poesía

Congonhas e o segredo do Aleijadinho

Antón Lopo e Manuel Veiga.
CULTURA

Antón Lopo e Manuel Veiga, gañadores dos Premios da Crítica en poesía e narrativa

A poesía de Lopo 'Diarios / 1. Azul Monforte' e a novela de Veiga 'Perder as bestas' son as elixidas pola crítica en lingua galega.
Nos últimos anos escribíronse e publicáronse miles de libros de autoaxuda. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Abertas as votacións dos Premios aRi[t]mar: estas son as obras finalistas

O xurado pre seleccionou 20 pezas galegas e portuguesas que agora o público poderá votar a través da web aritmar.gal.
A escritora palestina Adanía Shibli.
CULTURA

A autora palestina Adanía Shibli, censurada en Alemaña, participará este ano na Selic

Os últimos libros de Jon Bilbao, Rosa Aneiros, Diego Ameixeiras e O Leo de Matamá tamén serán protagonistas no Festival da Lectura
O pergamiño Sharrer, un dos códices recollidos na base de datos.
CULTURA

Así é Palmed, a base de datos que reúne toda a lírica profana medieval

A Universidade de Santiago vén de desenvolver unha base de datos que reúne a transcrción de todas as cantigas profanas da lírica medieval galega que se coñecen, unhas 1.700, ademais das distintas versións de cada unha delas. A nova ferramenta, pioneira en todo o mundo, pode axudar á dixitalización doutros textos medievais.
Obra de Pepe Cáccamo para 'serendos obsolimos'
star
CULTURA

A editorial Bourel brinda todo o que pode conter un libro de poemas

Libros singulares no seu contido, mais tamén na súa manufactura. Feitos un a un, con ilustracións orixinais, elaborados a man. Editorial Bourel cultiva con mimo unha colección na que a poesía se achega á arte e o libro a unha experiencia multisensoria. Pepe (Xosé María) Cáccamo, Ánxel Huete, Eva Veiga ou Baldo Ramos son os cómplices necesarios para esta nova aventura editorial de Antonio Piñeiro.
APERTURA entrevista
star
Entrevistas

Eva Veiga: a palabra resistente

Eva Veiga (Ombre, Pontedeume, 1961) acaba de ser recoñecida pola Academia Galega de Audiovisual co premio de Honra Fernando Rey polo traballo realizado nos albores da TVG. O seu foi un dos cinco primeiros rostros cos que se familiarizou a audiencia da canle pública e aínda que unha leucemia e os problemas de visión que lle provocou o tratamento a afastaron das cámaras, seguiu sempre vinculada á comunicación a través da poesía, a música ou o cine. Proba da súa mestría coa palabra foi o discurso, tan vindicativo como emotivo, que ofreceu na gala. Inesquecíbel.
A autora María Mariño. (Foto: RAG)
CULTURA

A poeta María Mariño, nomeada Señora das Letras 2024

Xa en 2007 a RAG dedicáralle o Día das Letras Galegas.
Fillas de Cassandra na gala aRi[t]mar 2023.
CULTURA

aRi[t]mar celebrará unha reedición da súa gala 2023 en Portugal

A gala coincidirá coa clausura do Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se celebra na cidade entre o 17 e o 20 de abril, e formará parte do seu programa social.

Hiperpoética

Abraham Pérez.
Agora

Segunda feira de Poetas Di(n)versos na Coruña: recitarán Abraham Pérez e o hondureño Rolando Kattan

O ciclo de Poetas Dei(n)versos, que organiza e presenta Yolanda Castaño, volve esta segunda feira, día 25, ás 20 horas ao auditorio Ágora da Coruña e xuntará un poeta galego cun hondureño: Abraham Pérez e Rolando Kattan. As entradas aos recitais son gratuítas e até completar capacidade.  Abraham Pérez (Lugo, 1990 é autor da novela 'O paso en falso', coa que foi finalista do XXXIV Premio Torrente Ballester de narrativa, así como dos poemarios 'O corpo transparente das horas'. Rolando Kattan (Tegucigalpa, Honduras) é editor e xestor cultural, así como un dos autores da literatura hondureña máis relevantes contemporáneos con títulos como 'Os cisnes negros' -Premio Casa América da Poesía Americana-, 'Viaxe imaxinaria a Kiribati' ou 'Onde volver desexo'.

Quen erra

Intervención de Marilar Aleixandre. (Foto: RAG)
Día Mundial da Poesía

Os versos de Celso Emilio dialogan cos de dez autores contemporáneos

A Sección de Literatura da RAG pon en diálogo a obra do escritor celanovés cos versos de poetas actuais de distintas xeracións para conmemorar o Día Internacional da Poesía nun tempo convulso.

Ouro preto na voz dos poetas da inconfidencia

O editor Xabier Romero. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xabier Romero: "Os poemas non foran editados porque ían contra o réxime franquista e a monarquía"

Xabier Romero (Vigo, 1965) é o editor de 'O Cabronario' (Luscofusco), un poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro e prohibido durante a ditadura.

Rota ao interior do ollo. Outras viaxes

Marga do Val é escritora.
Floran Vlashi ao violín e Marica Campo recitando, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
Letras Galegas

Así foi a homenaxe a Luísa Villalta na Coruña

Baixo o lema Inaugurar o tempo da Xustiza. Celebrando a Luísa Villalta, o acto lembrou a creadora en todas as súas facetas e, tamén, a persoa implicada social e politicamente.
A escritora Luísa Villalta. (Foto: RAG).
CULTURA

A RAG e Galiza Cultura conmemoran este 6 de marzo a figura de Luísa Villalta

Con motivo desta efeméride e dada a proximidade do 8 de marzo, o Día da Muller, a RAG detense en 'Papagaio', o poemario que escribiu para as fotos de Maribel Longueira sobre o derrube do barrio da prostitución da súa Cidade Alta.

Villalta

Luísa Villalta (Foto: Xosé Abad).
CULTURA

Galiza Cultura celebra a figura de Luísa Villalta nun grande acto de homenaxe

O primeiro grande acto de homenaxe e de celebración popular de Luísa Villalta, que neste ano 2024 protagoniza o Día das Letras galegas, terá lugar esta cuarta feira 6 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro, a partir das 20.30 horas.