acompaña 
este xornal.
Emma Pedreira participa na colección 'Relanta... Nós' que conmemora os dez anos de Sermos Galiza. (Foto: Arxina).
CULTURA

Emma Pedreira: "No meu relato vese como a medicina a distancia, telefónica ou en liña, non serve"

Emma Pedreira (A Coruña, 1978) participa hoxe na colección 'Relatan... Nós' coa historia Bicefalus interruptus. En conversa con Nós Diario, debulla algúns dos temas que aborda no seu singular relato e explica as razóns que a levaron a ser tamén a creadora das ilustracións a través dos collages que o acompañan. A autora de Os libros que hai en min (Cuarto de inverno, 2021) é unha das escritoras convidadas ao I Festival Literario de Allariz (FLAZ) que se realizará nese municipio durante os días 1 e 2 de xullo. 
Xavier Queipo (Foto: Cé Tomé).
Relatan...Nós

Xavier Queipo: "A transmisión oral é moi importante no mundo do mar, sobre todo nos barcos de grande altura"

Xavier Queipo (Compostela, 1957) participa na colección 'Relatan... Nós' con Katy Shark, unha historia ambientada no Morrazo. En conversa con Nós Diario o autor de Final Feliz (Xerais, 2022) reflexiona sobre esta comarca e o traballo no mar. 
Olga Novo participa da colección 'Relata... Nós' coa historia 'A pequena poeta e o papagaio de Humboldt' (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Olga Novo: "O meu relato é unha achega sentimental e, desde logo, emocional ao mundo rural"

Olga Novo (Vilarmao, A Pobra do Brollón, 1975) achega á colección 'Relatan... Nós' as lembranzas dun tempo que xa non existe. A pequena poeta e o papagaio de Humboldt introduce narración e poesía para explicar os sentimentos que garda a memoria dun rural non tan afastado mais ben diferente do que hai hoxe. A autora reflexiona destes tema en conversa con Nós Diario nesta entrevista.  
A escritora Rosalía Fernández Rial é filóloga e doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática. (Foto: Nós Diario).
Relatan...Nós

Rosalía Fernández Rial: "No meu relato poño o foco na normalización de situacións denigrantes para as mulleres"

Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988), escritora e escollida mellor poeta no festival aRi[t]mar 2021, participa na colección Relatan... Nós co relato Peixes de cinsa. A autora, en conversa con Nós Diario, reflexiona sobre a historia que conta e a evolución das festas populares galegas cara a formatos de espectáculo pouco participativos e alienantes. 
 
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. (Foto: Nós Diario)
Relatan...Nós

Víctor F. Freixanes: "Facer literatura é traballar o idioma, recrealo; reconstruír o mundo a través das palabras"

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Fernández Freixanes, prosegue hoxe a colección 'Relatan...Nós' con 'Lucerío no Sar', unha obra que trata de emigración, mais tamén do volframio e da realidade da aldea galega no século pasado. 'Nós Diario' conversa con Freixanes sobre os históricos vencellos entre xornalismo e literatura e a súa presenza hogano nos medios.

A escritora Berta Dávila é a autora do relato 'O espazo interior' que hoxe achega 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
Relatan...Nós

Berta Dávila: "Un proxecto de vida compartido pode parecerse bastante a subscribir unha hipoteca cun banco"

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987), poeta,  escritora e gañadora do Premio Xerais 2021 por Os seres queridos, participa na colección Relatan... Nós coa historia titulada O espazo interior, que hoxe vostede atopará no interior deste xornal. En conversa con Nós Diario, Dávila reflexiona sobre as separacións no ámbito da parella.
Lois Diéguez
Relatan...Nós

Lois Diéguez: "O meu relato trata dun amor entre a sobriña dun cura e un rapaz que loita contra o fascismo"

O escritor Lois Diéguez, natural de Monforte de Lemos, participa da colección Relatan...Nós con Lucía e Manuel, relato que vostede atopará esta quinta feira no interior deste xornal e que conta a historia dun amor imposíbel en tempos de posguerra. O relato ten un trasfondo de denuncia da ditadura de Francisco Franco. 'Nós Diario' conversa con Diéguez sobre Lucía e Manuel e sobre como o réxime franquista aínda afecta e ten unha grande influencia na sociedade actual.
A escritora Fina Casalderrey afonda na creación de noticias no relato que publica hoxe 'Nós Diario'. (Foto: Distrito Xermar).
Relatan...Nós

Fina Casalderrey: "A solidariedade real, sen intereses, adoita chegar no lado dos que pouco ou nada teñen"

Fina Casalderrey (Pilarteiros, Santo André de Xeve, Pontevedra,  1951) é a escritora que participa hoxe na colección 'Relatan... Nós' co texto Unha araña vermella. A autora conversa con Nós Diario sobre a historia que conta nel e a reflexión que lle acmpaña sobre o papel dos medios de comunicación nestes tempos actuais tan convulsos. 
O escritor Suso de Toro nun dos parques da súa cidade natal, Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
Relatan...Nós

Suso de Toro: "O semanario 'Sermos Galiza' é o único escaparate con entidade de creacións galegas"

O xornal que esta terza feira terá nas súas mans achégalle o relato 'Unha homenaxe póstuma', de Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956), escritor e colaborador habitual na sección de opinión de 'Nós Diario'. De Toro participa con este relato ilustrado na colección 'Relatan... Nós', que celebra os dez anos de existencia de 'Sermos Galiza'.  Nesta conversa reflexiona sobre a proposta e a figura das persoas que se dedican á literatura creando obras.
A escritora Marica Campo, nun coloquio co alumnado do IES Manuel García Barros da Estrada. (Foto: Nós Diario)
Relatan...Nós

Marica Campo: "Todas temos libros agardando a ser lidos, mais o que nos chega na prensa lémolo enseguida"

Marica Campo (Val do Mao, O Incio, 1948) participa esta sexta feira con 'As sombras chinesas do tempo' da colección de relatos 'Relatan... Nós' que este xornal achega ás lectoras e lectores durante o mes de xuño. Cunha extensa traxectoria en poesía, narrativa, teatro e traducións, Marica Campo ten publicado en numerosos proxectos colectivos. No eido do relato a súa última colaboración foi en Entre donas (Baía Edicións, 2020). Galardoada en varias ocasións, gañou o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2001, o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Poesía en 2008 e o Follas Novas do Libro Galego en 2020. Ademais, foi homenaxeada no pasado Salón do Libro de Pontevedra.
O escritor e director da Editorial Galaxia, Francisco Castro (Foto: Judith Cendón).
Relatan...Nós

Francisco Castro: "Desde a literatura temos que contribuír a amosar á sociedade os perigos da ultradereita"

Nós Diario achega esta quinta feira ás lectoras e lectores o relato Angelito, da autoría de Francisco Castro. O escritor vigués e director da Editorial Galaxia participa con este texto da colección de relatos Relatan... Nós, que acompañará este xornal no mes de xuño para celebrar os dez anos de Sermos Galiza SA, empresa editora deste xornal. Castro afonda en Angelito no tema que máis lle preocupa nestes momentos: o ascenso da ultradereita. Esta cuestión tamén é un dos argumentos da súa primeira obra de ensaio, Isto SI é un home. Unha mirada masculina contra o patriarcado (Galaxia, 2022).

Marilar Aleixandre (Foto: Arxina).
Relatan...Nós

Marilar Aleixandre: "O relato é un rexistro de escrito moi galego e grandes da nosa literatura xa o trataron"

A escritora Marilar Aleixandre inaugura hoxe a colección de relatos que, baixo o título de Relatan... Nós, publica 'Nós Diario' durante este mes de xuño para celebrar os dez anos de Sermos Galiza, a empresa editora do xornal que vostede ten nas súas mans. O relato de Marilar Aleixandre que hoxe acompaña 'Nós Diario' titúlase 'O morcego branco' e pon en contexto situacións que se adoitan ignorar por acontecer fóra da Galiza e que están relacionadas cos dereitos das mulleres.
collage
'Relatan...Nós' ofrecerá 18 textos literarios ilustrados

A ilustración vista desde os relatos que publica 'Nós Diario'

A partir do día 1 de xuño, Nós Diario agasallará ao público lector con dezaoito textos literarios inéditos -relatos e poemas- dalgunhas das mellores firmas da nosa literatura e que teñen como fío común a presenza do noso xornal na actualidade da última década. O coleccionábel  conta cun aliciente a maiores do literario: os textos estarán ilustrados por diferentes artistas, en ocasión, pola mesma persoa que asina o texto
 
Durante o mes de xuño, 'Nós Diario' agasalla unha colección de textos literarios. (Ilustración: Álex Rozados)
Relatan...Nós

'Nós Diario' compila unha colección de relatos que revisan unha década

Sermos Galiza fai dez anos. Ao longo de toda unha década publicamos noticias, opinións, análises... É hora, pois, de facer unha interpretación literaria dese período. Iso é Relatan... Nós, un conxunto de 18 textos inéditos e ilustrados para ofrecer unha outra interpretación, alén da xornalística da nosa realidade.