Ponteareas

Presentación da XIX Volta a Galiza (FGC).
DEPORTES

A XIX Volta a Galiza comezará en Ponteareas lembrando a Pino

A proba terá etapas tamén en Muras e Cariño. Esta edición está dedicada a Guillermo Sande, falecido o pasado mes de xaneiro, responsábel técnico da Federación de Ciclismo Galego.
Vista aérea do castro desde o sur. (Foto: Cedida) #castrodetroña #ponteareas #castro #valdotea #castros #confíndosverdescastrosevalorosoclan
star
CULTURA

O Castro de Troña: Centro neurálxico do val do Tea

A historia permítenos viaxar no tempo e ver outras vidas
Juan Luis Arsuaga

O castro de Troña sitúase na parroquia de Pías (Ponteareas), no corazón do val do río Tea, afluente pola dereita do Miño, unha zona de penetración de produtos de orixe mediterránea cara ao interior. Ocupado de forma ininterrompida entre os séculos VI-V antes de Cristo e os séculos I-II da nosa era, esta aldea fortificada especializouse na explotación de recursos primarios (agro, gando e pesca), pero tamén na fundición de ferro, material no que os ferreiros moldean por vez primeira na historia as ferramentas e as armas dos galaicos. A explotación de ouro e estaño que, neste territorio, tiña lugar nas ribeiras dos ríos Tea e Miño, completaba a economía deste poboado prerromano.

Vista aérea do Castelo de Sobroso. (Foto: Concello de Ponteareas)
CULTURA

O castelo de Sobroso, máis preto do aproveitamento museístico

A Deputación de Pontevedra anunciou esta segunda feira a adxudicación das obras da última fase deste proxecto. Investiranse máis de 260.000 euros para crear unha experiencia audiovisual neste espazo que enriqueza a visita das e dos turistas.

Ponte das Partidas, en Ponteareas. Arredor das pontes do Tea hai numerosas lendas e tradicións, unha das máis comúns é a dos bautismos anticipados.
star
Andar e Ver

Pola beira do Tea. Da ponte dos Remedios á ponte de Fillaboa

Un roteiro ao longo da beira do río Tea, polos concellos de Ponteareas e Salvaterra de Miño.
De esquerda a dereita, Carla Coto, Mara Lago e Eva González, alumnas de 2º de bacharelato do IES Val do Tea (Nós Diario).
Alumnas do IES Val do Tea

Carla, Mara e Eva, estudantes: "Na arte as mulleres sempre aparecemos cousificadas, espidas desde unha ollada masculina"

Eva González, alumna do IES Val do Tea de Ponteareas, decatouse de que non había mulleres artistas en todo o temario de 2º de bacharelato de preparación para o acceso á universidade. Xunto a outras compañeiras, como Mara Lago e Carla Coto, decidiron tentar mudar esta situación. Co apoio do seu profesor de Historia da Arte, Xurxo Gómez, e a comisión de Igualdade do centro organizaron unha exposición polo 8-M e enviarán unha proposta de artistas ao organismo competente para que mude esta situación. 
Xeada te,po Foto de @orodil
LINGUA

O refraneiro popular galego anda a revolucionar Ponteareas

O vídeo sobre o refraneiro popular que creou e subiu a Concellaría de Cultura alcanzou xa 11.000 persoas en 4 días, leva case 5.000 reproducións.

A ilustradora Aurora Quinteiro, á esquerda, xunto á autora do libro, Hortensia Bautista, á dereita (Nós Diario)
LINGUA

Hortensia Bautista, mestra: "A escola é un gueto onde o alumnado galegofalante resulta unha anécdota"

A preocupación por transmitir a lingua e a cultura galegas, así como a contorna do val do río Tea, levou a mestra Hortensia Bautista a escribir o libro 'O bambán no vento', editado pola Fundación Eomaia. A viaxe literaria, para nenas e nenos a partir de sete anos, vén acompañada das ilustracións de Aurora Quinteiro. A súa experiencia docente sempre foi parella á defensa do idioma galego, desde os anos 80 até a súa xubilación nesta década. 
Marcos Groba (dereita) tardou menos de 11 horas en realizar o tramo galego do Camiño Portugués. (Foto: Taninos Runners).
DEPORTES

Marcos Groba, 'O Besta' de corazón de ouro que percorreu correndo 120 quilómetros

Imposíbel é un termo que non está no dicionario do atleta Marcos Groba, que vén de percorrer correndo o tramo galego do Camiño Portugués, 120 quilómetros que separan Tui de Compostela, nun tempo inferior ás 11 horas. E todo para axudar economicamente a Asociación Síndrome de Down de Vigo.
son da rúa
Caderno de Verán

SonDaRúa: Un combate por disputar

A banda de rap, procedente do municipio de Ponteareas, sacou o seu disco Eterno Combate en plena corentena. Por iso, os tres artistas que a forman agardan ter a oportunidade de xirar cunha ducia de temas "eclécticos"
Obradoiro emprego en Carnota (Concello de Carnota)
TRABALLO

Os concellos, as oficinas de emprego de proximidade no século XXI

Facilitar un traballo a veciñas e veciños é outra das funcións, se cadra pouco coñecida na actualidade, dos concellos galegos. A súa proximidade coas persoas desempregadas favoreceu a realización de plans e obradoiros na procura da súa reincorporación ao mundo laboral actual. 

Orgullo de ser ponteareán II

Mobilización da comunidade educativa de Ponteareas en San Caetano.
SOCIAL

Máis unha escola unitaria con perigo de peche en Ponteareas

Nais e pais do rural ponteareán concentráronse fronte ás dependencias da Xunta en San Caetano para esixir a permanencia do centro San Mateo de Oliveira

hogar social
SOCIAL

PSOE de Ponteareas pide a dimisión dun edil do PP por "simpatizar" con ideas neonazis

Os socialistas ponteareáns denuncian que a través das redes sociais este edil do Partido Popular partilla vídeos de Hogar Social Madrid, grupo considerado neonazi por parte de organismos e colectivos de dereitos humanos. 

Orgullo de ser ponteareán

Xosé Díaz. Apresentación de "As Contas que nos contan"
Presentación en Ponteareas de ‘As contas que nos contan’

A falacia da balanza fiscal Galiza-Estado

O salón de plenos da Casa do Concello ponteareán acolle esta sexa feira, 20:30, a presentación deste libro de Xosé Díaz, editado por Sermos Galiza. O acto será presentado por Francisco Floreal, concelleiro de Facenda.

ojea
Delegado da CIG na empresa de Ponteareas

Autocares Ojea terá de readmitir un traballador despedido, víctima de represión sindical

Así o determinou a sala social número 4 dos Xulgados de Vigo. Na sentenza, segundo comunica a CIG, considérase probada a represión sindical. O despedimento sería consecuencia directa, di a resolución xudicial, do feito de o traballador ter "demandado a empresa" e terse apresentado "nas eleccións sindicais pola CIG".

Alcalde de Ponteareas Xosé Represas e Miguel Anxo Fernández Lores. Apresentación "Ponteareas. Habitat saudable"
SOCIAL

Ponteareas apresenta a estratexia "Habitat saudable", o seu modelo de futuro

Insírese na EDUSI (Estratexia Urbana de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado], subvencionada con 5 millóns de euros polos Fondos Feder.

Río_Tea_Ribadetea
Pola corta e poda

Expedientada Fenosa por prexudicar o río Tea

Após recibir unha denuncia do grupo ecoloxista ADENCO, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil abriu expediente sancionador a Unión Fenosa, dadas as últimas actuacións acometidas nunha zona protexida do río Tea e que provocaron tanto o movemento do leito como a erosión do noiro.

Q55A8611
“Ponte a Portu-Gal”

Galiza e Portugal, da man en Ponteareas

Do 20 ao 23 de abril Ponteareas acollerá o Ponte a Portu-Gal, unha iniciativa coa que o Concello amosará as expresións culturais común que unen Galiza e Portugal e que converten a zona nun punto de desenvolvemento sociocultural compartido.

reveriano-soutullo.-retrato
CULTURA

Xornadas sobre Reveriano Soutullo en Ponteareas

Esta fin de semana celébranse en Ponteareas as Xornadas sobre Reveriano Soutullo para conmemorar o centenario da estrea de 'Amores de aldea', a principal obra deste compositor galego.