Normalización Lingüística

O galego é a lingua propia e (co)oficial

O alumnado do CEP de Ventín, en Ames, que participa no proxecto 'Modo galego, actívao!', comezou a semana pasada o reto '21 
días co galego' .
star
Semana da prensa

Do voluntariado lingüístico á inmersión: propostas para prestixiar o galego

A conmemoración da semana da prensa no ensino continúa en 'Nós Diario' cunha nova entrega centrada na lingua galega. Nesta ocasión, o profesorado expón de que maneira se pode traballar a normalización do galego nas aulas máis alá dos contidos a impartir.
Manifestación decorrida o 17 de maio de 2022 con motivo do Día das Letras Galegas (Foto: Europa Press).
star
Análise

40 anos da Lei de Normalización Lingüística. Falamos dela ou non convén?

O catedrático de Filoloxía Galega da UVigo, Xosé-Henrique Costas, analiza para 'Nós Diario' a Lei de Normalización Lingüística.

Un pacto nacional polo galego

Fotograma do vídeo (CTNL).
LINGUA

A nova edición do LGx15 compila ideas e experiencias para o futuro da lingua

Todos os vídeos desta nova edición están xa dispoñíbeis na canle de YouTube da CTNL.
Rolda_04
LINGUA

Os fillos de Son Goku xa non falan galego

Catalán, éuscaro e galego fan fronte común en Madrid polo audiovisual.

Vinte anos

Nenos e nenas entrando nun colexio. (Foto: EP).
LINGUA

A perda da transmisión da lingua, a debate

Este 4 de novembro, na sede do Consello da Cultura Galega, a vixésimo terceira edición dos Encontros para a Normalización Lingüística abordarán a creba da transmisión interxeracional, que todos os  expertos e informes consideran un dos principais problemas que ameazan a pervivencia da lingua nun futuro inmediato.
Cambio ao galego da lápida do gaiteiro de Laroá, en Xinzo, marco da campaña de restauración (Foto: Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística).
LINGUA

'En galego, agora e sempre': a Galiza reclama a memoria lingüística dos seus mortos

A festividade de Defuntos devolve aos cemiterios unha actividade máis intensa da habitual. Son espazos de convivencia diarios que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística busca galeguizar desde hai case tres décadas. A memoria do país debe ser recoñecida no seu propio idioma, non nunha lingua allea.
Uxía Lambona e a Banda Molona nunha das actuacións máis multitudinarias dos Rechouchíos, antes da pandemia. (Foto: Aldán Santamarina)
CULTURA

Cinco anos de Rechouchíos en Moaña

O programa de lecer infantil do Concello de Moaña está a piques de facer cinco anos sendo un referente na comarca do Morrazo. Maxia, música, monicreques e máis percorren a vila ofrecendo actividades "de calidade e en galego" en todas as parroquias, chegando incluso a ter obra propia dos Bolechas.
Carreira pola lingua e pola normalización lingüística da mocidade e a infancia en Vigo nos anos 2018.
LINGUA

Tesoirada á promoción do galego: o orzamento cae dos 13 aos 10 millóns

Unha das partidas que se reducen no proxecto de orzamentos da Xunta da Galiza para 2022 é a dedicada á normalización lingüística. A promoción do galego recibe 3 millóns de euros menos que en 2021, ao pasar dos 13 aos 10.

Normalización lingüística non significa independencia

Xabier Pérez pertence a Agrupación Astronómica Io (A Coruña). (Foto: Nós Diario)
Xabier Pérez é divulgador

Xabier Pérez: “As canles e os portais de difusión en galego son moi potentes na normalización da lingua”

Xabi Pérez, ‘AstroXabi’ en Youtube, é un matemático e divulgador astronómico que grava vídeos para explicar conceptos básicos sobre astronomía, ao tempo que ensina ás súas seguidoras diferentes actividades relacionadas co traballo de campo que se desenvolve neste campo. Pérez comezou co seu proxecto en abril de forma casual e, aínda que nun primeiro momento lle custaba estar diante da cámara, agora non para.
Imaxe da CRTVG e do chío sobre o uso do galego. (Foto: Nós Diario) #lingua #galego #crtvg
LINGUA

"O contamos todo": A CRTVG volve bater co galego

A CRTVG recibe numerosas críticas a través de redes sociais como Twitter após facer unha promoción dun programa errando no uso da lingua do país. Unha usuaria recorda que o papel desta canle é a “difusión e impulso” do galego. Non é a primeira ocasión na que a radio ou a televisión galegas aparecen no medio do debate lingüístico.

Aviso

Máis do mesmo. Cara e cruz

Trazabilidade cultural

O Secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García (Foto: Xoán Crespo / Europa Press)
LINGUA

"A xente non fala a lingua que se marca nun decreto", considera Política Lingüística

Valentín García di que monolingües en galego só se atopan en zonas "moi rurais".
Lucía Varela xunto ao seu avó, un dos protagonistas do seu traballo de recuperación de palabras da zona (L.V.)
LINGUA

Lucía Varela: "O vocabulario dos nosos avós triplica o léxico que teñen na actualidade as persoas novas"

Desde a parroquia de Toldaos, en Pantón, Lucía Varela aposta por salvar do esquecemento as palabras que escoitou desde pequena. O ano pasado, coa pandemia, iniciou un proxecto de recuperación de léxico do seu municipio, que pasou de ser presencial a contar cun cuestionario en liña a través de Google. Varela parte dos seus estudos en Tradución e Interpretación, formación que lle axuda a ter outra visión da lingua.  

Coller