onomástica

Detalle do monumento a Curros Enríquez na Coruña, por Francisco Asorei. (Foto: Nós Diario) #onomásticaquenacedaterra #onomástica #apelidos #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Arroxo, Arxóns, Asorei, Astrai, Axeitos, Baamonde e Baldomar

Desta volta son sete os topónimos que imos tratar, dando conta da súa localización e por que lugares se distribuíron como apelidos. A nivel documental traeremos un extracto dun pergameo transcrito por Xesús Ferro Couselo e publicado n’A vida e a fala dos devanceiros, referencias doutro que leva data de 1175 –vinculado co topónimo Asorei, en Vila de Cruces– e non poucos textos dos séculos XVI e XVII.
Illa de Arousa. (Foto: Héitor Picallo) #onomástica #apelidos #onomásticaquenacedaterra #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Arcai, Aríns, Arixón, Arnoia e Arousa

Con independencia dos datos que poidamos recoller sobre este puñado de apelidos e topónimos que a continuación analizaremos, non co rigor dos especialistas pero si co cariño á terra e ao idioma, traeremos canda si un dos feitos castelanizantes máis surrealistas que temos atopado. O apelido Arousa, con demasiada pomposidade aristocrática ou cando menos burguesa, floreceu en antropónimos que hoxe nada teñen que ver coa súa orixe. Distanciouse tanto do mar ou da ribeira que foi caer entres entre rosas de cen follas para nada ao estilo de Cabanillas e si do esperpento de Valle-Inclán.
Afonso IX O Sabio nunha ilustración do códice das Cantigas de Santa María. (Foto: Nós Diario) #osabio #cantigasdesantamaría #aonomásticaquenacedaterra #héitorpicallo #onomástica #apelidos
star
A Onomástica nacida da terra

Aguiar, Aldrei, Amboaxe, Ameixeira, Ameixeiras, Ameixenda, Ameixide e Araúxo

Aínda que son catro os topónimos vinculados coa árbore que nos agasalla con ameixas, ou sexa, a ameixeira, outros catro máis serán analizados nestas liñas. A documentación que adobía a etimoloxía foi extraída, sobre todo, dos arquivos Histórico Provincial de Ourense, o Histórico Universitario de Santiago, o da catedral da mesma urbe e o do Reino de Galiza. As datas que abarcan son do ano 922, co Tombo de Celanova (transcrito por J. M. Andrade Cernadas) a 1884, pasando por pergameos de 1123, varios baixomedievais e non poucos da Idade Moderna, onde a paleografía resulta un labirinto de enlaces e bucles.
Camiño ou Rúa da Raíña Lupa (O Pico Sagro). (Foto: Nós Diario) #picosacro #coleccionábel #apelidos #aonomásticaquenacedaterra #héitospicallo
star
A onomástica nacida da terra

Abade, Abades, Abeixón, Aboi, Ación e Agrafoxo

Para levar a cabo esta andaina polos lugares do noso país que deron nome ou apelido a moitas familias consideramos oportuno facelo por rigorosa orde alfabética. Os seis primeiros, de variada difusión, serán Abade (coa flexión de número Abades), Abeixón, Aboi, Ación e Agrafoxo. Traeremos até estas liñas referencias e extractos documentais de épocas ben diversas (de 1199 a 1861) que nos han servir para testemuñar quer a toponimia quer os apelidos que son obxecto de “estudo” nesta entrega. Complétase a mesma cunha entrevista a Iria Aboi, na que explica por que restituíu o seu primeiro paterno á forma lexítima.
Tui, a cidade onde Witiza instalou a súa corte. (Foto: Luís Miguel Bugallo)
star
Coleccionábel

Na restauración dos apelidos galegos: unha viaxe pola onomástica

Comenta o profesor Gonzalo Navaza, e comenta ben, que un dos precursores da lingüística románica moderna así como da filoloxía galega foi Frei Martiño Sarmiento. O sabio galego –oriúndo das Raposeiras, Cerdedo– rexistraba nos cadernos das súas viaxes por Galiza listaxes de topónimos, voces, curiosidades, observacións sobre vexetais, algúns dos cales en tempos actuais habían ser revisados e analizados polo citado profesor, sen dúbida unha das máximas referencias nestes eidos nos que –quizais con ousadía– nos aventuramos. E facémolo coa necesaria prudencia, pois non somos para nada especialistas nestas lides –máis si curiosos–, coas ganas necesarias –como cando se inicia un proxecto interesante– e cunha mochila ateigada de documentación e libros nos han ir orientado polos vieiros na onomástica galega. 
Letreiro da parroquía de Prada, A Veiga (pradaveiga.es)
CULTURA

Nós Diario afonda no mundo dos apelidos no seu novo coleccionábel

A obra constará de 31 fascículos que se publicarán de terza a sexta feira nos meses de setembro e outubro. Nela trataranse algo máis de 200 apelidos.

Unha nai pasea co seu bebé nun carriño (Foto: Europa Press).
SOCIAL

De María a Sofía e de Manuel a Mateo: así mudan as preferencias

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de dar a coñecer os nomes máis frecuentes para os bebés en 2020. Eis a listaxe dos dez nomes máis elixidos na Galiza.

Ana Boullón. Foto: Arxina
star
Entrevistas

Ana Boullón: "Na toponimia está escrita a nosa historia"

Ana Boullón Agrelo foi escollida como académica de número da Real Academia Galega (RAG) o pasado decembro. Académica correspondente desde 2012 –aínda que a súa colaboración coa institución se remonta á década de 1990– preside a Asociación Galega de Onomástica. Boullón é profesora do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, adscrita ao Instituto da Lingua Galega, investigadora de referencia no campo da antroponimia galega, unha das súas liñas de investigación principais xunto á toponimia, a edición de textos e a lexicografía. Conversamos con ela sobre un tema, a onomástica, non sempre ben entendido pola sociedade. 
fotonoticia_20191030141300_1920
ONOMÁSTICA

Aumentan as Antías, Uxías, os Brais e os Antóns

Que nomes elixen as galegas e galegos para lles poñer as súas crianzas? Sofía e Mateo. Estes son os dous nomes máis repetidos ao longo de 2018. As formas só galegas aumentan a respecto do ano anterior.

Tribulações de um reintegracionista para modificar seu apelido

2016073103272124313
OS HIPOCORÍSTICOS EN GALIZA

Un país de Pininis e Pilochas

Que teñen en común Arsenio Fernández de Mesa, Corina Porro e Pilar Rojo, ademais do obvio? Que son coñecidos nos seus entornos máis achegados como Cuco, Perli e Pinini, uns hipocorísticos que á maior parte da poboación (os Susos, as Carmiñas e as Pilochas) lle resultan risibles. E cales son os que usamos os e as demais?

Na contorna do Monte do Boi, Baiona. Escultura de Maxín Picallo (Foto: Héitor Picallo).
star
A onomástica nacida da terra

Cereixo, Cereixa, Coia, Comoxo, (da) Costa, Costas e Costoia

Todos os apelidos tratados nesta entrega seguen vivos na sociedade galega agás o denominado Cereixa, presente aínda na Época Moderna. Entre os textos históricos que achegamos, recordaremos un vinculado coa mítica María Castaña, señora do couto da Cereixa, segundo se recolle nun pergameo de 1348. Porén, tamén haberá referencias documentais anteriores –de 1261 e 1291– e outras que chegan a tempos ben recentes, concretamente a 1865.