Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O novo caderno monográfico da colección “De Nós”, editada por Sermos Galiza, S.A., con imaxes do fotógrafo compostelán Santos, xa está dispoñíbel nas librarías do país.
Máis de medio cento de entroidos, a meirande parte deles sen apenas difusión, son documentados no novo caderno monográfico da colección “De Nós”, editada por Sermos Galiza, S.A. Trátase dun traballo documental tecido coas imaxes do fotógrafo compostelán Alfonso García Santos, que leva ás súas costas 30 anos de retratos aos entroidos rurais, e prologado polo arqueólogo e museólogo Felipe-Senén.
O café cultural Auriense acolle a cuarta feira 21 de novembro ás 20.30 horas a presentación do volume Galiza 1968. A consciencia avivada, nun acto no que participarán Nemesio Barxa, coautor da publicación e avogado dos labregos de Castrelo, Alfredo Suárez Canal, fundador de ERGA durante o franquismo, e Luísa Escudero, fundadora e directiva da asociación cultural Abrente.
Saíu do prelo Galiza 1968. A consciencia avivada. O volume incluído nas monografías De Nós, impulsadas por Sermos Galiza S.A., chegaralles nos vindeiros días ás e aos asinantes do semanario. Tamén se distribuirá polos quiosques e as librarías de todo o país. Ao fin, o caderno responde á vontade de restaurar un período chave do noso pasado recente dándolle voz á loita dunha xeración que aspiraba a devolver Galiza á historia.
Sermos Galiza S.A. repartiu tres mil exemplares gratuítos da publicación monográfica sobre medios de comunicación que editou con motivo do Día das Letras Galegas. Un suplemento ideado como punto de partida para a saída de O Diario Galego.
De Nós. Monografías con perspectiva galega, a nova cabeceira que lanzou Sermos Galiza S.A. neste 2018, edita un novo número, dedicado á figura de María Victoria Moreno, a quen a Real Academia Galega decidiu homenaxear o Día das Letras Galegas do presente ano. Afondamos nunha publicación que, dado o seu valor literario e divulgativo, ficará na memoria.
Máis de cen páxinas son as que a revista Journal of Galician Contemporany Studies lle dedica no seu último número á obra do escritor Xabier Queipo.
Sermos Galiza dedica desta volta o seu Afondo, o caderno de análise do semanario, ao Reino de Galiza, o momento da historia en que o país tivo unha existencia independente e foi potencia hexemónica na Península Ibérica. Será no número que sairá do prelo esta quinta feira e que disponibilizaremos na loxa xa na noite da cuarta.
O catedrático de Economía Aplicada e portavoz nacional do BNG asina un caderno monográfico no que debulla as razóns polas que o Estado español é un bon negocio para Madrid, mais non para Galiza.