querela arxentina

Os polos

QUERELA2
MEMORIA E HISTORIA

A 'querela arxentina' suma cinco familias que denuncian o "abandono do Estado"

Cinco novas familias achegan a documentación de vítimas do franquismo para unírense á chamada "querela arxentina", da man da Deputación de Pontevedra, Ceaquea e Avogacía Nova de Vigo.
EuropaPress_3522661_abogada_equipo_derechos_humanos_grupo_avogados_novos_vigo_irene_alvarez
MEMORIA E HISTORIA

A 'querela arxentina' suma a adhesión de cinco familias

O Consulado arxentino de Vigo recibirá, na vindeira quinta feira, unha nova remesa de documentación para sumar á chamada “querela arxentina”, que investiga no país suramericano os crimes de lesa humanidade e xenocidio cometidos polo Estado español desde o golpe de Estado de 1936. 
valentin-g.-boveda
MEMORIA E HISTORIA

Valentín G. Bóveda: " Se demostramos desde a Arxentina que os crimes foron de lesa humanidade nin Lei de amnistía nin nada"

“Moitas veces os mártires crean mundos que os heroes nin tan sequera son capaces de concibir e na miña Terra cumprirase a vontade dos mártires" dixo no seu día Castelao, para engadir que "Bóveda terá de ser, nun mañá próximo ou distante, a bandeira de nosa redención”. O camiño a esa redención está máis preto desde que a pasada segunda feira as familias de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz presentaron, no consulado arxentino de Vigo, as súas adhesións á querela 4591/2010, coñecida como a querela arxentina. Sobre isto, a reparación e a consecución da verdade xudicial falamos con Valentín García Bóveda, neto do dirixente galeguista fusilado o 17 de de agosto de 1936.
EuropaPress_3522661_abogada_equipo_derechos_humanos_grupo_avogados_novos_vigo_irene_alvarez
Membro da comisión de Dereitos Humanos de Avogacía Nova de Vigo

Irene A. Francés: "No Estado español estase a empregar o discurso do esquecemento e da amnesia"

A nova da semana, para a memoria histórica galega, é que as familias de Bóveda, Caamaño e Paz presentaron no consulado da Arxentina en Vigo as súas querelas de adhesión á causa que xulga os delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade cometidos de 1936 a 1977. 'Nós Diario' trata o tema coa avogada Irene A. Francés.

Contra a impunidade, xurisdición universal? O caso Martín Villa

Os abaixo-assinantes

enterro
A Transición española chega aos tribunais da man da xuíza María Servini

O ministro Martín Villa declara pola súa responsabilidade nos crimes na Transición

O que fora ministro de Franco compareceu por videoconferencia ante a maxistrada da querela arxentina, que pediu a súa declaración a ano pasado. Martín Villa defendeu algunhas formas de actuar da época e obviou responder á súa posíbel responsabilidade en crimes de Estado.
As querelantes Inés García Holgado e Darío Rivas en 2010 (CeAqua)
Memoria

Unha década da querela arxentina contra o franquismo

Celebran o aniversario procurando o apoio social nas redes
2019032814541467818
MEMORIA E HISTORIA

A xuíza da querela arxentina chama a declarar o ex ministro franquista Martín Villa polos crimes da ditadura

A xuíza María Servini solicita a comparecencia do ex ministro franquista e ex deputado do PP Rodolfo Martín Vila no caso dos crimes do franquismo.

[Imaxe: lacomunapresxsdelfranquismo]
DARíO RIVAS, PROMOTOR DA QUERELA ARXENTINA CONTRA O FRANQUISMO

“Todo o que fago é polo meu pai, asasinado a mans dos falanxistas”

Darío Rivas era o fillo de Severino, alcalde de Castro de Rei, asasinado polos falanxistas en 1936. Con 95 anos, segue a loitar por restituír a memoria das vítimas da represión e da guerra civil. Hoxe intervén no acto das Asociacións pola Recuperación da Memoria Histórica na Illa de San Simón.