Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A plataforma Monfero Di Non publicita a través da súa web cartografía na que se amosa a afección que teñen ou terían os parques de aeroxeradores en determinadas zonas como Vimianzo, Cabanas, Oza-Cesuras, Friol, Carral, Fisterra, As Pontes, Betanzos ou Cabanas entre outras localidades. Tamén invita a crear a túa propia realidade eólica coa información da que dispós e a axuda de profesionais de diversos ámbitos.
Convocados pola asociación veciñal 'Monfero di Non'.
Ademais de insultos e ameazas, advertírono de que o teñen controlado, “a el e a súa familia”.
O alumnado vén de sumarse ás protestas contra o parque eólico Pena do Corvo. Por outra parte, algunhas veciñas falan da falta de implicación do Concello na loita contra este polígono enerxético malia os anuncios do alcalde. Mentres, o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, sinala o Estado español como culpábel da proliferación de proxectos.
Unha denuncia cidadá afirma que desde principios de ano están cun só médico, cuxo traballo se complementa de maneira puntual polas visitas doutro doutor. Porén, están recollendo sinaturas para conseguir unha segunda praza fixa.
O Parque Natural das Fragas do Eume aséntase en territorio dos concellos de Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero e As Pontes, no val do Eume e algúns dos seus afluentes. Unha área que dá para moitas visitas e camiñadas en distintos lugares e diferentes épocas do ano. Sempre podemos gozar de paisaxes espectaculares, dunha enorme diversidade de flora e fauna e das cores cambiantes. Podemos acceder por algunha das rutas sinalizadas ou simplemente camiñar por carreiros e pistas, perdéndonos e gozando da natureza e do exercicio físico.