Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Desde a Plataforma Mina Touro O Pino Non, após reunirse co tres sindicatos, recalcan o seu rexeitamento "transversal" ao proxecto
Ecoloxistas en Acción presenta no xulgado unha denuncia contra as Administracións local e galega por posíbel comisión dos delitos de prevaricación continuada, delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente e delitos contra a Saúde pública por consentir as emanacións tóxicas da empresa Tratamiento Ecológicos del Noroeste pese ás múltiples denuncias da veciñanza da zona.
Unha delegación formada por representantes da Plataforma Mina Touro-O Pino Non, a Plataforma contra a Minaría na Terra Chá (ambas parte da rede Contraminacción) e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa aterraron esta segunda feira en Bruxelas. Esta terza serán recibidos pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, ante a que reclamarán o envío dunha comisión investigadora para inspeccionar o estado do proxecto mineiro de Touro e dar conta da actuación da Administración galega e da empresa promotora, Explotaciones Gallegas S.L.
Vinte e catro meses en pé leva a veciñanza de O Pino e Touro contra o proxecto mineiro de extracción de cobre anunciado en 25 de agosto de 2017 no Diario Oficial da Galiza. Desde entón puxéronse en marcha diversas accións en defensa do medio e da poboación, desde manifestacións e roteiros reivindicativos a iniciativas parlamentares, recollidas de sinaturas, elaboración de informes e estudos e apresentación de denuncias.
Novo desbordamento na balsa de Bama da antiga mina de Touro malia un ano de reiteradas denuncias por parte da Plataforma Mina Touro O Pino Non e de, cando menos, dúas multas. A entidade advirte de que a balsa verteu cara a un afluente do río Ulla após desbordar.
“Feixóo, escoita, o pobo está en loita” ou “Esta mina ímola parar” foron algúns dos lemas que saíron da gorxa dos varios milleiros de persoas -60 mil, segundo a organización- que no mediodía do domingo, 10 de xuño, colapsaron as rúas compostelás e encheron a Praza do Obradoiro contra a mina de Touro-O Pino.
Cunha pintada de “Mina Si” amencía o local comercial dun integrante da plataforma Mina Touro-O Pino Non, a tan só dous días da mobilización que ten convocada o colectivo para este domingo en Compostela.