Denuncian tamén dous membros da CIG polos protestos contra Merkel
Paulo Carril e Xabier Aboi recibiron senllas notificacións da Subdelegación do Goberno español en que lles advirten da abertura dun proceso penal e dun expediente sancionador.
Paulo Carril e Xabier Aboi recibiron senllas notificacións da Subdelegación do Goberno español en que lles advirten da abertura dun proceso penal e dun expediente sancionador.
A policía denunciou a militantes do BNG perante o xulgado de instrución número 3 de Santiago o 28 de agosto. No texto da denuncia, á que tivo acceso Sermos Galiza, a policía describe a un dos militantes do BNG, ao que acusan de tirarlle a pistola a un axente, como "varón, español, de acento galego".
Rubén Cela, Paulo Carballada e Alfonso Losada foron denunciados pola policía por teren incorrido en presuntos delitos na concentración contra a presenza de Merkel en Santiago de Compostela decorrida o pasado 25 de Agosto. "Todo é un invento", manifestou a Sermos Galiza o secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira.
Xeira e Briga informaron esta cuarta feira (5 de novembro) da detención de dous militantes. Após pasar a disposición xudicial ambos os dous ficaron en liberdade con cargos.
Militantes de IU que tiñan cadeira nos órgaos de goberno de Caja Madrid-Bankia serán investigados por unha comisión interna para determinar as súas responsabilidades.
“A participación directa en política, institucións públicas ou organizacións sociais o sindicais alleas ao banco (..) deberá ser comunicada previamente ao Comité de Ética do Banco” lese nun dos artigos do Código Ético da entidade.
Axentes da policía española retiveron e identificaron a 6 militantes do Bloque cando quixeron despregar bandeiras nacionalistas nun tramo da volta ciclista.
Cinco militantes de Galiza Nova foron xulgad@s esta cuarta feira acusad@s da "falta de deslucimento" dun mural en defensa do ensino público. Medio cento de persoas concentráronse ás portas do xulgado en solidariedade.
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, destacou nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega que a formación nacionalista está a vivir un proceso de aumento de militancia, en especial, xente nova que está a ver a urxencia dun compromiso maior, dada a gravidade da crise. Ao seu ver, moit@s nacionalistas non entenden que se apoie unha lista estatal nas europeas.
A opción de concorrer ás eleccións europeas integrados na candidatura que Izquierda Unida vai promover a nível estatal colleita até 380 dos votos emitidos pol@s 791 participantes no referendo. Con 369 ficou a segunda opción, mentres que @s partidari@s de non concorrer foron unicamente 37, segundo informou a propia organización.
Miguel Anxo Abraira, Héctor Tejón, André Outeiro e Teresa Munín defenden nun comunicado enviado á imprensa que a organización liderada por Xosé Manuel Beiras "non participe no proceso electoral" ao Parlamento europeo.
A dirección galega, apoiada por Ferraz, anuncia que iniciará ''inmediatamente'' a instrución do expediente disciplinario a estes cinco edís no concello ourensán.
CxG presentarase ás eleccións europeas de maio en coligación co PNV e, de ser o caso, tamén con CiU. Así o decidiu o 69% da súa militancia que se impuxo na convención electoral celebrada en Padrón fronte ao 29% que defendeu presentarse en solitario.
A última palabra vana ter as e os militantes de Anova, en plena crise interna que até, en palabras de Beiras, ameaza a propia existencia da organización. Unha Conferencia Nacional, axendada o 2 de febreiro, aprobará o programa.
O Instituto Armado denunciou esta segunda feira ao concelleiro do BNG de Cambre, Daniel Carballada, e a responsábel comarcal de Acción Feminista na Coruña, Vitoria Louro, por pintaren murais en rexeitamento da reforma da lei do aborto. As dúas persoas poderían enfrontar un xuízo por faltas após pasaren a disposición xudicial.
Após unha convulsa xuntanza da Coordenadora nacional, a fenda entre os dous grandes polos de Anova fíxose máis visíbel e mesmo podería devir en mudanzas na dirección da formación. O coordenador nacional de organización, Martiño Noriega, estaría mesmo a barallar a súa demisión como número dous.
A Coordenadora nacional aprobou unha folla de rota que culminará coa convocatoria dunha Conferencia política na que a militancia decida con que aliad@s concorrerán ás eleccións do Parlamento europeo.
O visto e prace de Beiras a que Carmen Iglesias se integre no grupo parlamentar de AGE non foi unha decisión consensuada nin coa militancia nin con EU, socia na coligación. Fontes do grupo que deixará o EI sinalan en conversa con Sermos Galiza que a decisión adoptada é "unilateral" e "conculca o asemblearismo".
Ordenouno a Audiencia Nacional española após a sentenza de Estrasburgo que ilegaliza a aplicación retroactiva da doutrina Parot. Rodríguez Porca extinguiu a condena en 2008. Tamén o seu compañeiro na organización armada Manuel Quintáns solicitou a liquidación da pena.
A Coordenadora Nacional ten convocadas dúas xuntanzas: o 27 de novembro este órgano posicionarase sobre a posíbel entrada de Carme Iglesias (EU) no Parlamento; o 14 de decembro, sobre os comicios europeos.