política cultural

O stand da Asociación Galega de Editores na edición da Feira de Frankfurt de 2022.
CULTURA

As editoras galegas acoden á Feira de Boloña... sen o apoio da Xunta da Galiza

A AGE mantense á marxe do stand que a Xunta de Galiza manterá tamén na Feira de Boloña -atendido por persoal alleo ao sector- debido ao descontento existente pola representación do sector nas grandes feiras internacionais do libro.
O número de títulos publicados en galego reduciuse 50% nos 
últimos 15 anos. (Arxina)
CULTURA

O incumprimento da Lei do Libro por parte da Xunta ameaza o sector: "Hoxe publícanse a metade de títulos en galego que en 2008"

Os datos fornecidos polo Barómetro de Compra de Libros e Hábitos de Lectura 2023 desvelan que o incumprimento da Lei do Libro e a Lectura está levando o sector editorial á precariedade.
Stand da Asociación de Editoras Galegas (AGE) no Liber 2022 (Foto: AGE).
CULTURA

As editoras galegas acoden ás feiras internacionais sen apoio da Xunta: "O caso galego é insólito no sector"

Un ano máis, Asociación Galega de Editores vén de comunicar que asumirá en solitario a participación nas feiras internacionais do libro, polos continuos desacordos coa Xunta en canto ao modelo que debe imporse na proxección exterior da produción editorial da Galiza.
Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC,
CULTURA

Empresas e xestoras culturais piden que as administracións paguen en prazo

Alertan de que os atrasos poñen en perigo a estabilidade das empresas culturais.

Radiografía da música

O traballo cifra en 6.000 os eventos musicais celebrados en 2023. Na foto, Grande Amore.
star
CULTURA

Un estudo pioneiro cuantifica o valor da música galega: a industria moveu 227,7 millóns en 2022

Un estudo pioneiro estima en 227 millóns de euros o impacto económico da actividade musical na Galiza. Segundo o documento, cada euro investido en música polas administracións multiplícase por tres. O estudo aconsella mellorar as condicións laborais das traballadoras, o fomento de novos talntos e o deseño de políticas públicas que definan estratexias culturais que integren a música co turismo e outras áreas.
Aitana Cuétara e Natividade González na presentación da segunda dición das Residencias Mariñán.
CULTURA

Así será a segunda edición das Residencias Artísticas Mariñán

A área de Cultura da Deputación da Coruña seleccionará oito proxectos: catro do eido da música e outros catro de literatura e pensamento.
Os criterios de adxudicación das axudas non se axustan á realidade do sector editorial galego.
CULTURA

As editoras acusan a Xunta de descoñecer a realidade do sector

Malia que a Lei do Libro e a Lectura considera o sector editorial como estratéxico, a relación entre a Xunta de Galiza e o mundo da edición non cesa de estar puntuado por desencontros que entorpecen o desenvolvemento normal do libro galego. A recente publicación das bases para a concesión das axudas á edición, provocou a última das discrepancias.
Migue
CULTURA

Máis dun cento de fotógrafos piden a creación dun centro galego de fotografía

Evitaría o deterioro que, aseguran, están a sufrir en moitos casos.

María Vázquez en 'Matria' de Álvaro Gago.
CULTURA

O audiovisual galego madura malia a escasa implicación da Xunta de Galiza

O cinema galega triunfou este ano en Donostia, pero xa triunfara en Cannes, en Locarno, en Berlín e en case todas as citas internacionais de relevo. Mais o audiovisual segue precisando dunha política que marque o rumbo e que evolucione ao ritmo da súa maduración. 
 
Cidade da Cultura de Compostela. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

A Cidade do 20% da Cultura: só a quinta parte das visitantes do Gaiás acoden atraídas polo programa

A Xunta da Galiza vén de ofrecer un balance da Cidade da Cultura no ano 2023 que insiste na indefinición do complexo do Gaiás malia o anuncio dunha "nova etapa" no ano 2021. Só unha quinta parte das persoas visitantes do Gaiás acoden ao complexo para asistir a algunha das actividades do programa cultural.
A produción cultural ascendeu a 2.537 millóns de euros. (Foto: MIT Ribadavia)
CULTURA

O sector da cultura representa até 2,5% do PIB galego e 3% dos empregos

A produción das industrias culturais ascendeu a 2.537 millóns de euros en 2021.
Actuación de Mondra na sala Rebullón de Mos.
CULTURA

As salas de música piden maior compromiso das administracións públicas

Desenvolveron máis de 4000 concertos ao longo do ano.
A exposición 'Xela Arias. A poesía do retrato' xuntaba textos poéticos da autora cos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil'.
star
CULTURA

Ouvirmos cumpre vinte anos de mudanzas no sector da cultura galega

Ouvirmos fai vinte anos apelando aos "marcos que se moveron" ao longo destas dúas décadas no sector da cultura. A que comezou como unha discográfica, transformouse nunha empresa máis volcada cara á xestión de grandes eventos e infraestruturas culturais.
Natividad de Jesús González e Fran Quiroga inauguraron a xornada.
CULTURA

A cultura estuda o seu impacto ambiental

A "XVI Xornada Innovación cultural e territorio", que se celebra no Pazo de Mariñán, está organizada pola área de Cultura da Deputación en colaboración co comisario Fran Quiroga.

Mercedes Peón fechará as actuacións do sábado.
star
CULTURA

A música galega busca a proxección internacional

Focus Galicia é un evento no que protagonistas da música galega se atopan con produtores e programadores de 13 Estados nun contexto que tenta "maridar música, patrimonio e gastronomía" para buscar vías de saída cara ao mercado exterior. Unha selección de solistas e bandas de música tradicional e das chamadas "músicas do mundo" procurarán un lugar no mercado internacional.
Xaime Toxo, presidente do Ateneo, no acto desta quinta feira.
CULTURA

O Ateneo de Pontevedra recorrerá a decisión da Xunta de negarlle un local

Xaime Toxo, agradeceu os apoios recibidos de particulares e colectivos tras coñecerse a decisión "equivocada" da Xunta na que aprecia "falta de rigor" e "moitísima ignorancia, soberbia e prepotencia " na baremación da documentación esixida

A deputada do PSdeG Noa Díaz.
CULTURA

Noa Díaz denuncia "arbitrariedade" no reparto de axudas ao cinema

O PSdeG reclámalle ao Goberno galego que informe sobre as subvencións nominativas achegadas a festivais de cinema da Galiza.

Xaime Toxo, á dereita, na presentación dun libro de Francisco Xosé Fernández Naval (no centro) organizada polo Ateneo de Pontevedra, xunto co pintor Antón Sobral.
CULTURA

O Ateneo de Pontevedra pode perder o seu local

A Xunta de Galiza denégalle a renovación da cesión do espazo.
OXantar do Convivio do ano pasado.
star
CULTURA

Convivio da Cultura Galega: arte e pensamento no campo da festa

Este sábado 8 de xullo terá lugar a décima edición do Convivio da Cultura Galega, un encontro de entidades e, ao tempo, festa popular, que se consolida na axenda cultural e que pretende combinar a tradición coa planificación de proxectos de calado que enriquezan o patrimonio mantendo os esteos da identidade cultural do país.