océanos

A senadora do BNG, Carme da Silva (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG urxe ao Estado executar obras de reforma e mellora no Instituto de Oceanografía de Vigo

Carme da Silva lembra que "a deterioración e o mal estado das dependencias" do IEO é "motivo de preocupación desde hai moito tempo".
Rúas de Andoain, en Euskadi, inundadas o 27 de febreiro. (Foto: Unanue / Europa Press)
INTERNACIONAL

Febreiro, o noveno mes consecutivo que racha o récord de temperatura

Os océanos -agás os polares- fixaron unha nova marca de calidez.
Bombeiros de Chile tratando de controlar as lapas a pasada fin de semana na vaga de lumes que sufriu o país americano. (Foto: Xinhua / Europa Press / Contacto)
star
Cambio climático

1,5ºC durante 12 meses: o clima dá unha "advertencia á humanidade"

En paralelo aos limitados avances na loita contra o quecemento global a alza das temperaturas segue a romper marcas, nesta ocasión detectouse a máis alta na superficie do océano, acaba de rematar o xaneiro máis cálido rexistrado no planeta e ao longo dun ano a temperatura estivo 1,5ºC enriba dos niveis preindustriais.
O Iceberg A-23A (Foto: Roscosmos).
SOCIAL

Este é A-23A, o iceberg máis grande do mundo que se encontra á deriva

O iceberg, cuxa superficie é de case 4.000 quilómetros cadrados, formou parte da barreira de xeo Filchner-Ronne. En 1986 desprendeuse dos glaciares antárticos e quedou varado por máis de tres décadas, en gran medida porque a súa base quedou atascada no fondo do mar de Weddell.
Protesta a quinta feira en Tokio. (Foto: Yang Guang / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

As autoridades do Xapón iniciaron a descarga de auga de Fukushima

A China veta as importacións do mar xaponesas con posterioridade ao comezo da vertedura no océano da auga contaminada da central de Fukushima.
A central nuclear de Fukushima (Foto: Europa Press / Contacto / Zhang Xiaoyu).
INTERNACIONAL

O Goberno xaponés comeza a verter ao océano a auga de Fukushima

Espérase que a primeira liberación de 7.800 toneladas de auga tratada dure ao redor duns 17 días.
Fumio Kishida, a terza feira. (Foto: Rodrigo Reyes Marin / Zuma Press W / DPA)
INTERNACIONAL

O Xapón comeza a descarga ao Pacífico da auga contaminada de Fukushima a quinta feira

Protestas por parte da China, mariñeiros e ecoloxistas ante a decisión do Executivo nipón.
Fogo forestal en Chipre. (Foto: Kostas Pikoulas / Zuma Press Wire / DPA)
INTERNACIONAL

Xullo foi o mes máis cálido a nivel mundial desde que hai rexistros

Bátense as marcas de temperatura tanto no ar como no océano, chegando a superar a temperatura ambiente os 1,5ºC de diferenza coa era preindustrial que os Estados do mundo puxeran como límite de quecemento.
oceano nature verde
SOCIAL

O cambio climático está mudando a verde a cor dos océanos

Un estudo da revista “Nature” sinala que nos últimos 20 anos máis da metade dos océanos pasaron de tons azuis a máis verdes.

Candorcas

Traballadores descargan atún na lonxa de Burela (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Bruxelas defenderá o recorte das capturas de atún no océano Índico

A Comisión Europea advirte da situación dos bancos de túnidos no océano Índico.
Fenda na plataforma de xeo Larsen, na costa oriental antártica, antes do nacemento dun iceberg xigante en 2022. (Foto: BAS / Rosey Grant)
star
INTERNACIONAL

O desxeo acelerado da Antártida afectará durante séculos os océanos do planeta

Unha investigación científica revela o potencial catastrófico dos efectos do quecemento global na Antártida, que se engade á última advertencia dos expertos da ONU, que sosteñen que o que se faga contra o cambio climático até 2030 "notarase durante miles de anos".
Faro de cabo Home, ao fondo o monte do Facho de Donón, na Costa da Vela (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A USC realiza unha enquisa para avaliar a saúde do océano na Galiza

Nesta investigación da universidade compostelá participaron persoas expertas en bioloxía, economía, ciencias mariñas, xestión de pescarías, equidade e gobernanza.
Orixinal de Luís Seoane (Foto: Nós Diario).
star
Deseño

Océano-gráfico Seoane

Oocéano non me cabe nesta páxina, imposíbel. Mesmo así quero apañar unhas pingas e traer o recendo do mar de Seoane, que é o mar do Orzán, pero tamén o mar Dulce. 
image0 (1)
Conversamos coa investigadora da Universidade de Vigo sobre a súa tese

María Lorenzo: "Detectamos dobre invisibilidade, os océanos e as mulleres"

María Lorenzo é investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na Universidade de Vigo e, a finais de 2019, presentou a súa tese Educación, sustentabilidade e xénero. Un traballo no que leva a cabo unha análise crítica dos currículos de Primaria e Infantil e no que destapa ameazas como a acidificación oceánica ou a invisibilidade dos traballos femininos no mar.
gaivota
INTERNACIONAL

Un océano de plástico no fondo do océano

Arredor de oito millóns de toneladas de plástico acaban no océano anualmente. A comunidade científica calcula que en 20 anos nos mares do mundo haberá menos peixes que plástico. Mais o que abrolla á superficie tan só representa 1% do total: o restante xa é unha partícula de sedimento máis.
foto_TemaPrimeira
LINGUA

O galego afoga no océano Google

A navegación pola web estase a tornar máis e máis complexa para as embarcacións de menor tamaño en competencia con transatlánticos como o inglés. Alén diso, está o xigante tecnolóxico estadounidense a soprar vento de proa cara a nosa lingua? Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza, xa dispoñíbel na loxa.