Catalunya
A Audiencia Nacional ordenou espiar David Fernández con 'Pegasus'
14/dec./23
Tanto el como o tamén ex deputado da CUP Quim Arrufat tiveron os móbiles intervidos durante meses pola Garda Civil na causa do Tsunami Democràtic.
INTERNACIONAL
'Caso Pegasus': BNG, Bildu e ERC rexistran unha comisión de investigación responsabilizando o Estado
23/nov./23
Solicítanse medidas de resarcimento a favor das persoas afectadas.
Xustiza
O xuíz do 'caso Pegasus' cita a ex directora do CNI como investigada
16/out./23
Reclama á central española de Intelixencia aclarar se comprou o 'software' de espionaxe e se o utilizou, no marco da querela presentada polo presidente catalán, Pere Aragonès.
Pegasus
A Xustiza española acaba co caso pola espionaxe a Pedro Sánchez
10/xul./23
O maxistrado xustifica o arquivo das investigacións por mor de que Israel non contestou as solicitudes de información sobre o programa espía Pegasus.
Catalunya
A xustiza belga investiga a espionaxe na Plataforma per la Llengua con 'Pegasus' e 'Predator'
08/xuño/23
Unha peritaxe de varios teléfonos móbiles de membros da executiva demostrou o uso de 'Pegasus' e máis programas de espionaxe. Nalgúns casos a análise identificou o número de teléfono que os atacaba, de orixe española.
INTERNACIONAL
A ONU dá 60 días ao Goberno español para informar sobre a espionaxe con 'Pegasus'
03/xan./23
Relatores da ONU dirixíronse ao Goberno do Estado español, por mor dunha denuncia de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), para pedir que no prazo de 60 días informe sobre a presunta espionaxe levada a cabo co sistema 'Pegasus' a líderes independentistas
INTERNACIONAL
O Estado español é o único que non respondeu á petición de información de Bruxelas pola espionaxe de 'Pegasus'
15/set./22
Os outros Estados que si responderon son Grecia, Hungría e Polonia.
INTERNACIONAL
Eurodeputados acusan políticos españois de boicotear a investigación de 'Pegasus' no Estado español
08/xul./22
Tres integrantes da comisión que si seguirá a pista das espionaxes en Israel, Hungría e Polonia acusan membros de PP e PSOE de facer presión para impedir que España se sume á lista de estados investigados, segundo o xornal 'Politico'.
Caso 'Pegasus'
Levantan o segredo de sumario sobre 'Pegasus'
07/xuño/22
O xuíz José Luis Calama apunta a posíbeis delitos de descubrimento e revelación de segredos.
Caso 'Pegasus'
Sánchez xustifica a espionaxe como resposta ao 'procès'
26/maio/22
"Esa crise supuxo unha enorme preocupación para a seguridade nacional, é por iso que os servizos propuxeron a intervención e o xuíz aceptou", dixo o presidente do Goberno estatal.
INTERNACIONAL
PSOE, PP e Vox impiden investigar 'Pegasus'
24/maio/22
O portavoz do grupo socialista no Congreso do Estado español, Héctor Gómez, lamentou que Juán Carlos I non teña dado, durante a súa estancia no Estado español, explicacións sobre o seu comportamento. Porén, os socialistas rexeitan unha investigación das actuacións do rei emérito, así como a revisar a inviolabilidade do rei. Ademais, PSOE, PP e Vox votaron esta terza feira xuntos contra a investigación das 'cloacas' do Estado. Por outra parte, o Goberno español deu luz verde á colaboración do CNI coa Xustiza no caso da investigación con Pegasus a membros deste Executivo.
Caso 'Pegasus'
Que sabemos de 'Pegasus'? A espionaxe, en cinco chaves
11/maio/22
A Eurocámara pon o foco das súas pescudas no Estado español após as últimas revelacións sobre os casos de espionaxe a independentistas cataláns e membros do Goberno estatal.
INTERNACIONAL
Esperanza Casteleiro ocupará o posto de directora do CNI após ser cesada Esteban
10/maio/22
A decisión de destituir Paz Esteban e nomear Esperanza Casteleiro foi tomada tras coñecerse que Marlaska tería sido espiado. Expertos en ciberseguridade afirmaron no Parlamento da UE que NSO Group coñece as identidades das persoas espiadas.
Caso 'Pegasus'
Robles pon á fronte do CNI a súa 'número dous' após destituír Paz Esteban polas espionaxes
10/maio/22
Esperanza Casteleiro é unha persoa da máxima confianza da ministra e desde 2020 ostentaba a secretaría de Estado de Defensa. Ingresou no CNI en 1983.
Caso 'Pegasus'
O Goberno español destitúe a directora do CNI polo escándalo das espionaxes
10/maio/22
Esta mesma terza feira está previsto que o Executivo informe das supostas intervencións a máis membros do Goberno de Sánchez.
Caso 'Pegasus'
Grande-Marlaska, terceiro membro do Goberno estatal espiado por 'Pegasus'
10/maio/22
O Executivo ordenou analizar os dispositivos móbiles de todos os ministros e ministras e esta terza feira informará dos resultados desas pescudas.
SOCIAL
Poden espiarme a través do móbil? Así funciona 'Pegasus' e isto é o que precisas saber para evitalo
09/maio/22
Milleiros de persoas denuncian ter sido espiadas co programa 'Pegasus', entre elas decenas de políticos e activistas independentistas e o propio presidente do Goberno español. Malia que a única forma de evitar unha intrusión é "estar 100% desconectado da rede", eis uns consellos que poden mellorar a túa ciberseguridade.