Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
James Rhodes escolleu a Galiza entre as primeiras datas para iniciar a súa nova xira Piano Tour 2022. Este músico e escritor inglés de nacemento non agocha a súa atracción pola lingua e cultura galegas. A finais de decembro regresou a Twitter, unha rede social na que conta con máis de 275.000 seguidoras e seguidores, cunha mensaxe de optimismo para o novo ano. Entre os propósitos que se marcou para este 2022 figura mellorar o seu galego e, se cadra, mercar unha vivenda ao carón do mar.
A Coral Follas Novas da Coruña vén de cederlle en depósito á Casa-Museo de Rosalía o piano da familia Castro-Murguía que Gala lle agasallara nos anos 50.
O pianista da Estrada pecha mañá cuarta feira esta edición do ciclo Ángel Brage que trae aos mellores pianistas do mundo ao Auditorio compostelán.
Ben sei que xa correu algo de tempo desde que Feijóo insultase á intelixencia de todos os galegos e galegas na persoa de X.M. Beiras, identificando a falta de cultura coa verdadeira estirpe popular. Pero fago unha breve consideración sobre o feito porque non creo que poida pasar desapercibida a cerna desa perversa seudoproposición. Amais sabemos que, por desgraza, unha ostia (perdón, un trallazo) fai esquecer o anterior, táctica fascista onde as houber. Deste xeito a conducta lumpen do presidente da Xunta cara BNG e AGE no famoso pleno, concretamente na resposta a Francisco Jorquera: “ou que levante o zapato ou que se emocione tanto, tanto, tanto…..”(menuda calaña moral), seguida do absolutamente comprensíbel puñetazo no escano de Beiras, fai olvidar a marulada como axioma valorativo: “nós, os de aldea, non tocamos o piano nin estudamos na Sorbona”.