SOCIAL
A nomofobia: cando o medo irracional por non ter o móbil vira nun trastorno
04/dec./22
Perto do 80% dos usuarios que le este artigo faino no teléfono móbil, un dispositivo que se converteu en imprescindíbel para a maior parte de xente. Facémolo practicamente todo: as xestións do banco, labores do traballo, as citas médicas, escoitar música, mirar series ou conversar con amigos. Levámolo encima todo o día. E mesmo durmimos á beira.