Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A poeta foi a protagonista da homenaxe "A escritora na súa terra", unha iniciativa que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega leva desenvolvendo desde hai vinte e cinco anos.
Apenas en cinco libros Pilar Pallarés construíu unha das xeografías máis singulares da poesía galega actual. Radical, arrasada, indagadora, intimista e aberta ao outro, obra e autora son obxecto das honras da AELG como Escritora na súa Terra. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 352 do semanario en papel Sermos Galiza.
A poeta Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) ten un ritmo demorado de publicación, Apenas cinco libros en 30 anos. Porén, a súa obra conta entre as máis determinantes da poesía galega recente. Este sábado, 29 de xuño, recibe o recoñecemento dos seus colegas: a Asociación de Escritoras en Lingua Galega distínguea como Escritora na súa Terra.
A penúltima sesión do curso de Poetas Di(n)versos xuntará na Coruña dúas potentes voces femininas, a de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) e a da estadounidense Mary Jo Bang (Waynesville, Missouri, 1946). Será esta segunda feira, 13 de maio, no Auditorio do Centro Ágora.
O quinto libro de poemas de Pilar Pallarés e a primeira novela de Antón Lopo en oito anos son os Premios da Crítica Española 2018 en lingua galega. Tempo Fósil (Chan da Pólvora, 2018) e Extraordinario (Galaxia, 2018) titúlanse as obras distinguidas pola Asociación Española de Críticos Literarios a proposta da Asociación Galega da Crítica.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega revela o nome das persoas que premiará este ano.
Sete anos despois do último poemario de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), o editor de Chan da Pólvora, Antón Lopo, peta na súa gorxa. Logo da longa espera, chega aos andeis Tempo fósil, cunha delicada edición en azul prusia brillante deseñada por Manuel Martínez. No libro, a voz poética aborda –como un gato, con distancia e entrega absoluta–, a nada que, após erixirmos todo, imos deixar atrás. Eis un extracto da entrevista.