natureza

Para atopar as píllaras das dunas teremos que achegarnos a praias como a da Lanzada (O Grove), Carnota ou Baldaio (Carballo). (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: píllara das dunas

A píllara das dunas non é unha das nosas aves máis cotiás, xa que só está presente nalgunhas zonas do noso litoral, pero considerabamos de interese recollela como representante das limícolas. É unha das nosas aves máis ameazadas con apenas noventa parellas nidificantes en areais moi localizados, aínda que durante o inverno recibimos a visita de exemplares foráneos que veñen pasar o inverno.
Castelo de Ribadavia construído a partir do século XI.
star
Andar e Ver

Ribadavia, historia, tradición, natureza, ...

Historia, arte, tradición, etnografía e natureza xúntanse neste paseo por Ribadavia.
A laverca gusta dos campos abertos, ben sexa con cultivos, ermos, herbeiras de tamaño baixo e é habitual tamén nas beiras dos camiños. (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: a locuaz laverca

Quen non ten paseado por un prado na primavera tendo enriba varias lavercas que semellan estar a discutir sobre cuestións referidas ao seu territorio ou asuntos que se escapan ao noso entendemento? Representantes dunha familia que na Galiza inclúe outras tres especies que se denominan aláudidos, as lavercas son as que máis se fan notar e das que seguramente temos maiores referencias na cultura popular. Porén, como sucedeu noutros territorios de Europa, a súa poboación vai a menos. Quen sabe se neses balbordos que escoitamos aló no alto, mentres voan, están a falar do mal que os humanos estamos a provocar no medio ambiente.
Lavanco real (Anas platyrhinchos), da familia dos parrulos. (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: lavanco

Non podía faltar nun repaso ás nosas aves máis comúns unha representación da familia dos patos ou parrulos, lugar que ben merece o lavanco real, anátido amplamente distribuído e asociado a case calquera masa de auga, desde unha pequena poza a grandes encoros ou rías. Contamos na Galiza con lavancos reais residentes pero tamén cunha importante cantidade de exemplares que veñen pasar o inverno de Europa.
O pombo está presente na Galiza durante todo o ano, mais o seu número aumenta considerabelmente durante os meses de inverno. (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: o gran pombo

O pombo é da familia Colúmbidos, na que se inclúen tamén pombas e rulas, o de maior tamaño de Europa, facilmente recoñecíbel pola súa cor gris e as manchas do pescozo brancas e azuis e as bandas transversais brancas das ás ben visíbeis en voo. Aínda que nos parques das vilas e cidades semella unha ave mansa e confiada no medio natural, é tímida e fuxidía, o que non é de estrañar xa que é unha especie cinexética da que cada ano se abaten milleiros de exemplares.
O merlo acompáñanos co seu canto desde finais de inverno ao longo de todo o país. (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: a melodía do merlo

"Eu quixera ser merliño e ter o bico encarnado"... é o comezo da popular canción 'O Sancristán de Coimbra' tantas veces cantada ou cando menos escoitada. Non son poucos os contos dos nosos maiores que narran as saídas á procura de niños dos merlos, e multitude de refráns, ditos e poemas os que levan por protagonista unha das nosas especies máis comúns e recoñecíbeis. Ademais de na cultura, está presente nos campos e hortas das aldeas así como nos xardíns e parques de vilas e cidades. Desde finais de inverno acompáñanos co seu canto ao longo de todo o país.
Macho de lavandeira branca, sen unha pata, cantando.
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: a bulideira lavandeira branca

Movendo a cola nerviosa arriba e abaixo a lavandeira branca percorre ríos e regatos de todo o país e tamén praias, parques de vilas e cidades e mesmo podemos atopalas nas beirarrúas da AP-9 ou de calquera estrada. Unha camiñante incansábel sempre á procura de insectos dos que dá boa conta. Nos medios máis humanizados permítenos achegarnos o suficiente como para estudar as súas características e poder diferencialas das súas dúas parentes, a lavandeira real e a marela das que tamén imos falar.
Vista xeral da fervenza de Castriz.
star
Andar e Ver

Fervenza e área fluvial de Castriz

Unha camiñada pola fervenza e a área fluvial de Castriz que conxuga etnografía, natureza e lecer. 
O Pico Sacro entre a néboa do val do Ulla.
star
Andar e Ver

O Pico Sacro, natureza e lendas

Un percorrido polo Val do Ulla. En total, 3,5 km de dificultade baixa desde Lestedo polo concello de Boqueixón.
É o primeiro libro en galego de Laura Suárez, do que é tanto escritora como ilustradora. (Foto: Mar Cerviño)
Laura Suárez publica 'Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta'

Laura Suárez: "Pareceume interesante aproveitar para falar da importancia da conservación natural"

Orixinal da Costa da Morte, Laura Suárez quixo dar a coñecer o monte ao que levaba subindo desde pequena e todo o que xira ao seu redor. Deste modo, recolleu lendas, historias e demais curiosidades sobre o lugar no seu primeiro libro en galego Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta, do que é autora e ilustradora.
eolicos
33,4% da superficie do espazo protexido, ocupada por instalacións eólicas

54 parques eólicos instalados na Rede Natura

54 parques eólicos cunha potencia total de 1.254,7 megawatts están instalados en terreos da Rede Natura. Malia que a Galiza é o territorio do Estado con menos superficie sometida a este tipo de protección, 107.063 hectáreas da mesma están ocupadas por instalacións eólicas.
Amplexus de sapa e sapo, a infección nas mans producida polo seu veleno chámase bulbeiro. (Foto: Proxecto Ríos Adega).
star
Caderno 'Gozar'

As Torrentes de Mácara

A chegámonos ao interior da Galiza para coñecer un treito do río Ulla que seguramente sexa dos máis bravos e salvaxes de cantos temos nos país. Falamos das Torrentes do Ulla, tamén coñecidas por Torrentes de Mácara, situadas no concello de Agolada.
O drama dos incendios continúa vivo na Galiza, aínda que con menos forza neste 2021 (Foto: EP).
SOCIAL

O lume dá unha pequena tregua en 2021: menos de 1.000 incendios por primeira vez na historia

O conselleiro de Medio Rural da Xunta da Galiza, José González, informou no Parlamento Galego sobre uns datos que invitan a un "certo optimismo".

A natureza como actor político

Glasgow

Un día na Pena Trevinca. O que levamos ao cume ten que vir de volta, agás o que comemos ou bebemos. (Foto: Colectivo Xea)
star
Andar e Ver

Andar e ver ... e respectar

O Colectivo Xea fala nesta ocasión do patrimonio natural e paisaxístico do país e da necesidade de protexelo.
Ducias de máscaras e panos colgan dunha varanda en San Andrés de Teixido (Foto: Concello de Cedeira).
SOCIAL

Catro perigosas modas dos turistas

O turismo é unha fonte de ingresos innegábel e unha actividade humana que enriquece ás sociedades receptores, aínda que en ocasións trae consigo unha serie de comportamentos incomprensíbeis que ameazan o medio ambiente e o patrimonio, algo do que Galiza non escapa.

A enseada de Baiona, que se atopa situada entre os montes Alba e Maúxo, a serra do Galiñeiro e a serra da Groba, aberta ao mar. (Foto: Colectivo Xea)
star
Andar e Ver

O Coto dos Mouros

De esquerda a dereita, Uxía e Nuria Benlloch xunto a Antía Vargas (Antonio Gutierrez).
SOCIAL

Antía Vargas: "A xente xa se vai concienciando e continúa a liña de mirar o que compra"

Antía Vargas Hermida forma, xunto ás irmáns Nuría e Uxía Benlloch Giao, o proxecto "As flores de Greta", unha iniciativa que pon a técnica do ecoprint á altura da creatividade artesanal. Desde o seu obradoiro en Morgadáns (Gondomar) desenvolven esta idea en dúas liñas de traballo. Unha é a colección tenda, composta por pezas realizadas en liño, la, seda e algodón, de uso persoal ou doméstico; e outra a colección de noiva, formada por catro pezas que personalizan con flores.  
Un dos xardíns que se poden ver na edición do Festival de Xardíns deste ano. (Foto: Concello de Allariz) #allariz #xardín #xardóns #festivalinternacional #festivalinternacionaldexardíns
star
Festival Internacional de Xardíns

Natureza e poesía fúndense en Allariz

O xardín pode ser visto como unha metáfora da vida: precisa coidados, está suxeito ao azar das circunstancias, resume a loita entre o pracer e a decepción que toda existencia compaxina; é o lugar onde conviven a mazá e a serpe. O Festival Internacional de Xardíns de Allariz chega este ano á súa XI edición coa intención de propiciar a reflexión sobre os temas que se desvelan como esenciais para o noso futuro. E faino a través da poesía.