Nova York

O autor de 'Aldea Buxán', nun recuncho da Guarda, o seu municipio natal (Foto: Aguinaldo Fructuoso).
CULTURA

Francisco Álvarez, 'Koki': "Os centros galegos poderían facer de cadea que espallase a nosa lingua"

Francisco Álvarez 'Koki' (A Guarda, 1957), escritor e animador cultural, reside entre A Guarda e Nova York. Esta sexta feira presentará en Ponteareas (Auditorio Municipal, 20 horas) o seu último libro, Aldea Buxán, con relatos que trasladan a memoria dun lugar ficticio mais moi real. Nós Diario conversa co autor desta obra e da cultura galega nos Estados Unidos de América.