DEPORTES
O Wolverhampton, un equipo de Inglaterra que fala galego
21/feb./23
De Vigo a Rio de Janeiro pasando por Braga, os Wolves de Wolverhampton son un equipo repleto de xogadores lusófonos. Este combinado das 'West Midlands' inglesas compite na Premier League, a primeira división británica, desde o ano 2018 despois de conseguir un ansiado ascenso desde a segunda división, a League One.