Momboi

Brais Sánchez, de pé á dereita, co resto da banda na praia de Ornanda, en Porto do Son (Foto: Morde).
CULTURA

Momboi: "Experimentamos cos ritmos e texturas, a mestura é o noso sinal de identidade"

Momboi vén de estrear o seu primeiro LP, Vacacións en Ornanda, un traballo moi persoal que trae a memoria estética do desaparecido Hostal Azteca da praia de Ornanda, en Porto do Son, e a explotación da costa da Galiza dos anos 90. Nós Diario conversa con Brais Sánchez, voz, guitarra e letrista de Momboi, unha formaciónque completan Daniel García 'Carba' (baixo e voces), André Garabato (teclado e sintetizadores) e Beny Mayo (batería). 

Capa de 'Vacacións en Ornanda', de Momboi
star
Música: 'Vacacións en Ornanda', de Momboi

A beleza efémera do verán

Momboi consolida o seu estilo de folk-rock moi pensado desde a onda latinoamericana. É quizais esa mistura tan ben levada, o que fai que este sexa un disco ben redondiño, cheo de texturas, cores e viaxes sonoras.