Organización dos Estados Americanos

Jeanine Añez en 2020, durante a súa Presidencia de facto. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
INTERNACIONAL

Altos cargos militares admiten a participación no golpe de Estado en Bolivia contra Evo Morales

Morales foi derrocado nunha sublevación na que tamén participou o gobernador de Santa Cruz, Luis Fernando Camacho.
Bernardo Arévalo, candidato progresista na segunda volta das eleccións presidenciais en Guatemala. (Foto: Fernando Chuy / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Guatemala elixe presidente no medio da persecución legal ao candidato progresista

Este domingo decorre a segunda volta das eleccións presidenciais en Guatemala, coa incógnita posta non tanto no resultado, pois as sondaxes adiantan unha clara vitoria progresista, senón na reacción das elites, que usaron a Xustiza para tratar de evitala.
O presidente peruano, Pedro Castillo (centro), na toma de posesión como primeira ministra de Betssy Chávez (dereita) a pasada semana. (Foto: Consello de Ministros do Perú)
INTERNACIONAL

A OEA recoñece o "racismo" das elites do Perú e alerta dunha democracia "en risco"

A entidade reclama 100 días de "tregua política" aos principais actores após constatar a fráxil situación da institucionalidade do país nunha misión reclamada polo presidente Castillo para tratar de frear o que considera un golpe de Estado das elites do país. Aínda así, a oposición conservadora, que controla o lexislativo e a Xustiza e foi denunciada por racismo pola OEA, continúa tratando de acabar co mandato de Castillo.