Pauleta

Pauleta, unha das grandes 'cracks' galegas, posa despois de ser operada para reparar o cruzado. (Foto: Paula Domínguez),
DEPORTES

Verdades e mentiras da praga de lesións no fútbol feminino

Analizamos que se agocha detrás da pandemia de xeonllos mancados.
Paula Domínguez formouse como futbolista en Vigo, e con só 19 anos fai as maletas para iniciar unha aventura no fútbol portugués que dura até o día de hoxe. (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Pauleta: "O fútbol feminino funciona, move xente, move valores"

"Celtista con alcume do (infravalorado) dianteiro deportivista Pedro Miguel Resendes, Paula Domínguez 'Pauleta'...". Así comezaba a entrevista que quen asina estas liñas lle fixo en outubro de 2020 para 'Nós Diario' a Paula Domínguez 'Pauleta' (Redondela, 1997), que protagoniza esta nova conversa, un recordo vergoñento, pois de saber o nivel que chegaría a alcanzar a imparábel número '21' do Benfica endexamais estabelecería esa comparación, por deferencia co ex dianteiro da selección portuguesa. Síntoo, Pedro, mais esta é a era de Paula.