CULTURA
A. Escuredo
16/mar./22 13:43
Roberto Pascual, profesor na ESAD da Galiza e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, vén de presentar 'Sophie non é o meu nome de guerra', a obra coa que gañou o Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña en 2021. A peza, escrita para ser interpretada por dúas actrices, trata a historia dunha muller migrante, a riqueza das culturas de África e o tráfico de persoas cara Europa.