Rafael Quintía

Máscaras do Entroido bailando a Muiñeira Cruzada. Entroido de Samede, Paderne (As Mariñas). (Foto: Rafael Quintía)
star
Reportaxes

As mulleres no entroido ao longo da historia

O Entroido é a última mascarada do ciclo do inverno, caracterizada por unha forte ritualidade e unha orixe rural e de carácter relixioso, non cristián. Un rito que conta cunha estrutura moi marcada por sexo e idade, na que destacan as mulleres. Precisamente, elas foron e seguen a ser chaves nos ritos do Entroido, sendo, por exemplo, protagonistas de moitas das danzas e xogos tradicionais. 
O Entrudio, presonaxe recuperado na Gudiña (comarca de Viana). (Foto: Sermos Galiza)
star
Reportaxes

Personaxes e tradicións aínda por recuperar

A recuperación do Entroido, Entruido ou Entrudio, como se lle denomina en moitas zonas do país, é cada vez máis evidente. Sexa polo atractivo dos que se conservaron no tempo e medraron en visualización mediática, sexa por non deixar que fuxa a oportunidade de vivir experiencias do pasado a través da memoria de informantes que aínda hoxe poden contalo, numerosas vilas e algunha cidade apuntáronse nos últimos anos ao traballo de recobrar a festa máis rebelde do ano. Sermos Galiza achégase a algúns deles como o de Soutomaior, A Gudiña, Silleda ou Vigo.