minaría

Cartaz pendurado esta fin de semana contra a minaría no Suído. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"A serra non é unha mina": veciñanza do Suído oponse aos proxectos Alberta I, Alberta II e Carlota

Desde a plataforma SOS Suído-Seixo móstranse "altamente preocupados" polas recentes revelacións dunha investigación de 'Nós Diario' que relaciona a IberAmerican Lithium cos propietarios da mina Penouta (Strategic Minerals), cos novos propietarios da polémica mina de San Finx; así como con outros proxectos de explotación de recursos naturais en Colombia (Pacific Rubiales e Gran Colombia Gold), algúns que mesmo remataron na quebra das correspondentes empresas despois de deixar un regueiro de problemas medioambientais e conflictos sociais.
Mina da coltán da Penouta en Viana do Bolo, propiedade de Strategic Minerals. (Foto: Ecoloxistas en Acción)
Investigación

Quen está detrás dos xacementos de litio da serra do Suído e das minas da Penouta e San Finx?

Serafino Iacono, Miguel de la Campa e Jaime Pérez Branger son tres homes de relevancia da minaría na Galiza. A súa relación empresarial comezou hai anos en Colombia, onde foron albo da denuncia social pola súa política laboral, polas agresións ao medio ambiente e polo trato ás comunidades indíxenas.

Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
SOCIAL

A Xunta revoga a autorización de verteduras na mina de San Finx

Após meses de mobilizacións e protestas sociais.

Deseño

Recuros galizalery
star
POLÍTICA

Así é a nova lei da Xunta que deixa os recursos naturais en mans das mineiras e as empresas eléctricas

O denominado proxecto de Lei dos recursos naturais da Galiza nace con polémica. Esta segunda feira, mesmo día en que Alfonso Rueda presentaba a Sociedade Recursos da Galiza, coñecíase que as principais organizacións sindicais do país demandan un cambio fondo no texto lexislativo.
Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
SOCIAL

O CSIC certifica nun informe a contaminación fluvial con metais pesados procedente da mina de San Finx

O informe, encomendado pola Confraría de Noia, xa foi remitido ao Xulgado coa intención de que se impute aos administradores e ao director da mina por delitos contra o medio ambiente.
O presidente luso, Marcelo Rebelo de Sousa, en setembro. (Foto: Europa Press / Contacto / Paulo Spranger / Global Imagen)
INTERNACIONAL

Rebelo de Sousa convoca eleccións en Portugal o 10 de marzo de 2024

Fica garantida a aprobación dos orzamentos do Estado do vindeiro ano.

Concentración, esta quinta feira, ante o TSXG, na Coruña. (Foto: Strategic Minerals)
Agora

Traballadores concéntranse na Coruña contra o fechamento da mina de Penouta

Unhas duascentas persoas –entre os que se atopaban traballadores, alcaldes, asociacións sectoriais e sindicatos– concentráronse esta quinta feira ante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) da Coruña para defender o emprego da mina de Penouta, no concello de Viana do Bolo (comarca de Viana), propiedade da empresa canadense Strategic Minerals. Baixo os lemas "Penouta Non se Fecha" e "Minaría é Vida", os e as manifestantes defenderon a "importancia que o Proxecto Penouta ten para o tecido produtivo" tanto galego como estatal. A mobilización xorde a raíz da decisión do TSXG, que en outubro suspendeu a resolución da Xunta da Galiza que autorizaba a explotación da mina de estaño e tantalio en Viana.
O ex primeiro ministro portugués, António Costa, a finais de outubro na Assembleia da República. (Foto: Nós Diario)
star
INTERNACIONAL

Unha operación contra a corrupción na minaría e as renovábeis acaba co Goberno luso

Menos de dous anos despois de obter a maioría absoluta no lexislativo, o Goberno de António Costa, do Partido Socialista, en Portugal rematou esta terza feira, ao dimitir o primeiro ministro poucas horas despois do comezo dunha redada da Xustiza contra a corrupción.
O socialista António Costa, primeiro ministro de Portugal. (Foto: Nicolas Maeterlinck / Belga / DPA)
Portugal

Presunta trama de corrupción: a Policía rexistra a residencia de António Costa e detén o seu xefe de gabinete

A Policía rexistra a residencia do primeiro ministro e os ministerios de Infraestruturas e Medio Ambiente, cuxos titulares serán imputados na causa, e detén o xefe de gabinete de Costa, Vítor Escária; o empresario e amigo persoal seu Diogo Lacerda e mais o alcalde de Sines, o tamén socialista Nuno Mascarenhas.
Manifestación contra unha mina de cobre a ceo aberto en Panamá. (Foto: Terri Thrush)
INTERNACIONAL

Panamá veta a minaría metálica logo de manifestacións masivas

O Goberno cede tras dúas semanas de protestas.
Mina de San Acisclo, en Muras. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Galiza, á cabeza das minas ilegais do Estado

O Observatorio da Minaría ratifica a situación da minaría galega. A lexislación que regula a actividade mineira no conxunto do Estado data do ano 1973.

Laurentino Cortizo, presidente de Panamá, na madrugada de hoxe. (Foto: Presidencia de Panamá)
Agora

Panamá prohibe a minaría metálica e convoca un referendo logo das protestas contra unha mina de cobre

No sexto día de protestas en Panamá para exixir a derrogación dunha concesión a unha empresa canadense que pretende explotar unha mina de cobre a ceo aberto nunha área selvática, o presidente progresista Laurentino Cortizo resolveu na madrugada de hoxe convocar un referendo o 17 de decembro para que a poboación teña a última palabra arredor do contrato mineiro. En paralelo, o Goberno presentou un Proxecto de lei que acaba coa minaría metálica.
Vista aérea da Mina de Penouta. (Foto: Strategic Minerals).
SOCIAL

A xustiza paraliza cautelarmente a explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo

Para Ecoloxistas en Acción este é un primeiro paso cara a anulación da autorización da mina de estaño e tantalio da Penouta, propiedade da canadense Strategic Minerals.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, esta quinta feira durante o Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rueda e a patronal apostan por explotar "o potencial mineiro da Galiza"

O Consello da Xunta censurou os "atrasos" do Estado nos trens Avril
Juan José López, María Jesús Lorenzana e Arantxa Prado, onte, na presentación da OIPE (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Xunta e patronal buscarán na UE fondos para a minaría

A Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE), unha iniciativa da Xunta da Galiza e da Cámara Mineira, presentou onte as súas liñas estratéxicas, que pasan pola captación de fondos da Unión Europea para desenvolver novos proxectos de "minaría sostíbel" no país.
Canteira de Atios, no Porriño. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Un Xulgado do Porriño ordena ao Concello pagar á Comunidade de Montes ingresos da renda de canteiras

O Goberno local lembra que o TSXG non estabeleceu datas e asegura que é agora o momento de fixalas en execución de sentenza.
Estado en que se encontra o lugar das verteduras de San Finx (Foto: Plataforma contra a mina de San Finx).
Parlamento

A Xunta acepta realizar unha nova inspección en San Finx e afirma que "sempre" cumpriu

O BNG pide que se anule o permiso da mineira para verter residuais.
San Finx 2
Xustiza

A Fiscalía ve materia penal na licenza concedida pola Xunta para a mina de San Finx

Ángel Bernardo Tahoces volveu esta quinta feira aos xulgados de Compostela como investigado para responder sobre as súas responsabilidades na licenza concedida para a mina de San Finx (Lousame). As autoridades xudiciais observan materia penal e as pescudas da Fiscalía apuntan a novos investigados.

Lousa (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Un conflito pola propiedade pon en risco dúas louseiras de Valdeorras

Traballadores de Valdeorras continúan coas súas protestas polo desafiuzamento dunha das louseiras.