Next Generation

Néstor Rego, deputado do BNG, nunha rolda de prensa no Congreso.
POLÍTICA

Néstor Rego reclama ao Estado as competencia pendentes

O BNG emendou o proxecto de Lei sobre tráfico para solicitar que se incorporen máis empregadas e empregados públicos para evitar a externalización de servizos na Dirección Xeral de Tráfico, tamén reclama que se elimine a prohibición de aumentar en 20 quilómetros por hora a velocidade para adiantar nalgunhas vías.

Austeridades

ECONOMÍA

Conde recúa e porá unha muller a dirixir o ente dos fondos Next Generation

Conde avanza que unha muller dirixirá a Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos da Galiza e xustifica que non haxa presenza feminina no consello de administración porque aínda non está fechado

Next

Fernando Guldrís, director do Igape (Foto: Parlamento da Galiza).
ECONOMÍA

A Xunta evita dar explicacións sobre o ente que xestionará os fondos da UE

O director do Igape evita contestar a cuestións como os criterios de selección das empresas que conforman o organismo ou por que Abanca ten tanto peso nun ente de xestión, non de financiamento.

Quen manda aquí?

Xunta de portavoces, reunida na Cámara galega (Foto: Arxina)
POLÍTICA

O PP anuncia unha petición no Parlamento para que o Estado mude a lei española de saúde

O PP quere aprobar no Parlamento unha proposición para instar o Goberno español a adecuar a Lei estatal de saúde á xestión de pandemias. Mentres, o Hórreo xa acordou iniciar a defensa xurídica da Lei de saúde galega, recorrida ante o Tribunal Constitucional no seu artigo 38.2. Pola contra, a lei que permitirá crear unha universidade privada a Abanca non irá ao próximo pleno por un "erro" nos cálculos do PP.

Futuro incerto

Álvarez-Naveiro, Emilio Briquetas, González-Laxe, Francisco Botas, Valeriano Martínez, Santiago Lago, José González e Francisco Conde.
POLÍTICA

Os proxectos europeos, en mans de Abanca

A Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Galiza ten en catro dos seus nove postos do consello de administración directivos de Abanca e Reganosa.

O conselleiro delegado, o presidente e o director xeral de Abanca, principal empresa na sociedade que xestionará os fondos (Abanca)
A Coordinadora galega por un reparto xusto fala de "entrega a empresas amigas"

Acusan a Xunta de entregar "o mando dos fondos Next Generation á grande empresa especulativa e contaminante"

A Coordinadora galega por un reparto xusto dos fondos europeos rexeita a constitución da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Galiza e denuncia que a Xunta non ten en conta a economía produtiva e o reforzo público para ceder o mando a empresas que consideran "especulativas e contaminantes". Os concellos, polo seu lado, aínda non teñen información e piden que un 15% das axudas cheguen directamente.
A autovía A-6, en Lugo, durante unha nevada en 2020. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
SOCIAL

Imposto á mobilidade: As peaxes estatais ameazan as autovías galegas

O Goberno do Estado está decidido a fixar unha peaxe a viaxeiros e transportistas para circular polas autovías galegas. A proposta, remitida á Comisión Europea no marco do plan de recortes asociado ao programa Next Generation, recolle unha vella exixencia das autoridades comunitarias, na liña do demandado por Seopan, a patronal española das grandes construtoras. Mentres diversos axentes sociais e políticos da Galiza rexeitan a medida, alertando do seu impacto negativo na economía galega, a iniciativa continúa o seu trámite á marxe do control do lexislativo. 
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na reunión do Consello do Goberno galego (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Feixoo leva a Madrid os proxectos europeos que Galiza descoñece

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, reunirase esta sexta feira, 30 de abril, coa ministra de Economía, Nadia Calviño, para expor a candidatura do Executivo galego aos fondos Next Generation sen que previamente se detallasen na Cámara galega. A crise industrial, Ence ou a situación de Ferrolterra tamén estarán sobre a mesa.
Núñez Feixoo, con representantes empresariais e do seu Goberno na presentación do Next Generation. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Alianza da Xunta con Abanca, Reganosa e Sogama coa vista posta nos fondos Next Generation

A entrada na sociedade limitada estará aberta a novos colaboradores. En concreto, esta dispón dun capital inicial de 5 millóns de euros dos que a maior parte é achegada pola Xunta (40%).

Escenificación teatral de " como a Xunta só está a falar con grandes empresas" no reparto dos fondos 'Next Generation' (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Mobilización contra o reparto de fondos europeos a empresas contaminantes

"Os cartos deben servir para recuperármonos da crise, mais tamén para comezarmos unha mudanza sistémica que evite as peores consecuencias do cambio climático", censuraron as entidades convocantes.
Núñez Feixoo, con representantes empresariais e do seu Goberno na presentación do Next Generation. (Foto: Europa Press)
star
ECONOMÍA

A Xunta pon en dúbida o éxito dos proxectos galegos que optan aos fondos europeos

As dúbidas sobre a viabilidade da candidatura galega para o programa Next Generation pairan sobre os responsábeis da Xunta da Galiza e dos promotores privados. Mentres desde o Executivo do Estado negocian en Bruxelas as reformas en materia fiscal, laboral e de pensións das que dependen a chegada dos fondos, as compañías do IBEX sábense gañadoras deste gran rescate masivo ao sector privado. Neste sentido, o Goberno galego e os círculos económicos dan por feita unha xestión centralizada dos fondos e sitúan Madrid como o gran beneficiado do modelo.
Vacas nunha explotación leiteira (Xunta).
ECONOMÍA

Fruga propón empregar os fondos da UE na creación dun grupo lácteo galego

A Federación Rural Galega considera que os fondos europeos Next Generation deben servir para a creación do Grupo Lácteo Galego.

Chamamento: non á colonización

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, na comisión parlamentar de Reactivación.
POLÍTICA

A Xunta mantén a opacidade dos proxectos Next Generation privados

Na documentación entregada aos grupos parlamentares e á que tivo acceso Nós Diario só figuran os títulos dos proxectos públicos que aspiran a fondos Next Generation. En toda a listaxe, non se atopa referencia algunha a ningún dos 107 proxectos privados por “confidencialidade".
Núñez Feixoo presentou onte os proxectos de mobilidade (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

A Xunta, criticada pola opacidade nos Next Generation, pide transparencia ao Estado

O Executivo presenta 32 proxectos de mobilidade para captar fondos europeos.

A troika está de volta