Pedro Pardo de Cela

Alexandre Peres Vigo, Francisco Rodríguez Sánchez, Carme Varela e Carolina Casal Chico. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

'Sermos Galiza' divulgará os protagonistas do Reino da Galiza

O proxecto é premiado pola Deputación da Coruña
Catedral de Mondoñedo
Máis

Unha viaxe á Galiza de Pardo de Cela

É un dos itinerarios culturais máis veteranos da Galiza. Fundado en 1971 polo divulgador e escritor focego Suso Fernández, resiste sen amparo oficial desde hai máis de 50 anos. Eis a Ruta Pardo de Cela, un percorrido polo patrimonio, a arte, a natureza e a historia do Reino da Galiza.
Encarna Lago (xerente da Rede Museística), Maite Ferreiro (vicepresidenta da Deputación) e Aurelia Balseiro (directora do museo de Lugo). (Foto: Deputación de Lugo)
star
CULTURA

As III Xornadas Pacegas afondan na violencia sobre mulleres esenciais da historia galega

Constanza de Castro, Catarina de Santiso e María Paz protagonizan as palestras.
Escudo de armas Pardo de Cela e da súa muller Isabel de Castro procedente do castelo da Frouseira e depositado no Museo de Lugo.
Información do Reino

Pardo de Cela na historia e na lenda

Mesmo cos ingredientes que permiten outorgarlle o cualificativo de mito ou lenda á figura do mariscal Pardo de Cela, aínda así a máis rigorosa investigación actual recoñece que o relato tradicional, pertinazmente vivo na área en que se desenvolveron os feitos, non pode ser obviado á hora de reconstruír unha historia na que abondan baleiros e incertezas.
Fernando e Isabel de Trastámara, os Reis Católicos, nun cadro anónimo do século XV. (Palacio Real de Madrid)
star
Información do Reino

A galaicofobia en tempos de Pardo de Cela

Desde os seus inicios, a nova  dinastía real castelá axiña se mostrou fortemente belixerante contra o reino de Galiza; último bastión dos leais a Pedro I e á casa de Borgoña. A súa aversión, e especialmente o seu desdén polos asuntos galegos, acabou por ser transmitida quer aos círculos cortesáns quer ao propio vulgo castelán, conformando os primeiros estadios da galaicofobia.
Fernando III da Galiza nunha miniatura do Tombo de Toxos Outos. (Arquivo Histórico Nacional)
star
Información do Reino

O galego en tempos de doma e castración

O galego atinxiu un grande esplendor literario nos séculos XIII e XIV a través das cantigas trobadorescas. Mais a unidade lingüístico-cultural que reflicten hai que a pór en relación directa coa identidade política 'galega' dos reinos da Galiza e de Portugal, cuxo idioma chegou a se converter en lingua lírica de todos os reinos cristiáns da península, coa excepción de Cataluña.
Mosteiro de San Salvador de Sobrado, en Trives, cuxas monxas se enfrontaran armadas aos emisarios enviados desde Castela. (Foto: Soledad Felloza)
star
Información do Reino

Prófugas e apóstatas

Cunhas orixes que se remontan á Alta Idade Media, os mosteiros femininos bieitos -que asumiran a Regra moi entrado o século XII- chegaban ás portas do Renacemento revestidos de románico, con sólidos patrimonios monásticos, poderosos abadengos femininos - con dereitos patrimoniais sobre igrexas e mosteiros, e o que é máis, sobre a terra- e convertidos, moitos deles, en grandes factorías cun importante poder económico. 

Sepulcro do dirixente irmandiño Diego de Lemos no mosteiro de Santa María en Ferreira de Pantón.
star
Información do Reino

A Galicia do século XV revisitada

Tema recorrente nestes traballos é o referido ao clima de inestabilidade social que recorre boa parte do século XV, provocado polos enfrontamentos entre a nobreza galega e os abusos contra os vasalos, labregos e artesáns de toda condición. Coinciden os distintos autores en sinalar a nobreza como directamente responsable da fractura endémica da orde social fronte ao carácter protector que o pobo reserva á figura do rei. 
Sepultura do conde de Trastámara, Pedro Enríquez, na igrexa de San Pedro de Lugo.
star
Información do Reino

A Galiza do século XV: caos, conflito e doma

A  partir de 1373 (expulsión de Portugal de Fernando de Castro e os seus seguidores, exiliados alí, obrigada polo Tratado de Santarém con Castela), o reino de Galiza entrou nun proceso de desorientación. Notouse a falta dunha clase dirixente cohesa cunha estratexia política propia.
Torre de Caldaloba
Información do Reino

As fillas rebeldes de Pardo de Cela

O asasinato de Pedro Pardo de Cela en 1483 a mans dos exércitos  dos Reis Católicos non significou a derrota definitiva da rebelión galega contra Castela. As fillas do mariscal e de Isabel de Castro, netas por parte de nai de Pedro Álvarez de Osorio, conde Lemos, continuaron a loita do seu pai, non ficando atrás en perseveranza e valor.

Detalle da capa, unha creación de Anxo Varela [Prudden Tattoo] (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pardo de Cela volve á vida o sábado no 'Sermos Galiza'

A portada da publicación é da autoría de Anxo Varela, un novo ilustrador gráfico galego, impulsor de Pruden Tattoo
A palestra desta quinta feira sobre Pardo de Cela en Compostela (Foto: Arxina).
MEMORIA E HISTORIA

Unha palestra en Compostela analiza a figura de Pardo de Cela

Un coloquio que serviu como presentación do número monográfico do semanario Sermos Galiza que acompañará o xornal o vindeiro sábado 10 de decembro e que levará por título Pardo de Cela na Galiza do século XV.
Gravado de Xosé Blanco.
MEMORIA E HISTORIA

Pardo de Cela revive esta quinta feira en Santiago

O centro sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela acolle o 1 de decembro ás 20.30 horas [foi adiado media hora para falicitar a asistencia á concentración contra o asasinato da muller luguesa de 42 anos] unha palestra arredor do tempo histórico e a figura de Pardo de Cela. No debate, organizado pola Agrupación Cultural O Galo, van intervir recoñecidas e recoñecidos especialistas na figura do mariscal e na Galiza do século XV.

Escudo de armas Pardo de Cela e de Sabela de Castro, procedente do Castelo da Frouseira e depositado no Museo de Lugo.
Información do Reino

Pardo de Cela, debate aberto

O movemento das irmandades foi unha ben organizada mobilización contra a aristocracia rebelde, lexitimada pola autorización do rei.
O Mariscal Pardo de Cela.
Información do Reino

A rebelión galega do século XV

O fracaso da revolta irmandiña e particularmente a derrota da rebelión galega, na que acadaron o papel de símbolos Pardo de Cela, Pedro Madruga ou o Conde de Lemos, deixa Galiza fanada, frustrada, inerme ante a expansión de Castela e presa na roda colonial.
Sepulcro_de_Sueiro_Gomes_de_Soutomaior
MEMORIA E HISTORIA

O martirio esquecido de María Gómez

María Gómez de Soutomaior foi outra mártir da rebelión galega contra Castela do século XV. Irmá de Sueiro Gómez de Soutomaior e curmá de Pedro Madruga, exemplifica aquela nobreza que apostou por unha Galiza de seu, arredada de Castela, unida a Portugal e virada cara aos pobos do Atlántico.

Botamos luz no 'Sermos Galiza' sobre a figura de Pardo de Cela (Foto: Nós Diario)
SERMOS GALIZA

O nunca contado sobre Pardo de Cela, no 'Sermos Galiza'

Non esquezas procurar o semanario que estará nos puntos de venda habituais o sábado e que analiza os segredos arredor da figura de Pardo de Cela, inclúe unha entrevista con Sés, debulla o estado do galego en Tik Tok e moito máis! 

Fortaleza de Pedro Madruga, en Soutomaior. (Foto: Nós Diario).
star
MEMORIA E HISTORIA

A rebelión do século XV: A loita de Pedro Madruga por unha Galiza de seu

Foi un dos tres grandes Pedros da revolta galega contra Castela das décadas finais do século XV. Mentres Pardo de Cela ergueu o norte galego até morrer decapitado en Mondoñedo en 1483 e o conde Lemos bateu o ferro no centro até deixar o relevo o seu fillo-neto Rodrigo, Madruga pelexaba no sur contra as tropas dos Reis Católicos. Os tres a un tempo, como cabezas dun movemento nacional e popular, defenderon unha Galiza non subordinada a Castela, mais ningún como Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, estivo tan perto da vitoria.
Lápida da tumba de Pardo de Cela na catedral de Mondoñedo. (Foto: Nós Diario)
A rebelión galega contra a Castela do século XV

O martirio útil do mariscal Pedro Pardo de Cela

Foi un dos tres grandes Pedros á fronte dunha Galiza rebelde que tentou virar a súa sorte nas décadas finais do século XV. Unha derrota que puxo fin a unha historia de seu e que abriu a porta a un tempo onde aínda está o país.
f_9_PardoCela
A Galiza ignorada

O Pardo de Cela vivo

Non hai outro personaxe histórico máis vivo entre as xentes do común da comarca da Mariña. Mentres é albo das críticas máis duras por parte da historiografía españolista e académica, a tradición popular das terras nas que un día morou segue a recoñecelo como un heroe. Transcorridos máis de cincocentos anos da súa morte, as lendas e contos sobre Pardo de Cela transmítense de xeración en xeración, mantendo presente a lembranza do mariscal rebelde. Eis un estrato da peza publicada no número 376 do semanario en papel Sermos Galiza.