Pura Tejelo

A autora de 'Novembro', Pura Tejelo (á esquerda), coa poeta Pastora Veres (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pura Tejelo: "Máis que un mes do ano é unha maneira de posicionarse na vida, parar e pensar de vagar"

Pura Tejelo vén de presentar o seu poemario Novembro (Urutau Editora). Fíxoo en Betanzos, en compañía da tamén escritora Pastora Veres, membro do grupo Nova Poesía Guitírica. Tejelo, licenciada en Historia pola USC, traballou como docente en bacharelato dando clase de lingua galega. Ademais, ocupou cargos de xestión na Agrupación Cultural O Facho da Coruña.