star
ECONOMÍA
Radiografía dos furanchos, unha tradición que esta sexta feira inicia tempada
30/nov./23
A idade avanzada de moitas das persoas que manteñen os furanchos e a falta de expectativas cara ao futuro das novas xeracións reduciron o número destes locais nos últimos anos. A partir desta sexta feira comeza unha nova tempada para que estes lugares vendan o excedente do viño de particulares.