A francesa Annie Ernaux, Nobel de Literatura 2022: "Seguirei escribindo para loitar contra as inxustizas"
A poesía da Nobel americana Louise Glück poderá lerse en galego
Nobel da Paz: declaración política, máis que premio
Premio Nobel da Paz para o programa alimentar da ONU
O primeiro ministro de Etiopía, Nobel da Paz polo seu esforzo na resolución do conflito con Eritrea
A contenda entre etíopes e eritreas (1998-2000), cun acordo de paz definitivo en 2018, foi unha continuación dun loita anterior mal fechada: a longa guerra pola independencia das segundas (1961-1991).
Nobel de Literatura abandona residencia en Estados Unidos
O escritor nixeriano e premio Nobel de Literatura Wole Soyinka anunciou que deitou no lixo o seu permiso de residencia permanente en Estados Unidos tras o triunfo de Donald Trump.
Bob Dylan á Academia: “Que se acepto o premio? Por suposto”
“A noticia sobre o Premio Nobel deixoume sen palabras”. Estas foron as primeiras declaracións de Bob Dylan após coñecerse o 13 de outubro que fora elixido Premio Nobel de Literatura. O estadounidense acepta o premio. “Por suposto”, salientou.
O Nobel chama ás portas de Bob Dylan
A academia sueca premia a facilidade coa que o xenio de Minnesota aúna “a tradición e expresión poética” coa “tradición musical americana”. Un recoñecemento que lle chega aos 75 anos e 54 despois do seu debut discográfico.
Lygia Fagundes, indicada ao prémio Nobel de Literatura
A União Brasileira de Escritores (UBE) enviou à Academia Sueca a indicação de Lygia Fagundes Telles para o Prémio Nobel de Literatura deste ano. A escritora, autora de clássicos como As Meninas e Ciranda de Pedra, é a primeira mulher brasileira indicada ao prémio Nobel de Literatura.
A descoñecida bielorrusa Svetlana Alexievich gaña o Nobel de Literatura
Seica as casas de apostas confiaban nela, pero os sistemas literarios máis próximos a penas a coñecían. Non está traducida ao galego e só ten verquidas ao español e ao portugués cadansúa obra.
A narradora Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013
A narradora Alice Munro é a nova gañadora do Premio Nobel de Literatura 2013. Natural de Canadá, escritora en inglés, a narradora constrúe un mundo propio que deita, de maneira especial, por medio dos seus relatos.
No centenario dun Nobel do “nouveau roman”
Cúmprense cen anos do nacemento en Madagascar do escritor francés Claude Simon, Premio Nobel da Literatura en 1985 e un dos nomes de referencia do coñecido como nouveau roman francés.
Chega o premio Nobel de Literatura. Nélida Piñon?
A semana próxima saberemos o nome da gañadora (?) do Premio Nobel de literatura 2013. Cando chegan estas datas sempre me pregunto se as persoas que forman parte da elección lograron gardar o segredo, se esas persoas que teñen as súas preferencias, que imaxino loitando por autores e autoras, matinado estratexias, incluso quen sabe, soportando “propostas”, manteñen a boca fechada nun proceso tan longo. Este ano disque houbo cento noventa e cinco candidaturas, hai corenta e oito nomes que se propoñen por primeira vez; en abril minguou a listaxe até quince ou vinte, para no mes de maio ficaren só cinco nomes.