O número de persoas que traballaron na Galiza no primeiro trimestre de 2023 descendeu en 800 con respecto aos últimos tres meses do ano anterior. Por outra parte, o desemprego no país aumentou 2,8% durante o mesmo período. A taxa de ocupación da Galiza descendeu o dobre que no conxunto do Estado español entre os meses de xaneiro e marzo de 2023.
Mohamed Safa viviu a ocupación israelita sobre Palestina desde 1967 até que saíu da súa terra, en 1976. O escritor e activista vive actualmente en Cee, onde exerce como oftalmólogo. Nós Diario conversa con Safa sobre a situación en Palestina, cuestión que analizará este 10 de maio (20 horas) en Santiago nunha palestra na Fundación Araguaney organizada pola Fundación Galiza Sempre.
O teatro levou a María Casares a coñecer Mario Camus, co cal entrou en contacto coa Resistencia e mantivo unha estreita relación persoal e sentimental. O seu debut no cinema foi con Les enfants du paradis, un auténtico milagre cinematográfico rodado en plena ocupación nazi
O sector destaca que non hai cancelacións malia o empeoramento da pandemia e garante que é "seguro" para que as visitas poidan chegar a Galiza durante a ponte. A media de habitacións ocupadas nos hoteis está entre o 80 e o 85%, mentres é algo máis baixa no turismo rural.
O fiscal superior da Galiza, Fernando Suanzes, ve "inasumíbeis" os casos de violencia contra as mulleres e avirte de que "non abonda" con medidas de protección. Así o dixo na presentación da memoria de 2020 da Fiscalía, ao tempo que remarcou que estatisticamente a ocupación de vivendas non é preocupante no país.
Desde esta sexta feira, o público xa non ten que permanecer sentado en cinemas, teatros, auditorios e espazos similares para poder maximizar esta capacidade.