Miño-Sil

Félix Fernández.
Agora

O ex presidente da Confederación Miño-Sil é condenado a prisión

O Tribunal Supremo vén de estimar parcialmente o recurso presentado polo ex presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil Francisco Félix Fernández Liñares contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo e rebaixou a 4 anos e medio de prisión a pena por un delito continuado de suborno e a 8 anos e medio de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación. Porén, non evita a súa entrada no cárcere.
Rio Miño. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Galiza: O país dos 10.000 ríos?

A Galiza conta cunha gran cantidade de ríos debido ás elevadas precipitacións que caracterizan o seu clima.
Tamén se limita o uso das fontes públicas de Betanzos. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A demarcación Miño-Sil fecha o segundo ano hidrolóxico máis seco da historia: "Temos unha seca xeneralizada"

"É fundamental que os concellos manteñan as medidas de aforro e continúen cos labores de concienciación á poboación cara ao uso racional e responsábel da auga", sinala o presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga.
Encoro de Cenza durante o pasado verán, cando se situaba en niveis semellantes á actualidade. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

O Goberno reclama ao Estado que active o plan de seca na bacía Miñó-Sil malia a chuvia

A Xunta reclama ao Estado que active o plan de seca na conca Miño-Sil, cunha situación que cualifica de "semellante" á da bacía Galiza-Costa, que se atopa parcialmente en prealerta de seca.
Encoro de Cenza durante o pasado verán, cando se situaba en niveis semellantes á actualidade. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
POLÍTICA

A Xunta multa con 200.000 euros a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Naturgy e Iberdrola polo baleirado dos encoros

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, advirte que a sanción pode alcanzar os dous millóns se a fauna e a flora se ven afectadas de gravidade.

Encoro de Belesar, á altura de Portomarín, a finais do mes de agosto. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #encoro #belesar #baleirado #presa #competencias
SOCIAL

A moratoria que non chega para os novos proxectos das hidroeléctricas na conca Galiza Costa

A entidade ecoloxista Arco Iris, que vén de presentar alegacións ao Plan Hidrolóxico Galicia Costa, afea a actitude da Xunta, que si criticou o acontecido co baleirado dos ríos na conca Miño-Sil. Ademais, hai unha normativa sobre estes últimos que falan de caudais ecolóxicos, algo que non estipula o novo documento de Augas da Galiza.
Aspecto do río Cadós, cun caudal baixo e contaminación. (Foto: Plataforma Auga limpa xa!) #contaminación #caudal #conca #miñosil #eléctricas #encoro
SOCIAL

Alertan dunha nova seca do caudal nun río da conca Miño-Sil en pleno outono

A delegación ourensá de Ecoloxistas en Acción dá conta dun novo episodio de baixada de caudal no río Limia. Aliás, achega unha imaxe tomada pola Plataforma Auga Limpa Xa! para amosar que nunha zona do encoro das Conchas volveron aparecer "toxinas" e "cianobacterias" ante o que consideran un "abandono institucional". Os datos de ocupación nas presas seguen a ser preocupantes en pleno outono.
Vista xeral do encoro de Salas o pasado 24 de agosto. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) #encoro #presa #salas #baleirado #hidroeléctricas #eléctricas #miñosil #confederaciónhidrográficamiñosil #xunta #medioambiente
SOCIAL

A Xunta abre un expediente sancionador á Confederación da Miño-Sil polo baleirado dos encoros

O organismo xestor da conca, que depende do Estado español, acusa Medio Ambiente de manipular a información sobre a comunicación do baleirado das presas de As Portas e Cenza.
O encoro de Cenza (Vilariño de Conso) atópase hoxe a 15% (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Os encoros da conca Miño-Sil están por baixo da metade da súa capacidade

A auga encorada superaba 70% en 2020 nestas mesmas datas.
O encoro de Belesar este domingo, 22 de agosto (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta advirte que en Belesar "xa non hai auga encorada, só a que achega o Miño"

A Xunta pide pide explicacións ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e alerta sobre o futuro da subministración a curto prazo.
Imaxe do encoro de Portas. (Foto: Twitter)
SOCIAL

"Datos alarmantes" nos encoros situados na bacía Miño-Sil

Mantense a alta preocupación pola situación dalgúns encoros, en niveis moi baixos a pesar de que aínda restan varias semanas para que as precipitacións volvan enchelos, advertiu a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.
Imaxe dunha zona do río Barbaña. (Foto Amigos da Terra)
#sancibraodasviñas #vertedura #río #barbaña #contaminación #chms #miñosil
SOCIAL

O Concello de San Cibrao das Viñas enfróntase a un expediente pola contaminación do Barbaña

Os colectivos Amigos da Terra e Ríos Limpos denuncian a existencia de até 18 verteduras ao río entre 20218 e principios de 2020.
Liñares co seu avogado. (Foto: C. Castro / Pool / Europa Press)
POLÍTICA

O ex presidente da Miño-Sil condenado a cinco anos de cárcere por prevaricación

Malia o testemuño de Francisco Fernández Liñares, que asegurou que non tiña nada que ver cos pactos das distintas empresas para repartirse as adxudicacións desta entidade, a Xustiza considera probado que o ex presidente recibiu cartos a cambio de otorgar licitacións.
Liñares durante a primeira sesión do xuízo. (Foto: C. Castro / Pool / Europa Press)
POLÍTICA

Liñares culpa das irregularidades nos contratos da Confederación Miño-Sil ao empresariado

O xuízo contra o ex presidente do organismo xestor da conca, Francisco Fernández Liñares, comezou hoxe. Esta causa, xurdida a raíz da investigación da 'Operación Pokemon', implícao en supostos delitos de prevaricación e suborno. Na primeira sesión, achacou calquera ilegalidade ás empresas que loitaban polas concesións.
Liñares nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O ex presidente da Confederación Miño-Sil podería ir a prisión por "prevaricación e suborno"

A Fiscalía acúsao de estabelecer unha trama de contratacións irregulares cando dirixía este organismo. Pide para el unha pena de cinco anos de prisión. O xuízo decorrerá en Lugo a semana próxima.