Nova Caixa Galicia

384 repor 1
star
Reportaxes

NCG #10: O Novo Cinema Galego en dez filmes

O Novo Cinema Galego está de aniversario. A etiqueta celebra unha década este ano, desde a inauguración naquel profético artigo de Martin Pawley un 2 de xaneiro de 2010. Agora, transformado, é tempo de facer valoración. Unha serie de expertas valoran para Nós Diario os dez filmes máis representativos do movemento.
Fernández Gayoso (Caixanova), Núñez Feixoo e Méndez (Caixa Galicia) nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A oposición exixe retomar a comisión de investigación das caixas de aforro

O auto da Audiencia Nacional que desmonta o argumento esgrimido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para xustificar a fusión das antigas caixas de aforro acende a oposición, que exixe a súa comparecencia inmediata e a reactivación da comisión de investigación no Parlamento galego.
Núñez Feixoo celebra en 2010 a fusión das caixas galegas coas súa directivas (Imaxe: Europa Press).
ECONOMÍA

A Audiencia Nacional cuestiona o papel da Xunta na fusión das caixas galegas

Responsabiliza Caixa Galicia da quebra de NCG e considera que Caixanova podería “vivir por si propia”.

O uso dos recursos públicos

ECONOMÍA

Dous exdirectivos de Novacaixagalicia teñen que devolver 10,4 millóns

Confirmouno o Tribunal Supremo. Conclúe que a conduta dos acusados consistiu en elaborar "uns contratos de alta dirección blindados para unha prexubilación" moi alta "en plena crise bancaria".

ECONOMÍA

Orde de entrada en prisión contra os 5 ex directivos de NCG polas prexubilacións multimillonarias

En setembro o Supremo confirmara a pena de 2 anos de prisión imposta pola Audiencia Nacional, mais considerara a condena exigua. Agora, a Audiencia Nacional española dicta unha orde de detención.Xustifica a decisión na gravidade dos feitos e en que os condenados non devolveron os cartos.

POLÍTICA

A xuízo a antiga cúpula de NCG polo cobro de millonarias indemnizacións

A Audiencia Nacional arranca a causa para determinar se existía “un plan preconcibido” dos directivos das caixas galegas, como apunta Anticorrupción, para mellorar os seus contratos antes da fusión das entidades. En total, os imputados cobraron 19 millóns de euros en prexubilacións. 

SOCIAL

Multa de 2 millóns de euros a NCG Banco por infraccións graves na venda de preferentes

A CNMV sancionou á entidade por catro “infraccións moi graves” na comercialización destes produtos entre 2008 e 2011. Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas. 

Gayoso, Feijóo e Varela
ECONOMÍA

CIG denunciará a cúpula de NCG por "estafa" en relación coas preferentes

A querela criminal será presentada na Audiencia Nacional española previsibelmente esta mesma semana e denuncia a dirección das extintas caixas de aforro por un suposto delito de "estafa", "publicidade enganosa" e "apropiación indebida" en relación coa fraude das preferentes. 

Sete verdades sobre a venda de NCG

A venda de NCG Banco ao Banco Etcheverría-Banesco garante a rede comercial, o mantemento do emprego, un novo operador bancario  que reduza os efectos do devandito  oligopolio  e, con moi alta probabilidade, unha entidade  de certa dimensión  con centro de decisión neste País.

Galiza

O persoal de NCG Banco mobilízase en defensa dos postos de traballo

Convocado por CIG, UGT e ASCA, o persoal de NCG Banco inicia unha serie de mobilizacións para a defensa dos postos de traballo, unha vez que o FROB non contempla o mantemento do emprego nas condicións da poxa pola entidade. 

NCG
ECONOMÍA

Imputan a máis conselleiros de Novacaixagalicia polas indemnizacións millonarias

Entre as persoas encausadas pola decisión do xuíz Ismael Moreno está Fernández Moreda, ex-presidente da Deputación da Coruña, informa La Voz. Xa son 9 os conselleiros e altos cargos das antigas caixas imputados. 

POLÍTICA

O BNG pide a De Guindos unha revisión da venda de NCG

A fronte nacionalista opúxose no Congreso ao o proxecto de Lei de Caixas de Aforros e Fundacións bancarias por centralizadora e prexudicial para a maioría social.

A pelota de NCG no tellado de Feijoo

As traxectorias das vellas Caixagalicia e Caixanova e do actual Novagaliciabanco foron un bo test para medir o comportamento dos mais relevantes representantes dos poderes económico e político.

preferentes coruña
BANCA

Condenan a NCG a devolver 104.000 euros a estafad@s das preferentes

Un xulgado da Coruña falla a favor de dous matrimonios e tamén obriga ao banco en proceso de venta a pagar as costas do proceso.

ECONOMÍA

NCG Banco obtén 47 millóns de euros de beneficio nos seis primeiros meses de ano

En menos de dous meses a entidade financeira, ‘saneada’ con centos de millóns de fondos públicos, será subastada polo estado español

Manifestación d@s afectad@s polas preferentes en Vigo
ECONOMÍA

As demandas contra NCG pola estafa das preferentes superan xa as 2.500

Dende a primeira condena en xullo de 2012, resolvéronse 275 casos, 181 de forma favorábel aos afectados. Dous milleiros de afectados manifestáronse unha vez máis este sábado nas rúas de Sanxenxo.

ECONOMÍA

O FROB culminará o proceso de privatización do aforro galego forzando a subasta de NCG

O ente público que participa as entidades nacionalizadas insiste en subastar a totalidade de NCG Banco este outono. A aposta do presidente galego, que apoiou a venta do 51% entidade galega a fondos de investimento estranxeiros, fica truncada.

ECONOMÍA

NCG banco inicia o proceso para vender a marca coa que opera alén Galiza, Asturies e León

A entidade contratou un banco de investimento para seleccionar e negociar compradores para EVO

ECONOMÍA

As perdas de NCG en 2012, perto de 8.000 millóns de euros, multiplican por 42 as do ano anterior

A entidade financeira pechou 2012 con números vermellos : 7.938 millóns de euros. En 2012, NCG pechou máis de 200 oficinas