Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O Parlamento insta o Goberno galego a levar a cabo os estudos necesarios para determinar as causas da escaseza de polbo nas augas galegas. Tamén pide que, de acordo co sector, o Executivo galega proceda á revisión das condicións para estabelecer no plan experimental (número de nasas, cotas máximas de captura, período de veda e control, medidas de loita contra o furtivismo, etcétera). Por último, reclama dispor e incrementar as medidas de cobertura económica que permitan estabelecer paralizacións temporais, extensión da veda ou atender ao sector ante calquera outra decisión de recuperación da especie.
O Carballiño celebrou este domingo a xornada principal dunha festa con máis de 60 anos de tradición. Segundo datos do Goberno municipal máis de 100.000 persoas consumiron case os mesmos quilos de polbo: 80.000. Mais... por que a do Carballiño non é a Festa do Polbo xenuína?