poesía

star
A palabra futura

Poesía para a xente

A escola de arte ECO ten como directora Elena Cristóbal, licenciada en Belas Artes. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Elena Cristóbal: "Queremos que o alumnado teña acceso a miradas poéticas distintas para ir conformando a propia"

Elena Cristóbal (Bilbo, 1965), é a directora da escola de arte ECO, que este ano chega ao seu 20 aniversario. Cristóbal aborda o percorrido da escola e algúns dos obxectivos que se foron marcando ao longo deste tempo.
A exposición está patente en Vilagarcía até o vindeiro día 25.
star
CULTURA

'Bueno, carallo, bueno': Xosé Freixanes, Alberto Avendaño e a apocalipse

Bueno, carallo, bueno é unha colaboración entre o pintor Xosé Freixanes e o poeta Alberto Avendaño. Un libro que deixa de ser libro para ser exposición e unha exposición, que se pode ver agora en Vilagarcía, que chama polo libro. Nese proxecto, os dous creadores sitúanse como espectadores dunha apocalipse que está sendo longa e que resulta xa aburrida. Contemplándoa, reflexionan sobre identidades, hibridacións e viaxes.

Antón lopo, Goretti Sanmartín e Soledad Agra.
CULTURA

Así será a sexta edición do Festival Rosalía

O concerto de Loita Amada, o pasarrúas rosaliano dos Quinquilláns, o proxecto Indóciles ao redor da obra de Luísa Villalta ou o recital organizado pola editora Chan da Pólvora son algúns dos pratos fortes da edición deste 2024.

A escritora e psicóloga Gisela Mato. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Gisela Mato: "O sufrimento non debe ser algo íntimo porque está para atraer a mirada e o coidado do outro"

Gisela Mato (Xenebra, Suíza, 1978), escritora e psicóloga, vén de ser galardoada co Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, convocado polo Concello de Fornelos de Montes (comarca de Vigo), pola súa obra 'Habitar as fendas', onde reflexiona sobre a vulnerabilidade e o sufrimento na experiencia humana.
Manuel Negri
CULTURA

A onomástica das 'Cantigas de Santa María' analizadadesde a USC

As Cantigas case nunca se abordaron dun xeito sistemático en canto aos nomes propios que se mencionan nas composicións.
A poeta, creadora artística e performer Silvia Penas. (Foto: David Enseñat)
star
Entrevistas

Silvia Penas, poeta en alta voz

A poesía como intervención pública, como voz que se expande tamén combinada coa imaxe e a música nunha coidada posta en escena, é característica singular desde hai ben de anos da obra de Silvia Penas (Vigo, 1980). Aínda fresco o seu novo libro Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia), non baixa a súa presenza nos espectáculos cos grupos e colectivos cos que gosta de compartir proxectos, actualmente Cintaadhesiva e Límites, noutrora as Redes Escarlata.
Detalles das capas dos catro libros editados por Xerais sobre a vida e obra de Luísa Villalta.
Día das Letras Galegas

Xerais publica estes catro libros sobre a vida e obra de Luísa Villalta

Montse Dopico, María Canosa, Eli Ríos, Beatriz Maceda e Xurxo Souto asinan estas obras.
Yolanda Castaño na Residencia de artistas Saari, en Finlandia (Foto: Saari).
Agora

Regresa á Coruña o ciclo de recitais poéticos Poetas Di(n)versos

O ciclo mensual de recitais poéticos Poetas Di(n)versos volve outro ano máis ao Centro Ágora na Coruña, coordinado po Yolanda Castaño. A segunda feira, 29 de xaneiro, ás 20 horas, presentarase nun acto aberto no que participarán o poeta, filólogo, sociólogo, tradutor e profesor universitario vasco Joseba Sarrionandia, que recitará os versos orixinais dos seus poemas, e a poeta, xornalista, fotógrafa e activista galega Charo Lopes, que os traducirá ao galego e recitará os seus propios. O galego será a lingua de comunicación de toda a iniciativa á que acudirán, o 26 de febreiro, a Premio Nacional de Poesía Nova Berta García Faet e o lucense Adrián Maceda e o 25 de marzo, o poeta hondureño Rolando Kattan, acompañado polo lucense Abraham Pérez.
Gisela Mato Rivera.
CULTURA

Gisela Mato Rivera faise co premio Lueiro Rey de poesía coa obra 'Habitar as fendas'

O xurado destacou a capacidade do texto gañador para interpelar o público lector "abismándoo no océano da violencia, tanto física como xenérica, que remove e incomoda, pero que se supera pola forza resiliente do amor".
Seamus Heaney.
CULTURA

A Coruña lembra Seamus Heaney no décimo aniversario do seu pasamento

O Seminario Internacional Dez anos sen Seamus Heaney está organizado polo Instituto Universitario de Estudos Irlandeses.
Foto: Liana Solís.
star
A palabra futura

A desmesura da alma

'Os novos públicos da poesía e vínculos con outras artes e soportes | Congreso Novas Voces da Poesía' por Rosalía Fernández Rial

Chus Pato (Foto: Jesús Chacón)
CULTURA

'Sonora', o que arde na boca de Chus Pato

Chus Pato, unha das autoras máis recoñecidas do noso país, volve ás librarías, catro anos despois de Un libre favor, con Sonora (Xerais), un libro escrito despois do falecemento da súa nai no que o poema conversa coa morte. "Agora a morte e mais eu somos contemporáneas" di a poeta, que elabora un poemario dunha densidade e unha profundidade desusadas. 
 
Foto: Liana Solís.
star
A palabra futura

A idade de ouro (III)

Xurxo Alonso foi galardoado por 'Non deixedes na mesa nin leite nin pan' (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xurxo Alonso: "Neste poemario, aparecen as palabras da morte falándonos desde o outro lado"

Xurxo Alonso (Bos Aires, 1956) foi galardoado no VI Certame de Poesía Torre de Caldaloba, convocado polo Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino en colaboración con Culturalia GZ, pola súa obra 'Non deixedes na mesa nin leite nin pan', na que aborda as ausencias das persoas que xa non están a través das súas propias voces.
Guerra da Cal e Lorca en Madrid, arredor de 1932.
star
CULTURA

O día en que Federico García Lorca se converteu nun poeta galego

Mañá celébrase o aniversario da publicación dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca, na Editorial Nós de Ánxel Casal. Un libro que, a ollos de estudosos como Carvalho Calero ou Méndez Ferrín, converte o granadino nun autor máis da literatura galega. 
 
Iria Pinheiro e Mónica de Nut, nunha actuación. (Foto: Moncho Fuentes / Culturgal)
Contracultura

Iria Pinheiro e Mónica de Nut: "En Kennebec reflectimos o noso sentir como artistas, mulleres e nais que vivimos no rural"

Mónica de Nut (Oia, Vigo, 1976) e Iria Pinheiro (Ourense, 1978) son as creadoras detrás de Kennebec, unha proposta de concerto experimental que conxuga a experiencia musical e a electrónica da primeira cos textos e a poética da segunda.

'Poesía, unha visión de xénero e identidades | Congreso Novas Voces da Poesía', por Andrea Nunes Brións

Un momento da performance 'Acción Anakoluto', que inspira unha parte do libro de Antón Reixa. (Foto: Chan da Pólvora)
star
CULTURA

A simulación do real no novo libro de Antón Reixa

O real confróntase coa simulación do real no novo libro de Antón Reixa, 2ª man (Chan da Pólvora). O poeta desvela as trampas ideolóxicas que conforman a nosa visión do mundo, ao tempo que sinala os lugares onde se refuxia a beleza na sociedade contemporánea. O autor liberará a súa performance Acción Anakoluto no local Río Lagares de Vigo esta quinta feira.