podcast

Mesa redonda na edición do Carballo Interplay de 2023 (Foto: Carballo Interplay).
CULTURA

O Carballo Interplay xa está aquí: olla todas as novidades da programación

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay iniciará esta quinta feira 4 de abril a súa undécima edición.
Carolina Iglesias.
CULTURA

O Carballo Interplay trae por primeira vez á Galiza o live show dos podcast Maldito Bollodrama

O festival de contidos dixitais celebrarse entre o 4 e o 7 de abril e completa as súas actividades máis lúdicas cun karaoke guiado por Esteban, Marta Salicrú como Dj e unha gala de premios conducida polo dúo galego Izquierdo Sisters.
EuropaPress_5473316_estudio_grabacion_podcast
CULTURA

Están en auxe os podcast en galego?

‘O Exército Mekemeke’, ‘O Faiado’, ‘Café Derby 21’, ‘ Conversas da Lobeira’, ‘ Recuncho Gamer’, ‘Os Reis e as Raíñas da Galiza’ ou  ‘Contacontos en galego’ ,algúns exemplos do aumento do formato podcast na Galiza

A organización dos Ondas anunciou hoxe as candidaturas.
CULTURA

'Exército Mekemeke', único aspirante galego aos Ondas do Podcast: consulta aquí todas as candidaturas

O programa presentado por Carlos Vieito aspira á categoría de Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado.
O director e actor Tito Asorey, é o responsábel da dramaturxia desta peza traducida por Ramón de Valenzuela (Foto: Ars Lumen).
CULTURA

Tito Asorey: "Un podcast sobre 'A Camisa' non invalida que a peza poida realizarse nun escenario"

A Camisa, obra emblemática do teatro social escrita por Lauro Olmo, chegou en formato podcast e a partir da tradución ao galego de Ramón de Valenzuela. A peza, dividida en cinco episodios, comezou a súa andaina a pasada sexta feira na web do Consello da Cultura Galega (CCG). Nós Diario conversa sobre ela co seu director e responsábel da dramaturxia, Tito Asorey.  
Fotograma da webserie 'Cacola' (Foto: David Fidalgo).
CULTURA

O talento galego cítase no IX Carballo Interplay

O evento terá lugar do 6 ao 9 de abril. No encontro proxectarase a webserie 'Cacola', gañadora do premio ao proxecto en galego 2020.
“Carretando” está composto por xornalistas e politólogos recentemente graduados. (Foto: Nós Diario) #podcast #política #carretando
SOCIAL

'Carretando': "Estábamos acostumadas aos medios tradicionais, e estes novos proxectos supoñen un cambio"

"Carretando" é un proxecto de divulgación sobre a política galega. Baixo o formato do podcast, as súas integrantes -Carmen, Pablo, Román, Yannick, Adrián, Lorena e Julio- pretende analizar a actualidade e a evolución dos últimos corenta anos da política do noso país dunha maneira crítica e reflexiva, á vez que integran novas voces nun ámbito que tradicionalmente só era tratado polos medios hexemónicos da Galiza. Despois dunha primeira tempada con tres episodios, recuperan o ritmo e traen novidades.
Broullón participa nun podcast xunto a Cristina Terceiro e Fran da Lobeira. (Foto: Nós Diario) #podcast #galego #lingua #podgalego
LINGUA

Uxío Broullón: "No último ano metemos 80 podcasts novos no directorio, os mesmos que en catro anos"

Uxío Broullón é un ilustrador e deseñador gráfico que xunto con Isaac González dirixe e xestiona o proxecto “Podgalego”, un directorio no que as interesadas no mundo do podcasting poden atopar todos os podcasts en lingua galega dos que os seus xestores teñen constancia. No directorio, ademais dunha ficha técnica con datos de cada programa, tamén se poden atopar diversos recursos tanto para as persoas ouvintes como para as creadoras de contido. Para Broullón, non é un traballo, senón unha actividade relaxada.  
Cristina Terceiro viviu moitas experiencias durante as súas viaxes. (Foto: Nós Diario)
Cristina Terceiro é creadora de “Viaxantas”

Cristina Terceiro: “Cada viaxe ten algo moi especial e está vinculada a un momento moi concreto da nosa vida”

“Viaxantas” é un podcast en lingua galega que trata sobre viaxes, experiencias e boa comida. A súa creadora, a xornalista Cristina Terceiro, percorreu o mundo e a Galiza, visitando lugares máis coñecidos e algunhas paraxes e “paraísos” menos habituais. Para Terceiro, o feito de viaxar é unha oportunidade perfecta para entender mellor como funciona cada rexión e cada cultura, ao tempo que abre os ollos de como é a nosa propia cultura. “Viaxantas” está dispoñíbel en Spotify, iVoox e ApplePodcasts.
‘Malvada Profe’ tamén participa noutro podcast sobre a lingua galega. (Foto: Nós Diario)
'Malvada Profe' é co creadora de "As Womansplainers"

'Malvada Profe': "En moitos temas estamos orfas de alguén que nos explique como nos afectan"

“As Womansplainers” é un podcast que, desde unha perspectiva feminina e feminista, trata sobre temas que afectan ás mulleres. As súas creadoras, ‘Malvada Profe’, ‘Saboridinha’, ‘Ghanito’ e Sara Martínez, explican que o nome do podcast é unha homenaxe á escritora estadounidense Rebecca Solnit, autora de 'Men explain things to me', no que fala dos 'mansplainers', homes que asumen que as mulleres non saben de certos temas, obviando que poidan ser expertas ou simplemente teren vivido experiencias relacionadas.
Juan Elias e María Sabarís.
CULTURA

Creadoras de 'Fóra de mapa': "Sabemos de escoceses ou galeses, mais pouco de arromaneses ou rutenos"

María Sabarís e Juan Elías Vergara contan para 'Nós Diario' como xurdiu o podcast 'Fóra de mapa', un programa radiofónico que afonda na vida e na historia de pobos e nacións sen estado na Europa. Ela vivindo na cidade de Londres e el desde Bruxelas crean este proxecto homónimo do libro de Alastair Bonnett.
Imaxe da entrevista a Ana Romaní. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Sermos analiza o crecente mundo dos 'podcast' en galego

Este número tamén fai unha parada nos entroidos galegos máis destacábeis e fala coa autora Ana Romaní, que publica un novo poemario. Para ler todos estes contidos só tes que preguntar polo semanario, que sae publicado mañá acompañando ao Nós Diario, no teu quiosque. Tamén o atoparás dispoñíbel para a súa lectura na nube a través da nosa tenda en liña.
Gravación de 'A Tribo' no Festival Armadiña.
star
Reportaxes

Podcast, un novo formato para o galego

Conmemórase o Día Mundial da Radio e, con este motivo, traemos un especial sobre podcast en galego, un formato que se atopa en auxe grazas ás novas tecnoloxías e ás plataformas de publicación. A día de hoxe, cando se alerta de falta de tempo para ler, a escoita pode ser unha boa opción para achegar novos contidos desde a frescura. Falamos coas responsábeis de 'A Tribo', 'A Ollada Violeta', 'A Lareira', 'Viaxantas', 'Descifrando a historia', 'A Gruta de Gizamaluke' e 'Té con gotas'.
Antonio Tizón
CULTURA

Chega o podcast policial 'Un home estraño'

Baseado na novela homónima de Antonio Tizón, con guión do propio autor, consta de 13 capítulos e unha trama coas enfermidades mentais como pano de fondo.
Web do programa de radio online A Tribo.
SOCIAL

Nace A Tribo, unha radio online creada no confinamento

O primeiro programa estará dispoñíbel esta sexta feira e os podcast poderánse escoitar na súa web e en varias plataformas. Está presentado por Bocixa e baixo a coordinación de Verónica Álvarez. 
Alguns representantes dos membros da AMEGA na Gala do Dia dos Medios en Galego
LINGUA

Asociación de Medios en Galego convoca un certame de vídeos, podcast e regueifas

Ademais dos 1.000 euros en metálico tamén haberá outros galardóns, como vivir un dia de rodaxe coa produtora Vaca films, unha tablet valorada en 300 euros, un móbil de última xeración ou unha cámara de gravación con micrófono.

aspg
CULTURA

A AS-PG anima a escoitar poemas de Novoneyra no seu último podcast

En tempos de confinamento, a cultura sempre é unha vía de escape, unha fiestra ao exterior. Por iso, desde a Asociación Socio-Pedagóxica Galega convidan ás galegas a escoitar os versos do poeta Uxío Novoneyra.
As creadoras de espazo negativo, Ariadna Cordal e Dani Cornes
Entrevista

Espazo Negativo: "Non queriamos unha podcast convencional"

Arianda Cordal e Dani Cornes conversan sobre cultura no seu proxecto Espazo Negativo