novela

Detalle do libro.
star
Libros

A literatura galega en clave de humor

Reseña de 'A gran novela galega', de César Cequeliños.
Nati Rei descubriu a súa afección pola escrita en obradoiros creativos. (Foto: Cedida)
Contracultura

Nati Rei: "Esta novela é unha mestura da miña formación en antropoloxía coa miña afección pola fantasía"

Nati Rei é unha apaixonada da mitoloxía e da antropoloxía galegas, intereses reflectidos na súa primeira novela, 'A estirpe do arcanxo' (Aira), enmarcada dentro da fantasía cotiá e dirixida a un público xuvenil. Rei aborda os lugares e historias que espertaron nela o interese pola escrita así como algunhas das chaves que poden interesar ás persoas que queiran achegarse a esta aventura: "Gustábame a idea de mesturar a nosa mitoloxía coa temática dos anxos e demos, os anxos caídos".

Dúas novelas

Este domingo celébrase o Día Internacional do Libro. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Día do libro: estas son as dez mellores obras publicadas na última década, a ollos da crítica galega

Ramón Nicolás, Armando Requeixo, Mario Regueira, Isaac Lourido, Inma Otero e Tensi Xesteira presentan os seus ránkings particulares no número do semanario 'Sermos Galiza' que ao longo desta fin de semana atoparás nos quiosques do país. Estas son as súas respectivas escolmas.
A escritora Bibiana Candia (Foto: Dani Blanco).
star
Libros

As palabras da desgraza

Unha novela desapercibida

'Os tardeiros'

Arantza Portabales volve cunha nova historia tras o éxito de 'Beleza vermella' e 'A vida secreta de Úrsula Bas'. (Foto: Rubén García).
Contracultura

Arantza Portabales: "Nas miñas novelas non só hai crimes, emprégoas para falar dos temas que me interesan"

Arantza Portabales, escritora, vén de publicar a súa terceira novela protagonizada polos inspectores Santiago Abad e Ana Barroso, O home que matou a Antía Morgade (Galaxia). Portabales somérxese na realidade das persoas que medran en vivendas tuteladas, xa que, como ela defende, “é unha forma de pór enriba da mesa a desprotección 
e a vulnerabilidade”. 
Lois Diéguez, retratado nos Xardíns de Méndez Núñez 
da Coruña (Foto: Xan Carballa).
star
Entrevistas

Lois Diéguez, ollar ao ser galego

Di Lois Diéguez que a súa obra literaria ten en común a investigación sobre o que é ser galego. Na súa última novela, As voces amadas (Galaxia), que el mesmo define como un compendio das anteriores, as personaxes son máis libres, máis conscientes, máis maduras. Aínda que anden perdidas nos abouros do capitalismo. Nas dinámicas da robotización social. De fondo paira tamén, como noutros libros seus, a morte. Aínda que haxa máis reivindicación da vida, do amor, dos vínculos sociais. E quizais máis esperanza do que o propio autor considera. 
Manuel Esteban recibira o Premio Xerais coa novela 'A ira dos mansos' (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Manuel Esteban: "Quixen plasmar o transo fermoso, misterioso e por veces doloroso da infancia á adolescencia"

Manuel Esteban, médico e escritor, vén de publicar 'Setestrelo' (Xerais), unha novela infantil-xuvenil de ciencia ficción espacial. Esteban aborda a construción desta historia na que reflexiona sobre o paso entre a infancia e a vida adulta desde a perspectiva dun neno, xa que, como el di, "as crianzas levan os petos cheos de preguntas".
Arantza Portabales recibe o premio de novela traducida ao galego (Foto: Editorial Galaxia).
CULTURA

Arantza Portabales recibe o Premio de novela europea traducida na sección de lingua galega

O Casino de Santiago de Compostela fixo entrega do Premio novela europea traducida a outra lingua, a Arantza Portabales, na modalidade de lingua galega, e a Almudena Grandes, a título póstumo, na modalidade doutra lingua oficial do Estado español.
A Biblioteca Municipal do concello de Verín (Foto: Google).
CULTURA

A V edición das Xornadas de Novela Negra chega a Verín

Múltiples conferencias e debates literarios até o sábado. 
Arantza Portabales recibe o premio de novela traducida ao galego (Foto: Editorial Galaxia).
CULTURA

'Paraugas literarios' para promover o premio de novela traducida

Arantza Portabales será homenaxeada en Compostela.
Manuel Rivas. (Foto: Arxina)
CULTURA

'The New York Times' nomea unha novela de Manuel Rivas entre as 100 mellores de 2022

Nunha reportaxe publicada polo 'New York Times', a edición en ingles de 'O último día de Terranova' aparece xunto a outros 99 títulos que abarcan temas como a resistencia feminista ou os imperios da Idade Antiga.
Adrián Noia. (Foto: Nós Diario)
star
'O país dos raposos', de Adrián Noia

Outra volta á distopía

Adrián Noia asina unha opera prima máis que digna, por máis que, de certo, haberá quen note renxer o pacto ficcional e o seu aspecto de fábula política non estea sempre optimamente dirixido
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. (Foto: Nós Diario)
Galaxia reedita 'A Cidade dos Césares'

Víctor Freixanes: "Todas as miñas novelas son froito dunha reflexión sobre o país"

Galaxia vén de reeditar A Cidade dos Césares, a novela de Víctor Freixanes que relatou a epopea das familias galegas que foron poboar a Patagonia no século XVIII. Historia, mito e literatura únense para desvelar un capítulo pouco coñecido do pasado e para crear unha das grandes novelas históricas da literatura galega.
Adrián Noia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Adrián Noia: "A lectura e a escritura son dous hábitos constantes na miña vida"

Adrián Noia, estudante de Filoloxía na USC e escritor novel, publicou no mes de xullo a súa novela 'O país dos raposos', que recibiu o segundo galardón nos Premios Xuventude Crea 2021. Noia explica que se trata dunha novela distópica na que se abordan temas morais e de actualidade. Ademais, o autor tamén se refire ao seu inicio no mundo da literatura e opina sobre a relevancia dos certames literarios.
O escritor e profesor Ignacio Vidal Portabales, autor da obra galardoada 'As horas dunha illa remota'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Ignacio Vidal Portabales: "Escribo porque é algo que me acouga e o meu principal obxectivo ao facelo é divertirme"

Ignacio Vidal Portabales (Compostela, 1958), profesor de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela, aínda non hai dez anos que lanzaba a súa primeira novela, 'Dióxenes en Dolorida' (Xerais, 2013), tras ser distinguido co prestixioso Premio Blanco Amor. Desde entón vai acumulando narrativa e premios a un ritmo notábel e este ano abordaba tamén un xénero esixente como o infanto-xuvenil coa novela 'Sangue no dron' (Xerais, 2022). A semana pasada, o xurado do Manuel García Barros da Estrada anunciaba que a súa obra 'As horas dunha illa remota' resultara gañadora da edición deste ano. Unha nova novela que verá a luz con Galaxia en decembro.
A escritora e xornalista compostelá María Solar. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Solar: "Non penso como encaixar en xéneros ou públicos cando escribo unha historia"

María Solar (Compostela, 1970), escritora e xornalista nos medios públicos galegos, recibía hai uns días a noticia de que gañara o Premio Xerais 2022 coa novela 'A culpa', que vai ser editada en novembro. Trátase dun galardón que sumar a unha longa lista de recoñecementos que, tal e como nos conta, premian unha escrita que busca a fidelidade ao proxecto creativo máis aló de etiquetas.
Jorge Emilio Bóveda.
star
'Anoitece en Vulgaria', de Jorge Emilio Bóveda

As humanidades na distopía

A espectacularización da vida persoal, a dependencia de mecenas privados e os seus caprichos, ou o ambiente cainita que acompaña toda reunión de artistas son algunhas das cuestións coas que se atopa o protagonista e que permiten que Bóveda afine unha ollada que vai da ironía á unha dura aínda que sutil crítica social.