O Carballiño

Alfonso Rueda, Lino González e Manuel Baltar. (Foto: Nós Diario)
28-M

Alfonso Rueda e Manuel Baltar volven compartir campaña unha xornada máis

"Non te coñecía, pero, como diría Feixoo, 'aquí hai un home interesante'", trasladou Alfonso Rueda, en referencia ao candidato popular desta vila, Lino González.
Poboación en cada concello (datos do IGE de xaneiro).
28-M

Ourense, O Carballiño e O Ribeiro: o interior que move un país

As comarcas de Ourense, O Carballiño e O Ribeiro comprenden 31 concellos con máis de 184.000 habitantes. 143.187 viven nos 12 concellos da comarca de Ourense, 26.222 nos nove da do Carballiño e 15.544 residen nos 10 municipios da comarca do Ribeiro. O sector agroalimentario (nomeadamente o vitivinícola), a industria auxiliar, o téxtil e a construción concentran, xunto cos servizos, a actividade industrial desta área. Ourense está ademais a desenvolver un turismo termal que xa deixa a súa pegada nas cifras económicas.
O futbolista Álvaro Ratón. (Foto: Proneo Sports)
SOCIAL

Álvaro Ratón, porteiro do Zaragoza, volverá ser xulgado por unha agresión sexual no Carballiño

Os feitos aconteceron na noite de San Xoán de 2018.
Margarita Ledo recitando onte en Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
CULTURA

Diversos actos conmemoran o Día da Poesía en todo o país

Santiago de Compostela acolleu o festival 'Alguén que respira!'.
Ana Pontón presentou esta quinta feira a Rubén Arroxo como candidato nacionalista á Alcaldía de Lugo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón pon en valor o "modelo municipal BNG" de cara ao 28-M

A portavoz pon o nacionalismo como garante de "avance".
Igrexa de Santo Estevo do Cangués, no Irixo, unha das que estaban baixo responsabilidade do sacerdote denunciado. (Foto: José Antonio Gil)
Xustiza

O cura acusado de violación polas súas sobriñas xa fora denunciado en 2019 e exercera como capelán dun colexio concertado

Os abusos denunciados entón por unha das vítimas xa prescribiran e a Igrexa permitiulle retomar o sacerdocio, trasladándoo de Allariz ao Carballiño.
Celebración do Día da Poesía de 2022. (Foto: Deputación de Ourense)
CULTURA

A Insua dos Poetas celebra o Día da Poesía con diferentes actividades

O 21 de marzo están previstos eventos co alumnado do Carballiño como un recital de poemas de Rosalía, Curros ou Pondal.
Sede do Bispado de Ourense. (Foto: Google)
Xustiza

Decretan medidas de protección para as sobriñas dun cura do Carballiño que o denunciaron por violación

O Bispado de Ourense decidiu apartalo dos seus labores mentres se investigan os feitos.
Lino García e Manuel Baltar esta sexta feira (Foto: Alberte Paz).
POLÍTICA

Un ex asesor de Pachi Vázquez encabezará a lista nas municipais do PP no Carballiño

A dirección do PP deu a coñecer esta sexta feira a elección de Lino González (París, 1971) como candidato á Alcaldía do Carballiño.
Representantes da CIG accederan á Casa do Concello de Carballiño para denunciar as condicións do persoal da residencia. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A Xustiza declara improcedente o despedimento dunha traballadora do asilo do Carballiño e a CIG exixe a readmisión

Cando as traballadoras comezaron a sindicarse, empezaron os despedimentos, denuncian desde a central sindical.

Manifestación, esta segunda feira, no Carballiño. (Foto: CIG)
TRABALLO

O sector do metal mobilízase no Carballiño e prosegue a folga indefinida

O Goberno ourensán quere mediar no conflito para achar unha "solución satisfactoria".
Un dos detidos na operación pasa a disposición xudicial (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A xuíza decreta a entrada a prisión de tres dos cinco detidos na operación contra o comercio ilegal de arte sacro

A investigación está a ser dirixida polo Xulgado carballiñés, onde esta sexta feira pasaron a disposición xudicial cinco detidos, entre eles un apresado no Carballiño, considerado como o principal sospeitoso e detonante do caso.
Barafunda levará o seu espectáculo polas rúas do Carballiño.
Axenda

Remata o Festival de Teatro Galego no Carballiño

Barafunda, Cou. media e Producións Dispersas sreán os grandes protagonistas da xornada de peche do Festival de Teatro Galego
Fran Campos é o protagonista en 'Mestre ma non troppo'.
Axenda

Teatro no Carballiño: "Mestre ma non troppo" de Bandullo Azul

"Mestre ma non troppo" será unha das obras protagonistas da xornada do Festival de Teatro Galego
Diego Anido leva a Carballo o seu espectáculo 'O deus do pop'.
Axenda

Teatro no Carballiño: "O Deus do Pop" de Diego Anido

A obra de teatro englóbase dentro do Festival de Teatro Galego do Carballiño
Roi Casal actúa no Auditorio Municipal do Carballiño.
Axenda

Concerto no Carballiño: "Son galego, son cubano" de Roi Casal

A cita musical con Roi Casal terá lugar no Auditorio Municipal do Carballiño a partir das 21.00 horas
Edificio da Residencia Hermanos Prieto no Carballiño. (Foto: Fundación Hermanos Prieto)
SOCIAL

A Xunta recoñece irregularidades nunha residencia de maiores do Carballiño

"Calquera degradación das condicións laborais repercute na prestación do servizo", alerta a CIG, e sinala que obrigar a persoal non cualificado a medicar, ou atender a pacientes con mobilidade moi reducida, multiplica as posibilidades de causar danos ao usuario no caso dun equívoco.
Escola Galega de Teatro Musical
Axenda

Escola Galega de Teatro Musical: Mario e Manolo

A localidade do Carballiño acolle hoxe a última xornada do Festival de Títeres cunha actuación a cargo da Escola Galega de Teatro Musical (EGTM), un centro punteiro na formación de novas actrices e actores
Animar-t Teatro
Axenda

Animar-t Teatro: De cando un paxariño me espertaba tódalas mañás do confinamento

O festival de monicreques do Carballiño finaliza hoxe coa compañía Animar-t Teatro e a súa obra.
#polbo #carballiño #ocarballiño #festadopolbo #polboáfeira (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Por que a do Carballiño non é a Festa do Polbo xenuína?

O Carballiño celebrou este domingo a xornada principal dunha festa con máis de 60 anos de tradición. Segundo datos do Goberno municipal máis de 100.000 persoas consumiron case os mesmos quilos de polbo: 80.000. Mais... por que a do Carballiño non é a Festa do Polbo xenuína?