Elvira Branco
30/xuño/23 15:29
Desde comezos de maio até finais de agosto son moitos os montes da Galiza que acollen unha das tradicións máis ancestrais: a rapa das bestas. A vindeira fin de semana, 7, 8 e 9 de xullo, será a quenda da rapa de Amil, parroquia do concello de Moraña (comarca de Caldas), e tamén da que quizais sexa a máis coñecida: a Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada (comarca de Terra de Montes). Celebracións, secasí, en perigo de extinción, ameazadas pola instalación de infinidade de polígonos eólicos nos montes galegos.