Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Quico Cadaval e Producións Teatrais Excéntricas iniciaron onte, coa estrea de 'O Auto do Castromil', obra gañadora do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, unha viaxe en autocarro pola historia recente do país que quere ser tamén unha homenaxe ao teatro da xeración Abrente e ao "renacemento cultural" que se deu nas décadas de 1970 e 1980 e que permitiu a toma de conciencia nacional na Galiza.
A obra contará con un mínimo de 40 representacións nas cidades e vilas galegas grazas á colaboración de concellos e Deputacións.
A pandemia non perdoou e houbo que aprazar a estrea, pero finalmente, Producións Teatrais Excéntricas presentará a súa última montaxe na Coruña. Será no Teatro Rosalía de Castro, o vindeiro sábado 27, cando Estrela do día , unha comedia de Quico Cadaval baseada nos textos de Afonso X o Sabio, se atope, por fin, co público.
“As Irmandades da Fala tentaron ocupar todas as áreas do coñecemento, da arte e da comunicación en galego, e foi así como a lingua entrou no teatro burgués. Un caso moi significativo, pola grande aspiración que supuxo, foi a creación do poema épico O Mariscal”, explicou o dramaturgo Quico Cadaval no relatorio sobre a historia do teatro galego que impartiu nos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”que a RAG coorganiza.
É un dos narradores maiores da literatura brasileira. “Linguaxe explícito, violencia, enigma e cinismo son algúns dos elementos que nos excitan e nos desafían da obra de Rubem Fonseca”, explica Producións Teatrais Excéntricas. Baixo a dirección de Quico Cadaval, estrea esta cuarta feira Carpe Diem no Teatro Principal de Compostela.
Arnoia, Arnoia é unha novela de aventuras, épica como corresponde ao seu autor, Xosé Luís Méndez Ferrín. A compañía Pistacatro e o Centro Dramático Galego, con dirección de Quico Cadaval, lévana ao circo. Sermos Galiza asistiu a un dos últimos ensaios antes da estrea. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 317 de Sermos Galiza.