música tradicional

A Foliada da Fonsagrada recibiu o Premio Martín Códax da Música deste ano (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Foliadas, a comunidade que xera e sustenta

Unha xornada arredor do baile tradicional e a súa transmisión.
A aprendizaxe e práctica da música tradicional é ferramenta inigualábel para o benestar da rapazada (Foto: S.G.)
star
Música

A música tradicional na escola: para todas, para todos, para todo

Fotograma do documental 'Dorothè Na Vila' (2020), de Alejandro Gándara e Olaia Tubío.
star
Análise

Quitar o po á historia

Andrea Barreira é escritora e xornalista, e imparte obradoiros de escrita.

Mensaxeiras do lado da música: Dorothé Schubarth e Hildegard von Bingen

Libro de condolencias na lembranza de Dorothé Schubarth, dispoñíbel na entrada do Museo do Pobo Galego. (Foto: Museo do Pobo Galego)
CULTURA

O Museo do Pobo Galego instala un libro de condolencias na memoria de Dorothé Schubarth

Estará dispoñíbel no horario de apertura do museo

Dorothé Schubarth. (Foto: Dorothé na Vila).
Obituario

Día de loito nunha Galiza que despide a gran valedora do seu folclore musical, Dorothé Schubarth

Schubarth, autora canda Antón Santamarina do 'Cancioneiro popular galego', finou o pasado 6 de setembro en Basilea aos 80 anos de idade.
O coro Cantares do Brión.
CULTURA

Os coros tradicionais danse cita en Gondomar

O encontro Cantares no Miñor chega á súa oitava edición este sábado, 2 de setembro en Gondomar, co histórico Cántigas da Terra como agrupación invitada.
María López é a persoa máis nova en gañar o Trofeo MacCrimmon. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María López, gaiteira: "Hai moita xente que di que gañar o MacCrimmon é como recibir o Nobel da gaita"

María López é a gaiteira que estará representando a Galiza na competición polo Trofeo MacCrimmon, que se celebrará no marco do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña) entre hoxe e o 13 de agosto. López, que xa gañara este galardón en 2019, converténdose na primeira muller galega e ademais na persoa máis nova en facerse co trofeo, aborda as diferenzas coa competición actual, a presión e os plans para o futuro da súa carreira musical.
Presentación do Festival, onte, no balneario de Guitiriz.
CULTURA

Guitiriz acolle esta fin de semana o Festival de Pardiñas

O Festival reunirá grupos e músicos de Galiza, Euskadi, Asturies, Catalunya, País Valenciá, Escocia, Francia, Bretaña, Chile ou Colombia.

Rodrigo Romaní, director do festival.
CULTURA

A música para arpa é protagonista en Noia

As arpistas Laoise Kelly, Müsgo, Beatriz Cortesão, Elisabeth Cerra e Claudia Besné son cabezas de cartel dun evento que contará coas irlandesas The Pozzies, a orquesta folk SonDeSeu, a Real Filharmonía de Galicia, o dúo Gilles Chabenat & Daniela Heiderich e o alumnado de arpa das escolas galegas.
María López representará Galiza na competición polo Trofeo MacCrimmon. (Foto: Lux)
star
Pezas de mulleres para unha compilación

Gaiteiras de libro: unha escolma das invisibilizadas

'As que dormen no centeo' son, segundo o poema de Rosalía, as que non se conforman co papel que a sociedade lles asigna. Tamén o título dun libro-disco co que a Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas dá a coñecer a obra de 16 mulleres que tocan e compoñen para gaita e cuxo papel no mundo da música é cuestionado pola súa falta de visibilidade. A través desta publicación, a súa obra fala por elas en favor de romper tópicos e prexuízos.
Un fotograma do documental que celebra os trinta anos da Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas.
star
CULTURA

A Mostra de Pardiñas convértese no centro da música tradicional

A Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas fai trinta anos, converténdose, os vindeiros días 5 e 6 de agosto, no centro de referencia dunha música que segue constituíndo un dos grandes piares da cultura galega.
Á esquerda, Ricardo Portela e Concha de Luneda. Á dereita, Armadanzas de Laraño e mostra de artesáns no Memorial. (Foto: AGG)
Máis

O legado do gaiteiro Ricardo Portela

Música, baile e mostra de artesáns de instrumentos son algunhas das actividades previstas para o memorial que conmemora a figura de Ricardo Portela, autor de obras como 'Aires de Pontevedra', 'Festa en Viascón' ou 'Alborada en Cotobade'.
 
A primeira muller presidenta do coro histórico Cántigas da Terra é Laura Veleiro. (Foto: Cedida)
CULTURA

Laura Veleiro, presidenta do Coro Galego Cántigas da Terra: "Queremos seguir divulgando a cultura galega e que cada día máis mocidade a valore"

Cántigas da Terra, un dos catro coros históricos da Galiza, vén de renovar a súa directiva, escollendo a primeira presidenta dos seus case 107 anos de historia. Nós Diario conversa con Laura Veleiro, presidenta do coro coruñés, sobre os retos que afronta a formación centenaria no século XXI.
callobre web
Máis

Botar raíces coa cultura popular: Callobre celebra a XXII edición do festival de música tradicional

O Festival Folk de Raíz volve a Callobre (A Estrada, comarca de Terra de Montes) os próximos 14 e 15 de xullo. Trátase dunha iniciativa veciñal que leva en marcha desde o ano 2000 co obxectivo de pór en valor as agrupacións musicais populares mentres continúa demostrando ano tras ano que a cultura galega e a súa música está viva e con forza.
Laoise Kelly volverá estar nesta edición do Noia Harp Festival. (Foto: Marianne Mangan)
star
CULTURA

O Noia Harp Fest, un modelo diferente de festival para o verán

Fronte a unha cultura da competición e da cantidade, eventos como o Noia Harp Fest apostan pola colaboración e a calidade. O festival, que chega á súa décima edición este mes de agosto, celebra o seu aniversario con novas iniciativas que visan a renovar e ampliar o repertorio e a atender a diversidade estética da música contemporánea.  
 
Tamara Costas Caamaño é unha das integrantes das Lagharteiras de Mos. (Foto: Captura do videoclip 'Oliveira dos cen anos')
Novo himno do Celta

As Lagharteiras: "Demostramos que con pandeiretas pode facerse música marabillosa e con sons fortes para un estadio"

A 'Oliveira dos cen anos' forma xa parte indisolúbel da historia do Real Club Celta e neste himno xogan un papel protagonista as voces e as pandeiretas das Lagharteiras. Conversamos cunha das súas integrantes Tamara Costas Caamaño, sobre a súa participación na peza coordinada por Antón Álvarez 'C. Tangana' e o que supuxo para elas esta experiencia.
Composición actual do coro coruñés Cántigas da Terra.
star
Reportaxes

Coros históricos: orgullo dun pobo

Nun contexto de reivindicación e do orgullo pola propia terra, a comezos do século XX nacen na Galiza unha serie de agrupacións artísticas que buscaban normalizar culturalmente o país e defender a arte galega en todas as súas manifestacións. Máis de cen anos despois, catro destas formacións continúan a defender os seus obxectivos fundacionais: o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, a Coral De Ruada de Ourense, Cantigas e Agarimos de Compostela, e Cántigas da Terra, da Coruña, que precisamente esta semana celebra o seu 106 aniversario.
Música tradicional e trombón carecen de oferta no máster. (Foto: S. G.)
star
Música

A gaita non chega aos estudos de máster

A pandeireteira e cantareira Icía Varela. (Foto: Cedida)
Contracultura

Icía Varela: "Chámame a atención a aceptación que recibe a nosa música tradicional fóra da península"

Icía Varela, pandeireteira e cantareira, estará participando, por primeira vez en solitario, no espectáculo Celtic Odyssée, que terá lugar no Festival Intercéltico de Lorient, celebrado entre o 4 e o 13 de agosto.