Onomástica nacida da terra

Atados de documentos. (Foto: Damián Porto) #onomástica #apelidos #onomásticanacidadaterra #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Figueiroa, Filloi, (da) Fonte, Fontes, Forxán, Forxáns, Freán e Froxán

Desta volta traemos varios apuntamentos sobre topónimos e apelidos como Figueira, Filloi, Fontes, Froxán... Publicamos, ademais, a entrevista que lle puidemos realizar a María Xesús Froxán Parga, profesora na Universidade Autónoma de Madrid, doutora en psicoloxía e autora dun bo número de obras que tratan sobre a conduta humana, a depresión e outros temas. Os documentos aquí citados van do ano 927 a varios do século XVI, entre eles, un bo número de finais da plena Idade Media.
O mar do Morrazo, por onde se estenden os apelidos Ermelo, Ferradáns e Ferradás. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Ermelo, Ermida, Ermo, Faxil, Falxilde, Faxín, Ferradás e Ferradáns

Polo mar do Morrazo aboian apelidos como Ermelo, Ferradáns e Ferradás, tratados nestas liñas xunto con Ermida, Ermo, Faxil, Faxilde e Faxín. As tintas nas que se mergulla esta onomástica levan datas que van do ano 879 a 1622; de maneira que textos da catedral de Santiago, outros do AHN e do AHUS son tidos en conta para navegar por estes mares de historia e lingua.
En Celanova, por onde se difunde o apelido Couxil. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Couxil, (da) Cova, Covas, Cruxeiras, Currás, Currais, Curral, Dovao e Eixo

Achegamos nesta entrega, para documentar os apelidos tratados, algunha referencia documental do século XIII (1243 e 1260), aínda que tamén as haberá das tres seguintes centurias. Aperturas entre as pedras (Covas), lugares onde habitan as curuxas (Cruxeiras), recintos onde se garda o carro (Currais), zonas pola que se cruza un curso fluvial (Vaos)... son varios dos significados que explican a onomástica abordada nesta edición.
Viveiro, concello polo que se estende o apelido Casavella (Foto: Héitor Picallo).
star
A onomástica nacida da terra

Cabaleira, Cabaleiro, Carmoega, Casavella, Caxaraville e Caxide

Entre os documentos que se facilitan nesta edición figuran varios certamente curiosos, pois ademais de tratar casos da vida cotiá tamén se certifican dotes de casamento, episodios de violencia de xénero e incluso anulacións de supostos acordos matrimoniais, algúns con advertencias de levar a cabo procedementos xudiciais. Ana Cabaleiro, Miro Casabella, María e Héctor Cajaraville son varias das persoas do eido da cultura que usan os apelidos traídos até estas liñas.
apelidos
star
A onomástica nacida da terra

Braxe, Brei, Buio, Bustabade e Buxán

Varios textos do século XIII documentan algúns dos apelidos que tratamos nesta edición. Así, faremos referencia tanto a pergameos de 1209 e 1219 como a outros. Porén, desta volta, os textos levarannos incluso ao século XVIII. Paralelamente, lembraremos nestas liñas os escritores Fermín e Gonzalo Bouza-Brei, a Lino Braxe, a actriz Blanca Braxe Cendán, a bibliotecaria María Brei Mariño e a tradutora Patricia Buxán; e non faltará espazo para citar a Máximo Sar –o xuíz de Caldas de Reis que lanzara as súas primeiras colaboracións xornalísticas en La Noche: único diario de la tarde en Galicia– e o escritor do Deza César Gómez Buxán, vinculado á investigacións sobre o patrimonio dos pazos galegos.
Antiga fábrica de curtidos en Allariz. (Foto: Héitor Picallo) #héitorpicallo #onomástica #apelidos #onomásticaquenacedaterra #allariz
star
LINGUA

Biqueira, Bocixa, Borrallo, Borraxeiros e Borraxo

Alén de entrevistarmos a Xosé Bocixa Rei, vocalista do coñecido grupo de rock Zënzar, nesta entrega abordaremos cinco apelidos: Biqueira, Borrallo, Borraxeiros, Borraxo e o propio que usa aquel artista. A documentación consultada consérvase nos arquivos da catedral de Santiago, no Histórico Diocesano da mesma urbe, no Provincial de Ourense e na Fundación Penzol, abarcando datas que van do ano 1362 a 1579.
Busto de Frei Martiño Sarmiento por Felipe de Castro (Museo de Pontevedra). (Foto: Nós Diario)
star
A onomástica nacida da terra

Apelidos: Barxa, Bascoi, Belai, Bereixo, Breixo, Biéitez e Bieito

Mergullados de cheo nos topónimos e apelidos que comezan coa letra B, traemos até estes parágrafos varios que teñen orixe antroponímica (Belai, Bereixo, Breixo, Biéitez, Bieito e quizais Bascoi) e outro cunha etimoloxía vinculada coa auga e os terreos cultivábeis (Barxa). A documentación achegada para exemplificar esta onomástica oscila entre os anos 1238 e 1616, e o periplo toponímico discorre desde A Gudiña até Ordes e desde A Pobra do Brollón até Portas.
Detalle do monumento a Curros Enríquez na Coruña, por Francisco Asorei. (Foto: Nós Diario) #onomásticaquenacedaterra #onomástica #apelidos #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Arroxo, Arxóns, Asorei, Astrai, Axeitos, Baamonde e Baldomar

Desta volta son sete os topónimos que imos tratar, dando conta da súa localización e por que lugares se distribuíron como apelidos. A nivel documental traeremos un extracto dun pergameo transcrito por Xesús Ferro Couselo e publicado n’A vida e a fala dos devanceiros, referencias doutro que leva data de 1175 –vinculado co topónimo Asorei, en Vila de Cruces– e non poucos textos dos séculos XVI e XVII.
Illa de Arousa. (Foto: Héitor Picallo) #onomástica #apelidos #onomásticaquenacedaterra #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Arcai, Aríns, Arixón, Arnoia e Arousa

Con independencia dos datos que poidamos recoller sobre este puñado de apelidos e topónimos que a continuación analizaremos, non co rigor dos especialistas pero si co cariño á terra e ao idioma, traeremos canda si un dos feitos castelanizantes máis surrealistas que temos atopado. O apelido Arousa, con demasiada pomposidade aristocrática ou cando menos burguesa, floreceu en antropónimos que hoxe nada teñen que ver coa súa orixe. Distanciouse tanto do mar ou da ribeira que foi caer entres entre rosas de cen follas para nada ao estilo de Cabanillas e si do esperpento de Valle-Inclán.
Afonso IX O Sabio nunha ilustración do códice das Cantigas de Santa María. (Foto: Nós Diario) #osabio #cantigasdesantamaría #aonomásticaquenacedaterra #héitorpicallo #onomástica #apelidos
star
A Onomástica nacida da terra

Aguiar, Aldrei, Amboaxe, Ameixeira, Ameixeiras, Ameixenda, Ameixide e Araúxo

Aínda que son catro os topónimos vinculados coa árbore que nos agasalla con ameixas, ou sexa, a ameixeira, outros catro máis serán analizados nestas liñas. A documentación que adobía a etimoloxía foi extraída, sobre todo, dos arquivos Histórico Provincial de Ourense, o Histórico Universitario de Santiago, o da catedral da mesma urbe e o do Reino de Galiza. As datas que abarcan son do ano 922, co Tombo de Celanova (transcrito por J. M. Andrade Cernadas) a 1884, pasando por pergameos de 1123, varios baixomedievais e non poucos da Idade Moderna, onde a paleografía resulta un labirinto de enlaces e bucles.
Camiño ou Rúa da Raíña Lupa (O Pico Sagro). (Foto: Nós Diario) #picosacro #coleccionábel #apelidos #aonomásticaquenacedaterra #héitospicallo
star
A onomástica nacida da terra

Abade, Abades, Abeixón, Aboi, Ación e Agrafoxo

Para levar a cabo esta andaina polos lugares do noso país que deron nome ou apelido a moitas familias consideramos oportuno facelo por rigorosa orde alfabética. Os seis primeiros, de variada difusión, serán Abade (coa flexión de número Abades), Abeixón, Aboi, Ación e Agrafoxo. Traeremos até estas liñas referencias e extractos documentais de épocas ben diversas (de 1199 a 1861) que nos han servir para testemuñar quer a toponimia quer os apelidos que son obxecto de “estudo” nesta entrega. Complétase a mesma cunha entrevista a Iria Aboi, na que explica por que restituíu o seu primeiro paterno á forma lexítima.
Héitor Picallo achegará as lectoras e lectores de ‘Nós Diario’ á onomástica a partir do 7 de setembro. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Héitor Picallo: "As administracións deberían promover a recuperación dos apelidos"

Héitor Picallo (Cuntis 1974) é persoa ben coñecida para as leitoras e leitores de Nós Diario, pois elaborou para este medio o coleccionábel Galiza nas páxinas de Europa. Agora, desde a próxima terza feira, estará connosco para nos falar da Onomástica nacida da terra.
Na contorna do Monte do Boi, Baiona. Escultura de Maxín Picallo (Foto: Héitor Picallo).
star
A onomástica nacida da terra

Cereixo, Cereixa, Coia, Comoxo, (da) Costa, Costas e Costoia

Todos os apelidos tratados nesta entrega seguen vivos na sociedade galega agás o denominado Cereixa, presente aínda na Época Moderna. Entre os textos históricos que achegamos, recordaremos un vinculado coa mítica María Castaña, señora do couto da Cereixa, segundo se recolle nun pergameo de 1348. Porén, tamén haberá referencias documentais anteriores –de 1261 e 1291– e outras que chegan a tempos ben recentes, concretamente a 1865.