Oroso

A autoestrada AP-9 ao seu paso por Compostela. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Ferido grave o condutor dun camión cisterna que perdeu 5.000 litros de gasóleo na AP-9 ao seu paso por Oroso

O home tivo que ser trasladado en helicóptero a un centro hospitalario.
A banda de metalcore Cabodano (Foto: Cabodano).
CULTURA

VÍDEO | O metal máis "duro" tamén se canta en galego

O que está considerado como un dos tipo de metal máis "duro" pola intensidade do seu son, o metalcore, tamén se canta en galego. Cabodano é unha banda de Sigüeiro, no municipio de Oroso, na comarca de Ordes, que leva anos representando este estilo musical no idioma da Galiza, e este Nadal, quixeron agasallar ao seu público co tema 'A lombos dun corvo', un adianto do seu próximo disco que chegará co novo ano. Neste tema, a banda galega de metalcore fai referencia aos corvos, os soldados xaponeses de clase baixa que eran enviados á guerra nas primeiras décadas do século XX en pésimas condicións de vida. 
Escena do crime en Sigüeiro, Oroso (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Convocada para este domingo unha concentración en Vigo en repulsa do crime machista de Oroso

A concentración será ás 19 horas diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Minuto de silencio no Concello de Oroso.
SOCIAL

Minuto de silencio en Oroso en repulsa polo crime de violencia machista

O alcalde fixo unha invitación á "reflexión colectiva". "A promoción de igualdade entre homes e mulleres, a súa construción real e efectiva, corresponde a todos", apuntou.

Escena do crime en Sigüeiro, Oroso (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Confirmado como asasinato machista: O octoxenario de Sigüeiro matou a súa muller e despois suicidouse

Os cadáveres pertencen a un home de 88 anos e unha muller de 80. Tal e como informan diversas fontes, foi un familiar quen llos atopou na mañá desta sexta feira, xa falecidos, cando chegou á vivenda, situada na rúa Castaños, sen Sigüeiro, Oroso.
Epicentro do sismo esta quinta feira (Foto: IGN).
SOCIAL

Un terremoto con epicentro en Oroso faise notar en Compostela e O Pino

O tremor, de magnitude 3,3, puido sentirse mesmo na redacción de 'Nós Diario'.
Sede da Audiencia Provincial da Coruña. (Foto: Google)
Agora

Piden 20 anos para o acusado de asasinar a súa nai en Oroso e 12 anos polo incendio que provocou para dificultar a investigación

Fiscalía pide 20 anos de cárcere para o home acusado de asasinar a súa nai en Oroso (comarca de Ordes) en 2021 e 12 anos polo incendio posterior para tratar de dificultar a investigación. A sección primeira da Audiencia da Coruña xulgará este caso, que procede do xulgado de instrución número 2 de Ordes, os días 16, 17 e 19, a partir das 9.45 horas. O fiscal considera que os feitos son constitutivos do delito de asasinato, polo que solicita 20 anos de prisión, así como medida de liberdade vixiada por período de cinco anos despois do cumprimento cuxo contido se determinará en execución de sentenza conforme as previsións do artigo 106 do Código penal.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, no feche de campaña do PSOE, a sexta feira en Xetafe, Madrid. (Fotos: Ricardo Rubio / Europa Press)
POLÍTICA

Pedro Sánchez protagonizará hoxe a Festa Socialista da Galiza

O presidente do Goberno estatal viaxa a Oroso, onde estará rodeado de 2.500 militantes