millo

O millo corvo conta cun sabor e unha textura característicos. (Foto: Turismo Rías Baixas)
Agro

Que é o millo corvo, o "tesouro negro" que arraigou na Galiza do século XVII?

O lugar de Meiro, no Concello de Bueu (O Morrazo) acolle esta fin de semana o Encontro e Degustación do millo corvo, unha variedade autóctona da Galiza que se cultivou durante séculos nesta bisbarra, sendo finalmente substituída por variantes máis produtivas e máis atractivas comercialmente. O labor de recuperación etnográfico, gastronómico e cultural da Asociación Cultural de Meiro permite que o millo corvo non sexa apenas unha lembranza.
A solaina, un bo sequeiro para a colleita de espigas (Cenlle, O Ribeiro). Estas fermosas restras de espigas pódense ver nas zonas da Galiza nas que non hai hórreos.
star
Reportaxes

O millo, na leira e na vida

Das moitas plantas de orixe americana que cruzaron o Atlántico, houbo dúas que se converteron en piares da subsistencia na Galiza. Foron as patacas e o millo que, coa súa produtividade, non só ampliaron as posibilidades de supervivencia da poboación senón que tamén produciron unha transformación dos usos e os costumes e modificaron e diversificaron a evolución dos espazos e as ferramentas agrícolas.
Colleita de millo na comarca de Terra Chá. (Foto: F. N. M.)
star
ECONOMÍA

A colleita de millo forraxeiro desborda os silos e a Galiza estréase na exportación

A campaña do millo na Galiza foi este ano “espectacular”, fundamentalmente pola climatoloxía favorábel e porque as variedades de millo sementadas teñen cada vez ciclos máis longos e xeran máis produción. Por primeira vez a Galiza, no canto de mercar fóra este produto, vén de exportalo ao Estado.
Gráfico sobre a produción agrícola elaborado polos profesores Edelmiro López e Bernardo Valdês. (Foto: A Economía Galega. Informe 2022)
ECONOMÍA

A produción agrícola galega caeu 11% desde o ano 2015

Malia o respiro que deu 2022 á produción agrícola na Galiza —as cifras ofrecidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación apuntan a unha suba da  mesma en 14,6%—, entre 2015 e 2022 rexistrouse unha baixa 11% na produción.

As perdas polos ataques do xarabil ao millo poden superar os 6 millóns de euros, segundo UUAA. (Foto: Gonzalo Varas)
ECONOMÍA

Unións Agrarias pide iniciar "canto antes" as batidas de xabaril e "centrar esforzos" en zonas de cultivo de millo e vide

As plantacións atópanse moi adiantadas en crecemento e madurez debido ás condicións climáticas favorábeis acontecidas este ano

As espigas de millo átanse polo follaco para colgalas a secar (Foto: A.C. Meiro).
star
Reportaxes

Millo corvo: o rexurdir dunha tradición

O lugar de Meiro, no Concello de Bueu (comarca do Morrazo) acolle esta fin de semana o XXIII Encontro e Degustación do millo corvo, unha variedade autóctona da Galiza que se cultivou durante séculos nesta bisbarra, sendo finalmente substituída por variantes máis produtivas e máis atractivas comercialmente. O labor de recuperación etnográfica, gastronómica e cultural da Asociación Cultural de Meiro permitiu que, a día de hoxe, poidamos coñecer e, sobre todo, degustar a tradición culinaria que este peculiar millo leva asociada.
Plantación de sorgo no departamento francés de Yonne. (Foto: Olive Titus)
INTERNACIONAL

A ONU fomenta o paínzo como exemplo de cultivo adaptábel ao cambio climático

Organizacións internacionais decidiron dedicar un Ano Internacional ao millo miúdo, tratando de recuperar e expandir o cultivo dun cereal moi ben coñecido na Galiza, e que conta con varios factores que o converten nunha importante aposta para combater a fame no planeta ou adaptar os cultivos perante a nova realidade xerada polo cambio climático, que require unha maior resiliencia.
O buque 'Alppila' chegou a pasada segunda feira ao porto coruñés cun cargamento de millo procedente de Ucraína (Autoridade Portuaria da Coruña).
ECONOMÍA

A Galiza paga o dobre que a comezos de 2021 polo 80% do millo que consume

Mazarocas de millo amarelo da variedade 'Tui'. (Foto: CSIC).
SOCIAL

'Tui', 'Oubiña Negra' e 'Rebordáns', as tres variedades chave do pan de millo

Finaliza un estudo piloto para fomentar o cultivo de millo "panificábel e sustentábel" na Galiza. A iniciativa analizou varias poboacións autóctonas para seleccionar as que mellores resultados agronómicos e panadeiros ofrecen.
Agricultura (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

A crise abre as portas a recuperar o potencial perdido na produción de millo para pensos

O país presenta excedentes no que atinxe á produción para forraxes, porén o millo para pensos ten aínda moito potencial.