Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Os feitos aconteceron o 12 de marzo de 2022
Piden endurecer as penas e recuperar o "principio de autoridade" para acabar co "desastre" das agresións contra os axentes
Cinco persoas foron detidas nunha operación conxunta entre Policía Nacional e Garda Civil que permitiu desarticular un punto de venda de drogas que estaba controlado por un dous clans familiares dedicados ao tráfico de estupefacientes "máis activos" da cidade de Lugo. A investigación contra este grupo estaba en marcha desde 2022 e derivou nos arrestos e rexistros levados a cabo os días 22 e 23 deste mes de agosto, segundo informou a Policía Nacional nun comunicado. Ademais das detencións, procederon ao rexistro de dúas vivendas situadas en Lugo, onde se incautaron de material para a manipulación de droga, 60 gramos de cocaína, 60 gramos de haxix e outros 30 de marihuana.