Unha balsa mineira de Touro funcionou durante anos como vertedoiro clandestino
A cantidade de materiais vertidos na balsa de Vieiro supón 111.674 metros cúbicos.
A cantidade de materiais vertidos na balsa de Vieiro supón 111.674 metros cúbicos.
A Plataforma Veciñal de Touro-O Pino Mina Non e a Irmandade Moncho Valcarce homenaxearon no Museo do Pobo Galego a memoria do crego e activista.
O conselleiro de Economía e Industria cualifica de “responsábel” a administración galega neste tema.
Serán entregadas esta cuarta feira no rexistro xeral da Xunta.
O pleno do concello aprobou un texto da formación conservadora —en realidade, unha emenda a unha iniciativa do BNG—en que se demanda á Xunta que se "proceda á denegación da solicitude presentada", unha vez que os informes sectorais realizados pola administración galega son contrarios á reapertura da mina.
FICS (Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago) demanda “respostas claras” e cualifica de “alarmante” o que considera a “probabel e directa afectación” ao Camiño de Santiago que se producirá de se levar a cabo este proxecto de megaminería.
A Biblioteca Galega da capital arxentina proxectará o documental ‘A ameaza do cobre’, nun acto que contará coa presenza da activista Guadalupe Rodríguez.
Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual veñen de presentar ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflito xurdido polo proxecto de reabrir a mina de Touro e O Pino.
No acto simbólico de protesta participou o deputado no Pazo do Hórreo Xosé Luís Rivas 'Mini'. Coa concentración o BNG quer patentizar que os efeitos negativos da mina atinxirían non só os concellos de Touro e O Pino, senón tamén os municipios limítrofes e aqueles polos que discorre o Río Ulla, directamente afectado polos metais pesados que se filtrarían desde a explotación.
Os investigadores da Universidade de Vigo, o CSIC e a Universidade de Swansea usaron as mostras históricas das escamas dos salmóns capturados no Ulla entre 1951 e 2012, analizando os metais pesados presentes, nomeadamente o cobre.